Sobre o Convenio Municipal con “Aquagest”

23 oct

Recentemente publicábanse no diario “La Opinión” unhas declaracións do Concelleiro de Infraestruturas, Javier Crespo, nas que aseguraba que por parte do Concello se estaba a estudar a legalidade do convenio firmado no seu día con a empresa concesionaria do servizo de augas, “Aquagest”. Concretamente o diario recollía o seguinte:

Para el Gobierno local, que cuestiona las competencias de la Corporación local para tomar un acuerdo de este calado con una concesionaria “como si fuese una banca”, apunta el concejal de Infraestructuras, Javier Crespo, es necesario que el departamento de Intervención y los servicios técnicos del Ayuntamiento estudien este documento y “pongan las cuentas al día”…

…El responsable de Infraestructuras asegura que se trata de derechos pendientes de cobro que requieren de una actualización de las cifras debido a un “desfase en las cuentas”. “Son los técnicos los que tienen que decir si se trata de una actuación legal; si no es así, tomaremos las medidas adecuadas”, avanza Crespo, que cuestiona el hecho de que se utilice una concesión como un préstamo bancario.

Pois ben, tal e como contemplan as actas que adxuntamos, o Convenio firmado no seu día con a empresa anteriormente citada foi aprobado por UNANIMIDADE, é dicir,  por todos os Grupos que formaban parte da Corporación naquel momento, o que inclúe ao Partido Popular. Pero ademais chama a atención que un dos concelleiros do PP naquela Sesión Plenaria fose o actual edil responsable da Concellería de Economía e Facenda o Sr. Andrés Pérez. Tendo isto en conta e ante o total descoñecemento do fai gala o Sr. Crespo no tocante a este tema, rogámoslle ao seu compañeiro de Goberno, Sr. Pérez, teña a ben explicarlle a legalidade deste documento aprobado no seu día con os votos a favor do seu partido así coma a competencia do Pleno para tal fin.

Así mesmo temos que recordar que ese convenio foi redactado pola Secretaría Municipal, e avalado polos informes favorables da Intervención Municipal e dos servizos Xurídicos da Deputación Provincial e, ao contrario das contratacións levabas a cabo por Javier Crespo dende a Concellería de Infraestruturas, cumpre totalmente con o establecido na lexislación no que á contratación de empresas se refire, saíndo a Concurso Público por procedemento aberto.

Finalmente gustaríanos deixar constancia de que tal e como nos puidemos informar no Concello, ningunha das súas áreas ten orde algunha de estudar a legalidade do citado documento.

Ao noso parecer, as declaracións do Concelleiro de Infraestruturas son froito do seu descoñecemento no que ao funcionamento da administración local se refire, pero sobre todo, obedecen ao interese do Goberno Local por crear unha cortina de fume para evitar que se fale da situación económica á que a súa pésima xestión dos recursos está abocando ao noso Concello.

Resulta sorprendente que ao Sr. Crespo lle pareza ilegal un convenio que cumpre escrupulosamente con a legalidade, e non lle parezan ilegais as contratacións feitas dende a Concellería que dirixe e que contan con numerosos “REPAROS DE LEGALIDADE” emitidos dende a Intervención Municipal por, entre outras cousas, contratar empresas sen ningún tipo de concurso público, é dicir, a “DEDO”.

Advertisement

Una respuesta hacia “Sobre o Convenio Municipal con “Aquagest””

  1. Nemigo octubre 23, 2011 a 5:44 pm #

    os acordos do concello de a coruña cas concesionarias do lixo e a auga son máis que estranas. Foron asinadas en condicións máis que sorprendentes
    entregouse efectivamente un cheque en branco sen mirar a calidade do servicio nin o custe. A xestión é dubidosa e non está explicada. Agora fálase de explotar a electricidade de cecebre e non se sabe se o concello verá un can de ises cartos
    non se entende que empras como estrella galicia ou cocacola empreguen auga sen limitación algunha

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.