No Pleno do pasado xoves o Goberno Municipal achegaba para a súa aprobación o Plan de Cooperación ás obras e Servizos de Competencia Municipal. Coñecido como POS e que son basicamente inversións que a Deputación fai cada ano nas obras que propoñen os Concellos.
Este ano non houbo propostas da oposición, ao non seren convocados con tal fin. Nembargantes nada temos dende o PSdeG-PSOE en contra das melloras propostas:
- CAMIÑO DA GRAÑA-FIGUEIRIDO-O SILVAR
- CAMIÑO O CRUCEIRO-OS CASTROS E OUTROS NA PARROQUIA DE ANDRADE.
- ACCESO DE DP 4803 A VIZÚS( CENTROÑA)
- ACCESO DA AS-144 A VILAMOIDE (OMBRE)
- CAMIÑO DE COVÉS A CAMIÑO VELLO(CAMPOLONGO)
Non vai nada do casco pois, segundo comentou o Sr. Crespo, a AVV “A Vila” propuxo que o centro histórico cedía este ano as inversións ás parroquias. De todos os xeitos aparece como Plan complementario ao 2012 a RÚA DO PORTO. Si que reuniron ás asociacións para escoltar as súas propostas.
Aprobouse o POS, có voto do P.P. e a abstención da oposición. Dende o grupo socialista optamos por absternos ante as circunstancias anteriormente exportas.
Dende o oposición achegabamos os temas que considerabamos máis importantes vía MOCIÓN. Non quixeron debatelas e usaron a súa maioría, como veñen facendo, para calar a palabra nun foro democrático como é o Pleno.
Lemos a nosa Moción sobre o MERCADO, que xa coñecedes. No Pleno da Corporación o SR. Alcalde nin falou nin deixou falar; máis ante a Prensa si falou, para “malmeter” e dicir falacias sobre o único punto que levaba a nosa Moción e que non quixo tocar no Pleno ante os lexítimos representantes do Pobo e ante os comerciantes do Mercado que acudiran maioritariamente á sesión.
O acordo que queríamos discutir ante as inquedanzas xurdidas encol ao traslado do mercado é o seguinte:
- O Concello de Pontedeume comprometerase por escrito con os comerciantes do Mercado Municipal a non facer efectivo o seu traslado ás instalacións provisionais en tanto non se consigan os fondos necesarios para a rehabilitación do edificio da Praza do Conde. Así mesmo, deberá garantir no citado documento o regreso dos praceiros ao seu antigo emprazamento unha vez rematadas as obras de rehabilitación do citado edificio
A continuación o noso Voceiro leu os Rogos e despois pasouse á quenda de Preguntas.
As respostas foron as seguintes:
- Nada se fixo pois a Sra. Maroño respostounos que non influíron os cambios nos servizos prestados en Pontedeume. Os incomparables recortes da Xunta de Galicia en axudas a domicilio impedindo novas altas e a desaparición de programas está a ser denunciado polas profesionais e os profesionais do sector defendendo o interese das políticas sociais; a media de recortes deste ano nos orzamentos da Xunta para os Concellos é do 80%; todos os días vemos na prensa as protestas maioritarias dos Municipios galegos . A Sra. Maroño, facendo seguídesmo partidista, en vez de facer valer os dereitos das usuarias e usuarios dos Servizos Sociais nega a evidencia.
- Están traballando doutro xeito e non é prioritaria a constitución dos Órganos Representativos.Logo, para que a puxeron no seu programa?
- Estase a desenvolver un programa de prevención, detección e atención.E non contestou ao que nos lle propoñiamos. Claro que en un Concello onde non se constitúen os Órganos Democráticos de Representación , nada van facer para que dentro do de Saúde os Sanitarios os Traballadores Sociais e os representantes da Seguridade unan forzas para propoñer actuacións en materia de violencia de xénero. Este órgano( O observatorio de Violencia de Xénero) que viña na Lei 11/ 2007 tamén está paralizado a nivel galego polo goberno actual. Goberno do Sr. Feijoo, que tamén asinou a desaparición do Servizo Galego de Igualdade e que a nivel local deixounos sen o servizo da Avogada da Muller, sempre có beneplácito das representantes locais.
- Optan por non publicar a programación cultural na páxina do Concello.Irán pouco a pouco publicando as novidades nos taboleiros.Como son conscientes de que non están a chegar á xente poñerán 5 novos taboleiros.Coidamos que máis que unha planificación seria van un pouco a salta de mata, senón por que non a publican? De todos os xeitos quixemos aportar unha proposta das asociacións culturais, que ao fin e ao cabo son as que enchen de contido a realidade cultural de Pontedeume: Pedimos que a lo menos nun deses novos taboleiros se lles deixara publicar os seus actos ás asociacións eumesas. A resposta foi negativa, a Sra. de Vicente escudouse nun problema de falta de persoal en Cultura e de que a chave dun taboleiro non se lle pode dar ás asociacións!!!
- Na visita o Conselleiro de Educación e os seus acompañantes escoitaron aos directores, máis a Sra. Concelleira vai ter a semana entrante unha reunión có máximo responsable da Educación en Galicia. Nos achegámoslle as nosas suxestións, xa que aínda que asistiron á visita de momento nada xestionaron
- Aínda non teñen nada en firme sobre as alarmas, e o da reposición e cuestión das Aseguradoras……Propuxémoslle que tamén o tratara directamente có Conselleiro a próxima semana e que aproveitaran para urxirlle á reposición dos materiais estragados ou roubados o curso pasado. O alumnado de primaria do pobo non ten na actualidade Aulas Abalar funcionando. Non pode nin a Concelleira nin o Conselleiro dicir que é problema dunha empresa privada cando un dereito dos nenos e nenas está a ser conculcado ao non ter unha dotación que é pública .Esperamos que a reunión sexa altamente enriquecedora para o Ensino Eumés.
- Aquí o Sr. Crespo deu por resposta unha das súas respostas preferidas “En canto se poida”.
- A día de hoxe non consta que se utilizaran en Pontedeume, non fixeron ningunha pregunta ás empresas ao respecto.
- A SOGAMA se lle está pagando normalmente.Pagan a 3 meses.Non estamos entre eses 135 Concellos.Hai algunha factura pero é pola forma de pago que usan a cotiá.
- Un reaxuste pola baixa.
- Pola espera do permiso de Adif.
- Como todos os anos, fano os técnicos.
- Cisto total 57555€ Aprox. 11000 gastos alumando,o resto para material, aluguer, maquinaria, titorías…
- Están a se facer as memorias, de momento nada poden adiantar,xa as traerán cando se elaboren.
- Están traballando no Plan Económico Financieiro para procurar a volta de Pontedeume ao equilibrio financieiro. O escrito, que agora din que non é informe, de momento sigue oculto por vontade do Sr. Alcalde.Pensar que herdaron un Concello saneado e que agora o Sr Alcalde en maluso do seu fondo sentir democrático tenta tapar o desastre da súa política que de todos os xeitos sairá a luz!
- Non, cambiou o nome da empresa que leva o Punto Limpo.


