Rogos para o Pleno de Setembro

22 sep

Ademáis das preguntas, levamos os seguintes rogos ó Goberno municipal:

1º.- Pregamos reforcen o sistema informativo dos servizos municipais pois, por poñer dous exemplos recentes, a escasa publicidade dos cursos de formación ou nestes días o atraso na difusión das actividades deportivas da lugar a equívocos non desexados.

2º.- Rogamos planifiquen os cambios pertinentes no servizo de biblioteca para que sexa posible que os universitarios eumeses , a lo menos en época de exames, podan visitar a biblioteca municipal en horario de mañá e de tarde.

3º.-Pedimos sexa reforzado o sistema de apertura do Albergue de Peregrinos, existindo un servizo alternativo para que cando o depositario da chave do local, non estea localizable ,os viaxeiros podan ser igualmente albergados na nosa vila.

4º.- Rogamos amplíen o tempo de apertura ao público da Oficina Municipal de Información Xuvenil. Se isto non fora posible, cambien a franxa horaria de apertura da mesma, de 9 a 11h non se fomenta, precisamente, o seu uso pola mocidade.

5º- Pregamos a urxente colocación de alarmas nos centros escolares así como unha completa hixiene dos mesmos que inclúa limpeza de cristais e prevención de pragas.

6º.- Rogamos o desbroce dos camiños de Pazos-A Regueira, camiño do Muíño Vello en Andrade, camiño de Gunturiz e o camiño da Veiga.

7º.- Pregamos se toman as accións necesarias dende a Concellería de Urbanismo para investigar un recheo sobre camiño público no lugar de Valdemiñatos.

8º.- Fronte ao número 10 da Praza do Conde hai tres farolas que non funcionan dende hai tempo, ademais de estar a caixa de conexións descolgada e con buratos por onde entra a agua, non garantindo a estanquidade da mesma. Pregamos o seu arranxo.

9º.- Pregamos que dende o Concello se tomen as medidas necesarias para impedir o estacionamento de vehículos no interior do patio do Pontumio a fin de evitar sucesos como os acontecidos hai unhas semanas cando un automóbil derrubou parte do muro de dito solar municipal.

10º.- Hai uns días varios operarios municipais procederon á limpeza da estatua de “San Nicolás” que se atopa nas escaleiras que comunican a Rúa Real con o adro da Igrexa causando danos no rostro de dita escultura. Pregamos que no sucesivo se tomen mediadas para evitar que se dane gravemente o noso patrimonio, procurando que este tipo de traballos os realicen operarios especializados na limpeza de obras escultóricas.

11º.- Dada a cercanía da Romaría de Breamo rogamos a limpeza do camiño que comunica a nosa vila con este espazo, así coma o campo e as inmediacións da igresia.

Advertisement

Una respuesta hacia “Rogos para o Pleno de Setembro”

Trackbacks/Pingbacks

  1. Comentarios sobre o Pleno Ordinario de Setembro « PSdeG-PSOE Pontedeume - octubre 5, 2011

    [...] quenda de rogos e preguntas logo da lectura dos rogos chegou o intercambio dialéctico para conseguir respostas claras, [...]

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.