1ª.- Que plans de formación profesional teñen previsto desenvolver en FOREMDES no primeiro trimestre deste ano?
2ª.- Ante as reiteradas queixas da veciñanza, teñen pensado adoptar algunha medida que regule os horarios de peche así coma a redución da contaminación acústica de locais de hostalería?
3ª.- O Entroido comeza tradicionalmente co desfile das comparsas dos colexios polas rúas da Vila. Que tipo de organización teñen prevista para que poida participar este ano o alumnado que ten as escolas fora do casco urbano?.
4ª.- Poden informar polo miúdo das axudas para libros e material escolar?.
5ª.- Cal é a razón do retraso na execución da obra de adaptación de varias naves das “Lonxas de Raxoi” coma emprazamento do Mercado Provisional? Teñen algunha novidade con respecto á rehabilitación do edificio da Praza do Conde?
6ª.- Por que razóns aínda non procuraron unha completa sinalización do peirao ?
7ª.- Cal é a razón de que o alumeado artístico da Ponte de Pedra leve meses sen funcionar? Cando pensan volver darlle o relevo que se merece como porta de entrada a unha Vila turística como é a nosa? Que sucede có alumeado artístico da Ermida de Breamo e do Castelo de Andrade?
8ª.- Cando pensan arranxar e podar as sebes na beirarrúa da Avenida da Coruña á altura dos almacéns do Parque Sarmiento?
9ª.- Cando pensan limpar as pintadas do palco da Alameda, das que é responsable o Goberno Municipal, as do Torreón e as da Casa da Cultura?
10ª.- Cando van facer cumprir a prohibición de aparcar na Alameda, amañar os estragos do seu firme para que esta volva ser un verdadeiro lugar de encontro e relax para os eumeses e eumesas de diferentes idades ao tempo que unha coidada zona verde que de a benvida aos nosos visitantes?
11ª.- Hai algunha novidade no PXOM, que prazos manexan para a súa aprobación?
12ª.- Puidemos ver recentemente na prensa que esta semana manterían un encontro con responsables da Xunta de Galicia no que se abordarían asuntos tales coma a nova Gardería Municipal prometida polo Sr. Feijoo ou o aparcadoiro soterrado prometido polo ex-presidente de Portos de Galicia o Sr. Álvarez Campana. Poden informarnos dos resultados de dito encontro?
13ª.- Cando se executarán as obras do POS do 2011?
14ª.- No Pleno celebrado o 27 de outubro preguntabamos cando se ían a substituír as lousas rotas do Paseo Marítimo, respostóusenos que “estaban a resolver unhas reclamacións con distintas aseguradoras de vehículos que entraron alí”. Transcorridos xa tres meses sen que se levara a cabo ningunha actuación ao respecto, existe algún problema con as citadas aseguradoras?, de non ser así, cando pensan arranxar estes elementos?
15ª.- Tal e como costa nunha das actas das Comisións de Goberno, dende a Xunta Directiva da Asociación EUROEUME enviouse un escrito solicitando o pago das anualidades do 2009 e do 2010, por importe de 6.597 e 4.556 euros respectivamente. Asemade comunican que a anualidade do 2011 ascende a 4.185 euros. Existe algún problema que impida o pagamento das citadas anualidades?


