Este Pleno, onde o Goberno Municipal tivo que dar conta do exercicio económico do pasado ano, estivo marcado polo obscurantismo a prepotencia do goberno ao longo de todo o Pleno e polo “handicap” que dende a grupo socialista vemos no incumprimento de estabilidade orzamentaria no 2010 e a necesidade de financiación debido ao déficit de máis de millón e medio de euros do que deron conta a interventora e a secretaria no punto 10 e 11 da orde do día.
Primeiramente as dacións de contas normais nun 1º Pleno de lexislatura, delegacións de Alcaldía, nomeamentos de representantes, etc. Xa no punto 5 e 6 do día tiveron que facer modificacións de crédito para financiar obras debido a non ter a pertinente aprobación dos orzamentos dende 2009, coa nosa abstención denunciamos a falla de diálogo político que impide que teñamos a economía ao día dende hai dous anos, pero permitimos que se leven a cabo as obras, moitas delas propostas polo noso grupo.
Os expedientes de honores e distincións quedaron sobre a mesa para tratar en próximos plenos posto que xa na primeira distinción, para a concesión do nome de RAMIRO FONTE ás Biblioteca Pública Municipal de Pontedeume, presentada a proposta da oposición para que se inicien os trámites legais, precisase dun experto que o informe e a experta Mºª Faraldo que propuxeron para os honores en favor de Abelardo Miguel pretendían que valese tamén para a obra de Ramiro…
A Moción presentada dende o noso grupo o 5 de xullo o Sr Alcalde non tivo a ben metela na orde do día e unha vez lida o PP en Pleno votou en contra da urxencia para que non puidera ser sequera discutida en Pleno. Unha vez máis mirando os dictados do seu partido en vez de mirar polo futuro do Eume da ría e de Pontedeume que está en perigo ante a proposta de ENDESA para abrir os desaugues de fondo do Encoro de Goente.
Na quenda de Rogos e Preguntas sorprendemos e denunciamos as risas da Sra Olarte, Concelleira de Educación, ante o noso rogo nº 8. Non debe apoiar que as axudas para
Material escolar que van dirixidas ás familias con rendas anuais inferiores a 16.000 € se incrementen a media do que eles incrementaron os seus soldos, pero aínda así a súa educación e o ser responsable da area de educación debera obrigala a gardarse as gargalladas para outros temas ou outros foros.
Cando empezamos coas preguntas o Sr voceiro do P.P. transmitiu a prepotencia xa habitual á hora de dar contas do traballo municipal desbocada agora pola maioría coa que deben pensar que están lexitimados a non escoitar e ata non respostar debidamente as preguntas que nos si presentamos en tempo e forma.
Aquí van as respostas que nos deron ás nosas preguntas:
1) Ä primeira pregunta o Sr. Crespo dixo que debido á crise suspéndense as actividades de Medio Ambiente, nin Ano dos Bosque , nin Día da Árbore, nada congruente na boca da persoa que este mesmo mes veu incrementado o seu salario un 38%.
2) Deuna por respostada na 1ª pregunta.
3) Aquí pasoulle a pelota ao técnico de Medio Ambiente que disque o está intentando.
4) O Acordo do Pleno de Abril de 2010 logo de parapetarse a nova Concelleira na Emerxencia Social que tendo unha enorme importancia non é o Programa de Solidariedade Municipal no que todos nos comprometemos xa hai máis dun ano o Sr Otero dixo no nome do Goberno que farase cando eles queiran non cando queiramos nos.
5) Os concursos que non sacaron en catro anos agora responden que con a maior prontitude posible, iso soa a vello, pero, cando?
6) A nova escola infantil foi unha realidade non unha proposta, unha realidade de 75 prazas pero…. Cando? Disque a partir de 2012 cando se aprobe o PXOM ou se faga una modificación puntual. Estas son as realidades do noso goberno?
7) Aquí a Concelleira dixo que en tan pouco tempo non lle deu tempo a ofertar nada, o seu partido leva 4 anos e non quixo a nosa proposta do PAI (Punto Atención Infantil) que si levaron a cabo en Cabanas e sería unha saída “real” mentres non chega a real Escola Infantil prometida en campaña.
8) Estase a realizar a limpeza profunda dos centros, farase unha proposta de gasto para as ventás, non haberá aspiradora industrial nos centros grandes posto que chega coa que teñen, dixemos que eran doméstica e nalgún colexio leva meses sen arranxar. Par as alarmas están pendentes da Xunta…
9) No referente á Area de Breamo estase a realizar.
10) Ë moi apurado pedirlle á Sra. Concelleira a realización da ordenanza,dixo, pero están traballando nela.
11) O aparcadoiro está en trámites por parte de Portos, está en Calificación Ambiental unha vez que teña pasado o Impacto Ambiental haberá que sacalo a concurso.
12) Non se gastou en 2010 e agora debido á situación económica do Concello non se poderá facer e todo terá que ir a amortizar a débeda, tamén no 2011.A Alameda pecharase como aparcadoiro en poucos días pois o aparcadoiro do Instituto permanece semibaleiro a cotío.
13) Tamén irá ese presuposto a amortizar a débeda.
14) Aquí “escaqueouse” o Sr. Alcalde de dar unha resposta seria levándoo o seu nerviosismo e escasa educación en democracia a recorrer incluso a insultos, embarullar os dous proxectos e non admitir a súa postura de non facilitar o aporte á Xunta dos terreos das beirarrúas de Boebre ou felicitarse, a lo menos, por quedar aprobado o orzamento para o proxecto de senda peonil en Centroña pola anterior Deputación.Comprometeuse o Sr. Otero a que se realicen canto antes e con a maior celeridade e seriedade.
15) Non.
16) Cando se desbloquee a Oferta de Traballo e teñan a oferta outra vez.As modificacións na R.P.T. veranse no futuro.
17) Non.