
1ª.- Teñen por fin algunha achega concreta dende Pontedeume ao Ano Internacional dos Bosques?
2ª.- O anterior Concelleiro de Medio Ambiente pospuxera a celebración do Día da Árbore e da Auga,21 de marzo, para verán, poden informarnos sobre as datas e o contido de dita conmemoración?
3ª.- Pensan adicarlle tempo e esforzo a que dende Pontedeume teñamos unha proposta concreta de traballo polo Medio Ambiente que nos converta no referente comarcal que deberamos ser nesta area, cando nola poderán presentar?
4ª.- Cando van facer afectivo o acordo plenario de Abril de 2010 e porán en marcha as accións necesarias para a elaboración dun Programa de Solidariedade Municipal có que achegará servizos básicos como a recollida do lixo, auga, actividades educativas, etc.,dun xeito total ou parcialmente gratuíto, eximindo do pago das taxas municipais ás familias necesitadas e persoas con escasos recursos económicos?
5ª.- Cando van sacar a concurso a Atención aos Dependentes, o Mantemento Eléctrico, a Recollida de Enseres, o Mantemento do Pavillón Municipal có Centro Maiores, Mantemento CEIP”Andrade”, etc.?
6ª.- Xa teñen algunha proposta concreta sobre a nova escola infantil prometida en campaña dende a Xunta de Galicia?
7ª.- Que alternativa teñen para incrementar as prazas escolares no 1º ciclo de Educación Infantil en setembro que dote deste servizo a lo menos ás numerosas familias que quedaron sen praza este ano na Escola Infantil Municipal?
8ª.- Cara o 1º de setembro, comezo de curso, é imprescindible unha limpeza profunda dos centros en agosto que inclúa a limpeza exterior e interior dos mesmos.
- Dotarán os centros de aspiradora industrial que permita facer unha limpeza en condicións,de alfombras , andeis, armarios,…?
- Cando e como limparán os cristais aos que non poden acceder para a súa limpeza as empregadas municipais?
- Farán o correspondente mantemento das zonas verdes e fachadas dos centros?
- E por último, e non menos importante, procurarán a mellora na seguridade dos centros coa dotación da correspondente alarma que dificulte a lo menos o traballo dos amigos do alleo?
9ª.- Recibimos queixas sobre o mantemento da Area Recreativa de Breamo: Cal é a periodicidade dos traballos na mesma? Podería incrementarse o seu coidado en épocas de maior uso? Teñen prevista a reparación da iluminación da capela?
10ª.- Cando teremos a nova ordenanza que regule o uso de espacios comúns e poña orde, estética e seguridade nas rúas e prazas garantindo a boa convivencia entre o uso público e privado das mesmas?
11ª.- Xa saben algo máis sobre o novo aparcadoiro prometido tamén en campaña, hai algún escrito que o confirme?
12ª.- Cal é a razón pola que a día de hoxe aínda non se realizaron as obras de rehabilitación da Alameda de Raxoi aprobadas en Sesión Plenaria e que terían que ser sufragadas có aforro resultante da redución dos salarios dos funcionarios imposta polo Goberno do Estado?, ante o lamentable estado que presenta, cando pensan prohibir a entrada de vehículos a esta importante zona verde?
13ª.- Na Sesión Plenaria mencionada anteriormente aprobáramos tamén a adquisición de novo mobiliario para este Salón de Plenos, cando pensan instalar dito material?
14ª.- No BOP do pasado martes 11 de xullo, sendo aínda Presidente do ente Provincial D. Salvador Fernández Moreda, publicábase a “Contratación mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración da redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na DP 4803 de Miño a Pontedeume por Perbes pk 7+100 ao 10+225 (Pontedeume). Agora que a Deputación Provincial atópase presidida polo Partido Popular seguirá mantendo o Sr. Alcalde a súa “preferencia” porque sexa esta administración a que expropie os terreos necesarios pala facer efectiva esta actuación en lugar de negociar a cesión dos mesmos dende o Concello?
15ª.- Manexan algunha data para o remate das obras do novo Club de piragüismo?
16ª.- Cando pensan sacar a concurso as prazas de Policía Local vacantes na RPT?
17ª.- Falaba novamente o Sr. Alcalde hai algunhas semanas na prensa da instalación de cámaras de “videovixilancia” na nosa vila, teñen elaborado algún proxecto ao respecto?


