1.- Dado que transcorreron máis de tres meses dende a clausura do curso Gurméndez, pregamos se retire a “banderola” que publicita o citado curso sita fronte ao Banco Pastor.
2.- Pregamos se retire un cartel electoral do Partido Popular situado fronte á Piscina Municipal.
3.- Rogamos se leve a cabo un mantemento axeitado no alumeado público nas parroquias de Ombre e Nogueirosa, xa que numerosas “farolas” atópanse apagadas dende hai tempo, feito do que xa se lle informou ao Concelleiro responsable.
4.- Pregamos se tomen as medidas necesarias para retirar a raíz dunha árbore que está a levantar o aglomerado no lugar de “Ar” en Campolongo.
5.- Ante as queixas que nos fan chegar numerosos veciños do rural polos malos olores que desprenden os colectores do lixo, pregamos a súa limpeza.
6.- Pregamos a retirada duns inodoros que se atopan a carón dos colectores do lugar do Monte na parroquia de Andrade.
7.- Coa construción dun edificio no tramo final da Rúa Valeriano Villanueva pola empresa Lagares Álvarez, elevouse o tramo inicial do camiño que discorre entre esta vía e a estrada da estación, polo que se aprecia un importante desnivel respecto o patio do edificio colindante, co conseguinte perigo para os viandantes, e quedando á altura das ventás do primeiro piso do devandito edificio que obrigou a algún propietario a colocar reixas pola inseguridade que conlevaba. Pregamos novamente ao Concello que requira os responsables da empresa Lagares Álvarez para que coloquen dunha vez o peche metálico a que se comprometeron nese tramo do camiño, que segundo noticias recibidas está feito dende hai tempo nunha carpintería metálica do noso concello e aínda non foi retirado.
8.- Pregamos se envíe a unha dotación de Protección Civil para retirar a auga estancada que cubre parte do vial á altura do número 112 no camiño de Lamamá aos Castros.
9.- Reiteramos que polo goberno se fagan as xestións necesarias para a limpeza e arranxo e reposición das “marquesinas” do noso termo municipal.


