O Goberno de Gabriel Torrente perde unha subvención de 40.000 €.

26 ago

Nesta ocasión trátase dunha achega da Consellería de Presidencia para o arranxo dos colectores soterrados. Así consta na acta da Xunta de Goberno do día 27 de xullo de 2011, na que se lle informa ao Alcalde do “rexeitamento da solicitude de subvención por importe de 40.000 €…por non responder ao requerimento de documentación”, concretamente refírese a ausencia dun inventario de Bens e Dereitos de titularidade municipal.

Desgraciadamente unha vez máis a nosa vila perde unha subvención a causa da ineficacia do Grupo de Goberno, pero neste caso é máis grave se temos en conta que na Sesión Plenaria de marzo de 2010 aprobábase por unanimidade unha moción presentada polo noso Grupo con o seguinte acordo:

“O Concello de Pontedeume porá en marcha as accións necesarias para a elaboración dun Inventario de Bens e Dereitos de titularidade municipal, dando así cumprimento ó mandato contido na vixente Lei de Patrimonio das Administracións Públicas”.

Pois ben, ano e medio máis tarde e como ocorre habitualmente con as mocións aprobadas en pleno, o Partido Popular non tivo a ben xestionar o contido da mesma, polo que agora perde os fondos para esta necesaria actuación demandada en numerosas ocasións tanto polos grupos da oposición coma por veciños e asociacións da nosa vila dada a pésima situación na que se atopan as “illas ecolóxicas”.

Dende o Grupo Municipal Socialista consideramos que este é un novo exemplo da ineficacia do Goberno de Gabriel Torrente e preguntámonos se é esta a “capacidade de xestión” que xustifica o desproporcionado incremento salarial dos seus membros.

Advertisement

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.