COMEZA O CURSO SEN AXUDAS MUNICIPAIS PARA MATERIAL ESCOLAR

29 ago

Ás portas do comezo de curso o Concello de Pontedeume aínda non se  aprobaron  as axudas destinadas á adquisición de material escolar  das familias con escasos recursos económicos para E, Infantil, Primaria e ESO. Estas axudas logo da reducción levada a cabo o curso pasado polo goberno do Sr. Torrente só  van destinadas a aqueles alumnos e alumnas que pertencen a familias con ingresos anuais non superiores a 18000€ e pasaron tamén de 90 a 60€ por neno ou nena.

Outro ano máis as axudas destinadas a suavizar economicamente o comezo de curso non chegarán a tempo. Este ano ademais comeza o curso sen nova algunha que  fale da súa existencia.

Nestes últimos anos o ex concelleiro de Educación, Sr. Crespo, xogou cos tempos: Aprobábaas en Maio, en Agosto,…. e o que tiña que chegar no 1º trimestre chegaba no 3º, cando os cadernos, os lapis, as mochilas, etc. xa estaban gastados e vellos e as familias avergoñadas por ter débedas nas librerías eumesas esperando ser pagadas mes tras mes.

A nova concelleira de Educación,Sra. Olarte, sorprendeunos no último Pleno coas súas gargalladas ó  noso rogo para que  as axudas para material escolar se incrementen a media do que eles incrementaron os seus soldos pero o que é realmente máis grave é que por 1ª vez na historia das axudas sociais comece o ano escolar sen que dende o Goberno exista proposta algunha para as mesmas.

Dende o PSdeG-PSOE esiximos a mesma política financeira que aplicaron aos soldos do goberno sexa aplicada á totalidade das axudas aos máis necesitados, neste caso axudas á educación dos menores, un dereito fundamental que debe ser apoiado dende a administración máis próxima ao cidadán e polo tanto máis sensible coas súas carencias, dende o Concello.

Advertisement

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.