Archivo | mayo, 2011

1.129 gracias a todos e todas

23 may

Dende o PSdeG-PSOE eumés queremos dar a noraboa ao Partido Popular de Pontedeume pola súa victoria nos comicios de onte domingo 22 de Maio, así como aos seus votantes.

Ábrese unha nova etapa na nosa Vila cunha maioría absoluta da dereita, onde terá liberdade absoluta tamén, para levar a cabo os seus proxectos sen desculpas. O PSdeG-PSOE segurirá traballando por e para Pontedeume, como o ven facendo ata o de agora con responsabilidade e esforzo.

Só queda, darvos as grazas aos 1.129 veciños e veciñas de Pontedeume, que nos apoiáchedes para seguir sendo a segunda forza política do Concello, e vos aseguramos que estaredes ben representados.

Este domingo….

20 may

Programa 2011: O que hai que facer en parroquias

18 may

A actuación do Goberno local debe ser un impulso para o desenvolvemento das parroquias, garantindo un aumento da calidade de vida dos seus habitantes coa mellora de servizos básicos (recollida de lixo, abastecemento, saneamento, etcétera.), infraestruturas e valores ambientais.

É por iso que o rural eumés ocupará un lugar preferente no programa de goberno.

  •  Mellora e racionalización do servizo de recollida de lixo así como instalación de colectores de máis capacidade e recollida selectiva.
  • Arranxo e mantemento de fontes e lavadoiros asignando esta tarefa de forma exclusiva a un operario municipal.
  •  Mellora do servizo de mantemento do alumeado público.

A actuación do Goberno local debe ser un impulso para o desenvolvemento das parroquias, garantindo un aumento da calidade de vida dos seus habitantes coa mellora de servizos básicos (recollida de lixo, abastecemento, saneamento, etcétera.), infraestruturas e valores ambientais.

É por iso que o rural eumés ocupará un lugar preferente no programa de goberno.

  • Mellora e racionalización do servizo de recollida de lixo así como instalación de colectores de máis capacidade e recollida selectiva.
  • Arranxo e mantemento de fontes e lavadoiros asignando esta tarefa de forma exclusiva a un operario municipal.
  • Mellora do servizo de mantemento do alumeado público.

Mitin Central Campaña 2011: Intervención Bernardo Fernández Piñeiro

16 may

O pasado venres celebramos na Casa da Cultura o mitin central de cara ás eleccións municipais do domingo que ven. Estivemos acompañados da Secretaria de Estado de Función Pública, Consuelo Rumí, e pola parlamentaria autonómica, Beatriz Sestayo. Da nosa Agrupación interviron María del Carmen Cascallar, concelleira e número 2 da candidatura, e Bernardo Fernández Piñeiro, candidato socialista á alcaldía de Pontedeume.

Ao acto asistiron cerca de 120 persoas que despois disfrutaron dunha copa de viño do país no claustro da Casa da Cultura.

A continuación, podedes ver a intervención do noso candidato que aproveitou para presentar as principais liñas do programa electoral. Merece a pena dedicar 10 minutos a escoitar a Bernardo Fernández Piñeiro.

Programa 2011: O que hai que facer en seguridade cidadá e protección civil

16 may

A policía local é unha institución básica para a seguridade cidadá e a garantía dunha convivencia cívica. É urxente a convocatoria das prazas vacantes da Relación de Postos de Traballo (RPT). Nesta materia os nosos obxectivos son:

  • Ampliar os efectivos da policía local, aumentando os recursos humanos e materiais.
  • Aumento das quendas de traballo para lograr unha maior presenza policial.
  • Constituiremos a Xunta Local de Seguridade encargada de establecer os procedementos de colaboración e coordinación entre as diferentes forzas e corpos de seguridade do Municipio.

Estas medidas irán acompañadas dun maior apoio e aproveitamento do servizo de Protección Civil. Para iso será necesario:

  • Fomentar o voluntariado de Protección Civil.
  • Incrementar a súa eficacia e operatividade promovendo a formación continua de todos os seus membros, dotándoa de maiores recursos materiais.
  • Xestionar coa Xunta de Galicia a apertura dun Parque de primeira intervención.
  • Elaboraremos o Plan de Emerxencia Municipal (PEMU), onde se establece e planifica o dispo- sitivo necesario de intervención en situacións de emerxencia e establece a coordinación de todos os servizos públicos e privados que interveñen.
  •  Elaboraremos boletíns de difusión para a poboación con recomendacións para actividades ao aire libre, inundacións, espectáculos públicos, olas de frío ou calor, seguridade en edificios, etc.
  •  Desenvolver un Plan de emerxencia para a seguridade dos edificios públicos.

Programa 2011: O que hai que facer en políticas sociais e sanidade

13 may

As políticas sociais, esenciais para a construción dunha sociedade xusta e cohesionada, teñen sido un foco de ataque sen tregua do Goberno local dende a toma de posesión. Os catro anos de goberno do PP tradúcense en destrución de servizos sociais públicos, destrución de emprego social, privatizacións de servizos públicos,… O perigo dun deterioro irreversible ata a desaparición das políticas sociais parece planear na vontade política do goberno popular en Pontedeume.

A conciliación da vida laboral e familiar constitúe un dos eixes básicos para o desenvolvemento dunha sociedade máis igualitaria e con maior calidade de vida para todas as persoas. Dende o Partido Socialista comprometémonos dun xeito firme coa integración plena da muller no sistema produtivo e impulsaremos as políticas sociais que favorezan estes cambios. Loitaremos pola Integración Plena de todos os sectores da sociedade coas seguintes medidas:

  • Avance no apoio ás familias con menores rendas ou maior vulnerabilidade social para que se garante a igualdade de oportunidades.
  •  Fomento dos servizos asistenciais de proximidade có obxectivo de facilitar a permanencia das persoas maiores no seu entorno natural coas debidas garantías de dignidade e autonomía: Reforzaremos Servizos de Axuda a Domicilio, Xantar na Casa e Teleasistencia ás persoas maiores, aos doentes en situación de dependencia e ás familias en risco de exclusión.
  • Posta en marcha de programas de formación para traballar nos servizos de atención ás persoas con dependencia, procurando a súa profesionalización e evitando a precarización. Ademais realizaremos programas de apoio, asesoramento e formación a familiares de persoas dependentes.
  •  Fomento do voluntariado das persoas maiores. A súa experiencia e o seu tempo é un recurso útil e necesario.
  • É preciso variar os horarios, apostar pola flexibilidade nos servizos públicos.
  •  Unha racionalización dos horarios comerciais compatible coa conciliación da vida profesional e persoal de mulleres e homes.

O dereito á protección da saúde non é só o de recibir coidados sanitarios senón tamén a promoción de medidas preventivas e de vida saudable. Comprometémonos a traballar pola prevención e promoción no campo da saúde.

Aspiramos a que Pontedeume sexa un espazo saudable e propoñemos as seguintes medidas:

  • Promover programas de prevención de condutas de risco no tema das dependencias, tabaco, alcohol, drogas e tamén contra o sedentarismo para promover dietas e lecer sans e de educación no uso responsable das novas tecnoloxías. Realizaranse campañas de saúde pública e prevención de embarazos non desexados e enfermidades de transmisión sexual entre adolescentes.
  • Facilitar o acceso de todas as persoas ás diferentes actividades deportivas e recreativas eliminando barreiras de índole económico.
  • Apoiaremos as propostas da Mesa da Sanidade como ferramenta para a defensa activa deste dereito básico.
  • Esixiremos á Xunta o continuo desenvolvemento dos equipamentos de Saúde Pública na vila.
  • Poremos os medios para unha eficaz coordinación dos servizos sanitarios e sociais, optimizando todos os recursos dispoñibles.
  • Desenvolver programas deportivos terapéuticos, en colaboración coas entidades sociais e sanitarias. Na promoción deportiva desenvolveremos programas específicos para nenos e nenas con minusvalías ou inadaptacións.
  • Elaboración de programas de saúde, educación e deporte para combater os trastornos alimenticios (anorexia, bulimia, obesidade) entre os mozos e mozas.

Programa 2011: O que hai que facer en deporte

12 may

Os Concellos deben incorporar o deporte á vida cotiá como expresión de calidade de vida, desenvolvemento e benestar cidadá. Neste sentido, propiciamos o desenvolvemento dunha práctica deportiva que cubra as distintas necesidades e axude a lograr o equilibrio vital necesario. O deporte é sen dúbida, un elemento de desenvolvemento, de xeración de saúde e benestar persoal, un complemento á educación dos nenos e nenas e un factor que aporta saúde física e mental.

Para logralo levaremos a cabo estes puntos:

  • Realizar xestións para a construción de novas infraestruturas deportivas, e mellora das existentes a través de fondos públicos e en colaboración con outras Administracións Públicas.
  • Promoción dos deportes en contacto coa natureza: escalada, sendeirismo, remo, ciclismo, cross, equitación… promovendo unha cultura de respecto e protección do entorno natural.
  • Establecer vínculos entre os centros educativos, escolas deportivas municipais e clubs coa finalidade de desenvolver e perfeccionar as escolas deportivas en colexios públicos e concertados.
  • Promoción de acordos de colaboración con entidades deportivas e culturais para a adecuación dos seus prezos ao poder adquisitivo dos mozos e mozas, así coma o das familias numerosas.
  • Potenciación das Escolas Deportivas e do deporte base promovendo a formación de monitores.
  • Impulsar a participación deportiva das mulleres, especialmente naquelas especialidades onde son minoritarias.
  • Promover e apoiar o deporte entre as persoas maiores como fonte de benestar e saúde.
  • Crear instalacións deportivas para maiores nos parques públicos, combinando a práctica deportiva coa rexeneracións dos espazos públicos.
  • Fomentar a Gala anual do deporte Eumés.
  • Difusión da actividade deportiva Municipal coa publicación de revistas, trípticos, manuais, etc.

Programa 2011: O que hai que facer en participación cidadá

11 may

A participación cidadá a contemplamos como un factor de modernización da xestión pública, forma parte do cambio que buscamos acadar no xeito das relacións das persoas coa Entidade Local. Pretendemos que a cidadanía desempeñe un rol activo, demandante, reivindicativo e critico.

  • Constituiremos o Consello Veciñal como integrador das asociacións veciñais na acción de goberno, para que fagan unha labor ponte entre o cidadán e o Concello.
  •  Como plan piloto, impulsaremos a elaboración dos Orzamentos Participativos.
  • Nos comprometemos á rendición de contas anuais e a avaliación da política local, a través, da celebración anual dun debate sobre o estado do Concello.
  • Promoveremos a implantación de novos vías telemáticas para as relaciones administrativas entre o Concello e os Cidadáns.
  •  Crearemos a Oficina Municipal de atención e asesoramento ao cidadán.
  •  Estudaremos a posibilidade de dotar de oficinas propias a colectivos e asociacións para desenvolver máis comodamente a súa actividade.

Programa 2011: O que hai que facer en medio ambiente

10 may

Pensamos que o medio ambiente non pode ser un condicionante que limite o desenvolvemento, senón que o medio ambiente e o desenvolvemento son indisociables.

Estamos no tempo de preservar a natureza para as vindeiras xeracións, sempre e cando esteamos dispostos a afrontar cambios radicais na nosa forma de vida e no xeito de relacionarnos co medio. A nosa política medioambiental busca conseguir un equilibrio que permita as melloras das condicións de vida dos cidadáns mediante unha explotación racional e respectuosa có medio ambiente.

  • Elaborar unha Ordenanza Municipal de Protección do Medio Ambiente como instrumento clave para establecer un marco normativo que, có fin de garantir a sostibilidade ambiental, regule a intervención administrativa Municipal en todas as actividades que poidan incidir no medio.

Dito marco normativo incidirá en catro aspectos ambientais:

  • Ciclo da auga: Abastecemento, rede de sumidoiros, augas pluviais, fontes públicas. Depuración e consumo de auga.
  • Espazos verdes: Atender ós compromisos de deseño, execución, vixilancia e conservación das áreas verdes e ó arborado urbano.
  • Enerxía e calidade ambiental: Eficiencia enerxética do alumeado público, incentivar o uso do transporte colectivo. Estableceremos criterios de calidade ambiental en materia de ruídos.
  • Natureza e biodiversidade: Promoción de itinerarios verdes e áreas recreativas. Funcións de inspección e control dos vertedoiros incontrolados, incendios forestais, praias. Elaboración dun listado da vexetación singular que existe no Municipio.
  • Organizar e colaborar coas actividades con fins ecoloxistas e de sensibilización medioambiental, con apoio informativo e de medios, xunto coa participación por parte do Concello e dos estudantes na celebración da campaña mundial “La Hora del Planeta”, o “Día da árbore” , etcétera.

Mesa redonda con Fermín Bouza e Antón Baamonde

9 may

O pasado 18 de abril organizamos unha mesa redonda sobre a situación política actual en Galicia e España na que participaron Fermín Bouza e Antón Baamonde e que presentou o noso portavoz e candidato á alcaldía, Bernardo Fernández Piñeiro.

Aquí vos deixamos o vídeo da presentación e un pequeno corte da intervención de Fermín Bouza.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.