Archivo | 8:05 pm

Rogos que presentamos ao Goberno Municipal no Pleno Ordinario de Xaneiro :: 26/01/2012

26 ene

Ademáis das preguntas, estes son os rogos que lle facemos ao Goberno Municipal:

1º.- Rogamos xestionen o peche dos acesos da pista superior do “Couceiro Freijomil” á parte inferior do centro,así como a apertura e peche da porta grande da avenida de Ferrol para que así poda ser utilizada polas tardes baixo o control e organización da Administración Municipal.

2º.- Pedimos sexan amañadas as canastras e porterías de ditas pistas estragadas polo uso incontrolado de dito patio fora do horario escolar.

3º.- Rogamos doten a Avda. Ricardo Sánchez ou o Paseo dun aparello para estacionar bicicletas entre os dous Institutos e así facilitar o uso deste transporte entre a mocidade.

4º.- No pasado Nadal os estudiantes universitarios desprazáronse a cotío ás bibliotecas ferrolás para preparar os seus exames de xaneiro ao ter a nosa biblioteca con horario reducido. Esperamos que se plantexen seriamente a ampliación do horario da mesma a lo menos en época de exames.

5º.- Pregamos o arranxo do cano da fonte situada a carón das escaleiras que comunican o adro da Igrexa Parroquial con a Rúa do Picho, xa que leva varias semanas votando auga sen parar.

6º.- Pregamos a limpeza do Lavadoiro de Esteiro e o arranxo do sito nas inmediacións da Igrexa de Centroña.

7º.- Cando chove a auga arrastra gran cantidade de area da canteira da Orela polo camiño que comunica este lugar con o Chao de Ombre. Ante o perigo que representa, pregamos a súa limpeza.

8º.- Namentres non se executen as obras previstas no POS, e ante o mal estado do firme, pregamos se leve a cabo un “rebacheo” nos camiños da Veiga, Gunturiz e a Regueira. Así mesmo, pregamos se leve a cabo unha actuación similar no camiño que transcorre entre o cruce da Graña e Cabría Vella, na Av. de Castelao, o camiño que comunica a estrada nacional con a Igrexa de Vilar e o que comunica a mesma estrada con o “Camiño Vello”.

9º.- No lugar de Castrelo, na parroquia de Centroña, levan 24 días sen alumeado público. Pregamos adopten as medidas necesarias para proceder a o seu arranxo de forma inmediata. Nunha situación similar atópase un tramo da estrada provincial

DP-4803 entre o Restaurante “La Ría” e o lugar de Vizús, pregamos fagan as xestións correspondentes para rematar con este problema.

10º.- Pregamos se proceda ao pintado dunha “frecha de sentido da marcha” no Cruceiro, na parroquia de Andrade.

11º.- Pregamos o rozado e limpeza de todos os camiños públicos das parroquias.

12º.- Pregamos a colocación dun novo punto de luz na parte alta da Rúa Pescadería (entre a esquina da Rúa San Miguel e as escaleiras da Igrexa) dada a escuridade reinante na zona pola noite debida á baixa potencia das escasas farolas existentes.

13º.- Pregamos a limpeza das beirarrúas das inmediacións do centro de Saúde e o arranxo dunha “farola” sita na mesma zona. Así mesmo pregamos se proceda a rapar as silvas das escaleiras do solar lindante ao aparcadoiro do P.A.C. eumés.

14º.- Ante as queixas que nos fan chegar veciños da zona polo ruído que xera, pregamos a correcta suxeición da tapa dunha arqueta do saneamento público que se atopa na Av. de Ricardo Sánchez fronte ao “Edificio Tenreiro”.

15º.- Pregamos a retirada do cartel da Deputación colocado nos macizos da parte alta do Xardín dende hai mais de dous anos.

18.- Os escasos farois acendidos nas inmediacións da Estación do Ferrocarril apáganse ás oito da mañá, sendo aínda noite, polo que moitos usuarios deste medio de transporte están a transmitirnos as súas queixas ante a escuridade reinante na zona. Pregamos adopten as medidas necesarias para garantir unha correcta iluminación.

Preguntas que levamos ao Pleno Ordinario de Xaneiro de 2012 :: 26/01/2012

26 ene

1ª.- Que plans de formación profesional teñen previsto desenvolver en FOREMDES no primeiro trimestre deste ano?

2ª.- Ante as reiteradas queixas da veciñanza, teñen pensado adoptar algunha medida que regule os horarios de peche así coma a redución da contaminación acústica de locais de hostalería?

3ª.- O Entroido comeza tradicionalmente co desfile das comparsas dos colexios polas rúas da Vila. Que tipo de organización teñen prevista para que poida participar este ano o alumnado que ten as escolas fora do casco urbano?.

4ª.- Poden informar polo miúdo das axudas para libros e material escolar?.

5ª.- Cal é a razón do retraso na execución da obra de adaptación de varias naves das “Lonxas de Raxoi” coma emprazamento do Mercado Provisional? Teñen algunha novidade con respecto á rehabilitación do edificio da Praza do Conde?

6ª.- Por que razóns aínda non procuraron unha completa sinalización do peirao ?

7ª.- Cal é a razón de que o alumeado artístico da Ponte de Pedra leve meses sen funcionar? Cando pensan volver darlle o relevo que se merece como porta de entrada a unha Vila turística como é a nosa? Que sucede có alumeado artístico da Ermida de Breamo e do Castelo de Andrade?

8ª.- Cando pensan arranxar e podar as sebes na beirarrúa da Avenida da Coruña á altura dos almacéns do Parque Sarmiento?

9ª.- Cando pensan limpar as pintadas do palco da Alameda, das que é responsable o Goberno Municipal, as do Torreón e as da Casa da Cultura?

10ª.- Cando van facer cumprir a prohibición de aparcar na Alameda, amañar os estragos do seu firme para que esta volva ser un verdadeiro lugar de encontro e relax para os eumeses e eumesas de diferentes idades ao tempo que unha coidada zona verde que de a benvida aos nosos visitantes?

11ª.- Hai algunha novidade no PXOM, que prazos manexan para a súa aprobación?

12ª.- Puidemos ver recentemente na prensa que esta semana manterían un encontro con responsables da Xunta de Galicia no que se abordarían asuntos tales coma a nova Gardería Municipal prometida polo Sr. Feijoo ou o aparcadoiro soterrado prometido polo ex-presidente de Portos de Galicia o Sr. Álvarez Campana. Poden informarnos dos resultados de dito encontro?

13ª.- Cando se executarán as obras do POS do 2011?

14ª.- No Pleno celebrado o 27 de outubro preguntabamos cando se ían a substituír as lousas rotas do Paseo Marítimo, respostóusenos que “estaban a resolver unhas reclamacións con distintas aseguradoras de vehículos que entraron alí”. Transcorridos xa tres meses sen que se levara a cabo ningunha actuación ao respecto, existe algún problema con as citadas aseguradoras?, de non ser así, cando pensan arranxar estes elementos?

15ª.- Tal e como costa nunha das actas das Comisións de Goberno, dende a Xunta Directiva da Asociación EUROEUME enviouse un escrito solicitando o pago das anualidades do 2009 e do 2010, por importe de 6.597 e 4.556 euros respectivamente. Asemade comunican que a anualidade do 2011 ascende a 4.185 euros. Existe algún problema que impida o pagamento das citadas anualidades?

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.