
1ª.- Pódennos informar como se atopan as xestións para a construción do Mercado Provisional?
2ª.- Pasou outro verán e seguimos sen contar con a “prometida” ordenanza reguladora da ocupación de espazos públicos, concretamente no que se refire á instalación das terrazas. Cando pensan elaborar dito documento?
3ª.- En que punto se atopa o PXOM?, cando comezarán a estudar as alegacións presentadas polos veciños e veciñas?
4ª.- Que medidas teñen pensado adoptar para facer cumprir a Lei en canto ao deber de manter as condicións de seguridade, salubridade e ornato público no solar da Praza de España?
5ª.- Cando se realizará o Inventario de Bens Municipais ?
6ª.-Teñen pensado adoptar algunha medida para acabar có caos existente na oficina de urbanismo?
7ª.- Cal é a razón pola que os abonos da Piscina Municipal non se axustan ao establecido na Ordenanza Fiscal Reguladora de dito servizo?
8ª.- Poden informarnos do nº de altas concedidas e solicitudes denegadas no servizo de axuda no fogar?. Como realizarán o financiamento da atención das novas altas no Servizo de Axuda a Domicilio?
9ª.- Cal é a planificación da Concellería de Cultura para este outono?
10ª.- Cando van cumprir a Ordenanza de Normalización Lingüística é farán en galego recursos, escrituras públicas e, en xeral, todos os actos de carácter Público administrativo que se realicen por escrito en nome do Concello?
11ª.-Ten a Concelleira de Cultura algún tipo de exención que lle impida o uso do galego, un dos bens principais da nosa Cultura?
12ª.- Que razón houbo para estando todo o Grupo de Goberno o día 8 as 19:00 na Gándara, non se presentara,, a lo menos, algún dos seus membros na Obra de Teatro que presentaba “Arjé” ás 21:00 na Praza do Conde dentro da programación das festas?
13ª.- Cal foi a razón pola que a representante do Concello non asistiu o Consello Escolar Extraordinario de comezo de curso di I.E.S. Breamo? Por que non foi substituída por outro Concelleiro, Concelleira ou mesmo polo Alcalde?
14ª.-Cal é a razón do retraio do C.E.M. de comezo de curso?
15ª.-Pensan propor, facilitar, xestionar os “Almorzos para Madrugadores” nos centros eumeses?
16ª.- Por que non se constitúe o Consello Municipal de Saúde de Pontedeume e dende el procurar o seguimento da mellora da saúde no Concello?
17ª.-Fíxose algunha xestión ante a Consellería de Sanidade para solucionar os problemas xurdidos no Centro de Saúde ante a falta de persoal durante este verán?
18ª.-Da calidade das augas depende grandemente a saúde dos usuarios do servizo de augas municipais: Son coñecedores do tipo de obras que se están a levar a cabo do Encoro da Capela e dos seus efectos nas augas do Eume? Que xestións fixeron neste teme?
19ª.-Aquagest reduciu o tempo de atención ao cliente na súa oficina na rúa Betanzos:Consultaron có Concello antes de facer esta drástica redución? Están de acordo? Pensan esixirlles a volta ao horario acostumado?
20ª.- Teñen algún dato da orixe da praga de pulgas que permitan a mellora na limpeza e impidan que este desagradable suceso se repita no futuro?
21ª.- En que informe en concreto se basearon para non recoller as algas de Ber? Que proxecto teñen para mellorar os servizos desta praia?
22ª.- Pensan levar proximamente algún cambio par conseguir dar un novo pulo ao Feirón?
23ª.- Ante a pésima situación na que se atopan, cando pensan reparar os colectores soterrados?



Una respuesta hacia “Preguntas que levamos ao Pleno Ordinario de Setembro”