Ademáis das preguntas que presentamos no annterior Pleno, estas son os rogos que lles fixemos ao Goberno Municipal:
1º.- En cumprimento da lexislación vixente no que a accesibilidade se refire, pregamos novamente a instalación dunhas varandas nas escaleiras que comunican a Rúa Galera cos Almacéns de Raxoi.
2º.-. Pregamos o arranxo de varios “baches” no camiño de Lamamá-A Regueira á altura dos lugares da Chousa nº-108 e das Peteiras nº-112.
3º.- Pregamos o arranxo das “marquesinas” sitas no Barro e na N-651 ao seu paso pola parroquia de Andrade.
4º.- Pregamos o desbroce e limpeza dos camiños de Carantoña (Miño) aos Castros (Andrade), do Chao de Vilar á antiga Reitoral (Vilar), da Regueira ao Muíño Vello, do Polígono de Vidreiro.
5º Pregamos o arranxo de varias farolas nas inmediacións do Centro de Saúde, no camiño de Pazos á Regueira e no Lugar do Monte.
6º.- Rogamos por enésima vez a sustitución das lousas rotas do Paseo Marítimo.
7º.-. Ante o lamentable estado que presentan, pregamos arranxen os numerosos baches da Av. de Castelao, da Rúa Fontenova e do camiño do Conde.
8º.- Rogamos axilicen os trámites das axudas para material escolar( o pasado ano viñeron a Pleno en agosto e chegaron ás familias en abril) e incrementen a partida nunha porcentaxe, cando menos, semellante ás aprobadas no último pleno extraordinario para salarios , Plenos e Xuntas de goberno.
9º.- Pregamos prontitude na celebración do C.E.M. de comezo de curso para coñecer as necesidades dos Centros Educativos e poder apoialos e contribuír na súa mellora.Asemade esperamos a rápida constitución dos demais órganos consultivos.
10º.-Dado o fracaso na oferta de campamento municipal deste verán e logo de varios anos de seca neste servizo municipal rogamos unha reflexión para poder voltar a ofertar campamentos para nenos e nenas da todas as idades que permitan con unha variada oferta de calidade desprazarse e convivir aos menores eumeses dentro dunha contorna lúdica, cultural e social.
11º.-Rogamos se trate en Comisión Informativa a apertura dos desaugadoiros de fondo do Encoro do Eume polos efectos negativos sobre a auga, a paisaxe, os usos recreativos a pesca e o marisqueo que provocarán no Eume e na Ría de Ares.
12º.- Pregamos a colocación dun colector do lixo na praia de Sopazos.
13º.- Tendo en conta que unha ducha sen auga ven sendo tan útil como un aeroporto sen avións, pregamos se dote deste tan necesario elemento á ducha da praia anteriormente citada.


