COMENTARIOS AO PLENO EXTRAORDINARIO DO 10/10/2011

19 oct

Vivimos nun  Concello có orzamento sen anovar, o Goberno optou por continuar có orzamento prorrogado dende 2009 en vez de traer a Pleno o correspondente ao ano actual.

Entendíamos que antes era por non querer ou saber negocialo coa oposición, mais agora coa maioría absoluta nin a negociación precisarían. É por deixadeza?  É porque non teñen gañas de sentarse a distribuír e priorizar os gastos do concello segundo o seu proxecto político?  Ou será que tal proxecto non existe e adícanse a ir facendo segundo veñan dadas e para esta improvisación gobernamental ben vale o do 2009 ou o de calquera outro ano?

Consecuencia desta situación é que cada vez que hai que levar adiante algunha xestión non prevista no 2009 ten que ir a Pleno para a súa aprobación. E  dada a lamentable falta de planificación do actual goberno, acostuman a chegar tarde, apurar os prazos e ter que facer Plenos Extraordinarios pois, por exemplo, neste caso no Ordinario de setembro non estaban preparados e o de outubro vanse de prazo e perden axudas.

Temos que lembrar que nun dos primeiros plenos extraordinarios desta lexislatura, o dos escandalosos incrementos salariais  do Alcalde e Tenente  Alcalde tamén subiron as Xuntas de Goberno e os Plenos un 50%, 150€ por Concelleiro ou Concelleira. Comprenderán agora os gastos innecesarios que conleva a improvisación política que campa no Goberno do Sr. Torrente: Aos gastos dos 11 plenos ordinarios,(incrementados un 50% respecto a lexislatura pasada) haberá que engadirlle o gasto de 150€ X 11 X o nº de Plenos Extraordinarios, que conleve esta anómala situación.

Pois ben, o pleno extraordinario do pasado día 10 foi para unha modificación de crédito que permita afrontar  os gastos da obra do mercado provisional elevando os límites de gasto plurianual. Aprobouse cos votos do PP apoiados do BNG.

Dende o Grupo Municipal Socialista optamos por absternos xustificando o noso voto partindo das razóns anteriores, apurar os prazos ao límite, presuposto prorrogado,… Dado o informe da Intervención sobre esta modificación crediticia é positivo e explicando que a día de hoxe o futuro da reforma do mercado é incerto pois non hai nada concreto sobre a súa reforma.

Pedimos transparencia informativa tanto cos grupos políticos como cós parceiros.O Sr. Alcalde informounos en Pleno que as modificacións que se fixeron no mercado definitivo son os que pediron os praceiros e que no mercado provisional axustáronse os tamaños para unificalos.

Advertisement

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.