Esta sesión adiantouse unha semana por mor da voda do Voceiro do Grupo de Goberno, Sr. Otero.
Ademais o Goberno meteu, como quen no quere a cousa e a ver si cola e ninguén afonda moito…, o informe de Intervención da Conta Xeral de 2010. Ao noso grupo non lla colou e non deixamos pasar a oportunidade de sacarlle as cores ao PP eumés pola nefasta traxectoria económica pola que están a levar a un Concello antano saneado, ademais de denunciar o obscurantismo no xeito de traer a Pleno este asunto e a ocultación premeditada do documento por parte do Sr. Alcalde, non dando, por 1ª vez, copia para o seu estudio dun documento público, técnico e cunha complexidade tal que precisa tempo para ser analizado.
Non houbo actas que aprobar e o punto 2: A aprobación inicial da ordenanza específica reguladora das bases de concesión de Axudas destinadas á adquisición de Material Escolar a Familias con Escasos Recursos Económicos 2011-2012, non contou coa presenza da Sra, de Vicente Olarte para a súa defensa,” non sendo xustificada a súa ausencia en ningún momento”. Dende o noso grupo baseamos o voto en contra desta ordenanza cos seguintes argumentos:
“ A Sra Concelleira de Cultura e Educación leva máis de 100 días como responsable municipal da política educativa. A súa experiencia como concelleira anterior a esta lexislatura dille, como nos di a todos os que xa estabamos, que dende que estas axudas son aprobadas en Pleno ata que chegan aos seus destinatarios ou destinatarias pasa bastante máis que medio ano, polo que é especialmente grave que hoxe xa empezado o curso estemos aprobando unha ordenanza que como a Sra de Vicente dixo na sesión informativa non ten ningún cambio importante respecto a do ano pasado. para isto puideron traela en xullo e aforrarían ás nais e pais que necesitan estas axudas para os cadernos, lapis e outro material para os seus fillos a lo menos 2 meses de espera.
A vontade política deste goberno coas axudas en materia de educación deixárona vostedes clara coas imperdoables gargalladas da Concelleira “responsable” no Pleno Ordinario de xullo. Non nos vale que eludan a súa responsabilidade en informes técnicos para non subir ás axudas para educación cando non os precisaron para os incrementos salariais dos cargos políticos do goberno actual. E, por favor, non nos falen vostedse, e neste caso especialmente, de demagoxia nin de congruencia, as subas de preto dun 40% dos asalariados políticos e a conxelación nas axudas para a educación.
Centrándonos na ordenanza: Si o ano pasado era un retroceso en canto a posibles beneficiarios e ao montante de cada axuda, este ano máis do mesmo. Reducimos ás familias que poden optar e ademais continuamos cos 60€ fronte aos 90€ de hai dous anos. O pasado ano modificouse ademais de en estes vitais datos para axilizar os prazos e…As axudas que foron no seu día pensadas para alixeirar os gastos de principio de curso chegaron a remates de abril! E están tan orgullosos que aínda a aprobarán un mes máis tarde.
Da lectura do informe da intervención Municipal á Conta Xeral do ano 2010, puidemos extraer dúas conclusións intimamente relacionadas:
“En primeiro lugar, os datos económicos reflectidos no documento confirman o denunciado polo noso Grupo durante a pasada lexislatura no que ao inflado do capítulo de ingresos á hora de elaborar os orzamentos municipais se refire. E esta vez xa non é que o dixéramos nós, senón que a propia intervención cualifica os presupostos (prorrogados) do PP de “irreais”.
En segundo lugar son a constatación da mala praxes do Goberno Local, quen xera no exercicio do 2010 unha situación económico- financeira de desequilibrio. Eso ocorre porque incumpriu unha das principais normas en economía, i esta non é outra, que a de non gastar máis do que se ingresa. Desgraciadamente, como dixemos o PP non tivo en conta esta norma polo que a día de hoxe os datos da nosa economía son os seguintes:
-Resultado Orzamentario axustado.- No 2009 era de 700.000 euros, no 2010 estamos en -405.000.
-Remanente de tesourería.- Pasamos de ter un remanente positivo no 2009 por un importe de 800.000 euros a un ano máis tarde atoparnos con -400.000.
-Aforro neto.- Pasamos de 776.000 euros no 2009 a -336.000 no 2010.
Como se pode comprobar en todos os apartados importantes estamos en negativo. Esto sucedeu porque por unha banda ingresamos menos do estimado (tal e como viñamos denunciando a consecuencia do inflado irreal das contas) e por outra pola mala xestión do goberno, que gastou máis do ingresado, i esto a pesares de ter un orzamento prorrogado, o que en principio obrigaba a ser máis prudentes en canto ao gasto se refire.
E desta práctica, ó desmesurado incremento dos reparos de legalidade da Intervención Municipal, pasando de 24 no 2009 a 119 no 2010!!!!, por cuestións tales coma o incumprimento da lei no que á contratación de empresas se refire, concorrencia, publicidade,… contratación de persoal temporal (todos vimos e estamos a ver a moitos militantes do PP contratados polo Concello)…; así coma ás indicacións dos órgano fiscalizador no que a corrección desta situación se refire, aconsellando a elaboración de presupostos realistas para evitar o remanente negativo, a non levar a cabo actuacións sen a confirmación existencia de crédito necesaria, ou á non contratación de empresas privadas para realizar traballos que lle corresponden aos empregados municipais, duplicando así o custo dos servizos.
Como consecuencia destes malos datos económicos dende a intervención infórmasenos de que o noso Concello non poderá concertar ningunha operación de crédito a longo prazo para investimentos, ademais deberá empregar o aforro resultante da rebaixa salarial dos funcionarios a sanear o remanente negativo e terá que reducir o capítulo de investimentos non próximo orzamento que elabore na mesma contía que a do remanente negativo.
Pois ante o exposto anteriormente, e para a nosa sorpresa, dende a bancada popular o Sr. Otero dedicouse a terxiversar os datos e tentar enganar aos presentes afirmando en primeiro lugar que a situación económica era boa comparada con outros Concellos, (estaríase a referir a algunha administración local grega…), para continuar falseando as cantidades no seu favor, falando continuamente do 1.400.000 euros de líquido que temos en diferentes contas bancarias, pero obviando que o concello ten obrigas pendentes de pago, é dicir débedas, por un importe de 4.222.000 euros, rematando por contradicirse con o dito inicialmente responsabilizando desta situación, que xa pasara a ser mala, ao Goberno do Estado, ao anterior Goberno Local, ás empresas que prestaron os seus servizos ao Concello, aos empregados municipais e finalmente aos veciños. Calquera menos os propios xestores dos fondos municipais, é dicir, eles mesmos.
Pensamos que o que lle ocorreu ao voceiro do PP foi aquelo do “cazador cazado”, xa que tentaron por todos os medios que a oposición non tivese acceso ao informe para así evitar que preparásemos este punto e desgraciadamente para eles, non foi así, atopámolos “con o pé cambiado”,polo que non souberon ou non puideron defender a súa pésima xestión.
Para finalizar, e sen intención de caer no pesimismo, vendo os datos reflectidos neste informe, moito nos tememos que a situación neste ano 2011 será peor, xa que debemos recordar a gran cantidade de actuacións que se levaron a cabo na campaña electoral sen estar contempladas no presuposto, o que sen lugar a dúbidas empeorará a situación da nosa economía municipal.”
Na quenda de rogos e preguntas logo da lectura dos rogos chegou o intercambio dialéctico para conseguir respostas claras, completas que comprometan algo a labor do goberno para conseguir melloras, compromisos ou simplemente información clara e veraz.
1.- Sobre a construcción do Mercado Provisional, está en Patrimonio o informe do proxecto que se presentou.
2.-Aquí a Sra. Concelleira responsable de Turismo e Comercio confunde regular con prohibir e pensa que o que a Lei obriga pódese seguir ou non segundo decisión puramente política. Non hai a nova ordenanza reguladora da ocupación de espazos públicos “Debido a Lei Antitabaco e pola crise non debemos afundir a hostalería”dixo a Sra. Piñeiro Varela en Pleno. Insistimos regular beneficia a estética, a ocupación racional ,ao uso por toda a cidadanía, aos turistas e polo tanto tamén ao comercio eumés, Sra. Concelleira, o contrario é deixadeza de funcións, irresponsabilidade e desorde por ninguén desexado.
3.- O PXOM estase agora adaptando ao POL para despois, e só despois, estudar as alegacións dos particulares…
4.- Logo de advertencias verbais, hai máis ou menos 10 días se fixo un requirimento de oficio ao propietario.
5.- Esperando facelo a traveso da Deputación.
6.- Están en trámites cos sindicatos para sacar a praza de Arquitecto Municipal a concurso.
7.- Aquí a Sra. Concelleira de Deportes xustificou á empresa adxudicataria deste SERVIZO MUNICIPAL dicindo que non facían abonados só para o ximnasio por seguridade, pois este tiña o “cupo” cheo. Non quedou tan claro porque o abono máis caro que tamén ten ximnasio ademais de piscina si se sigue ofertando. Logo de alterarse pola nosa incomprensión comprometeuse a pedir informe e achegárnolo, lembrar que baixo o Goberno Popular tamén se perdeu o servizo de fisioterapia municipal que existía na piscina.
8.- A Sra. Maroño fixo un “alegato” das bondades da Lei de Dependencia que vai atender, esperemos que proximamente, 9 solicitudes máis en Pontedeume.Non seremos nos os que ataquemos a Lei de Dependencia pero chamamos a atención sobre o feito que recollía a nosa pregunta, a Axuda a Domicilio Municipal, que existía antes e que negámonos a que desapareza. As familias desestructuradas, persoas en perigo de exclusión, maiores non dependente tiñan un servizo municipal que segundo denunciabamos na nosa Moción de Abril deste mesmo ano os recortes sociais da Xunta de Galicia deixaron sen cofinanciación. O Goberno Municipal de entonces non quixo escoitar a triste realidade, a Sra Concelleira agora admite que o Servizo de Axuda a Domicilio desaparecerá quedando só a Axuda aos Dependentes dependente da Xunta. E o resto de persoas precisadas de Axuda no Fogar, que vai ser delas? E as 8 empregadas municipais que prestan ese servizo, en que situación laborar van quedar?
9.- De momento non hai planificación da Concellería de Cultura. O Sr. Otero, en ausencia da Concelleira de Cultura parda dar unha explicación máis ampla, dixo que “se está pechando e publicarase proximamente na WEB”.
10.- Cambiaran o texto de Cultura proximamente para que estea en galego como recolle a Lei de Normalización e a Ordenanza Municipal.
11.- A Sra. Olarte non ten exención do Galego.
12.- Dixeron que si estaban, ver non os vimos.
13.- Porque a convocatoria con 24 horas de antelación e chamada telefónica non lle chegou a tempo.
14.- Entenden que para o CEM de principio de curso hai que esperar a que o comezo de curso pase e se acomoden as cousas.
15.- Haberá contactos a ver si interesan.
16.- Esta vendo a Sra. Concelleira esa posibilidade.
17.- Habéndose entrevistado a Sra. Maroño có responsable do Centro de Saúde este quedou de avisala se faltaba persoal e estivo cuberto perfectamente posto que o responsable non a avisou.
18.- Do tipo de obras nada informaron e a calidade da auga da traída analízase diariamente e está ben.Máis ala non queren entrar, parece.
19.- Foi polo verán e proximamente voltarán ao horario habitual de 9 a 13h. ao público e de 13 a 14h.para trámites administrativos.
20.- Non foron que de analizar o orixe, a actuación foi “rápida e fulminate” e podo ser debido a que se xuntou o calor e a humidade, informou o Sr. Crespo.
21.- No informe da DEAC para conquerir a bandeira azul, quedou o SR. Crespo de achegárnolo. Vese que os desenvolvementos de servizos para conseguir a bandeira azul comezou polas algas, estraño, a lo menos!
22.- “Están en conversas” cos comerciantes…Que resposta tan orixinal á par que novidosa e elocuente do seu talante.
23.- Mañá mellor que pasado.