Preguntas que levamos ao vindeiro Pleno da Lexislatura. Abril de 2011.

27 abr

1ª.- No ano 2007, no seu programa electoral o PP de Pontedeume anunciaba que neste mandato “la limpieza sería una de las señales de identidad de nuestro pueblo”. En vista desta promesa ata o de agora incumprida, a que se debe que no pasado Pleno Municipal, o PP votase en contra dunha moción que instaba ao goberno local a limpar as fontes e lavadoiros da vila e das parroquias, ademais de gardar una partida mínima nos orzamentos para levalo a cabo? Segue a pensar o Alcalde que a xente da vila e das parroquias non usa as fontes por que só bebe auga embotellada?

2ª.- Poderíannos informar  de onde está situada a Oficina de Atención ao Cidadán que prometían crear no ano 2007?

3ª.- A que se debe que a Oficina de Turismo da nosa vila permaneza pechada a maior parte do ano? Segue o mesmo horario que a inexistente Oficina de Atención ao Cidadán? É esa a súa aposta definitiva por potenciar o turismo da nosa vila?

4ª.- Que melloras acadaron ata agora no eido sanitario para a nosa vila?

5ª.-  Pódennos informar de que xestións realizaron para a promover e ofertar Vivendas de Protección Oficial?

6ª.- Tras a perda e redución de servizos como son os campamentos de verán, subvencións para abrir os colexios fora do horario escolar,axudas a determinadas asociacións coma o teatro Arjé, perda do Noitebús ou similares, do Instituto de Mariña que prometeran non perder no ano 2007, dos Plans de Emerxencia Municipal, etcétera, teñen feita algunha xestión para achegar melloras no eido educativo? De ser así poderíannos explicar a todos e todas porque foi o seu goberno o que votou en contra dunha moción do noso grupo Instando a Xunta a mellorar a nosa educación pública?

7ª.- Vimos denunciando desde fai catro anos, xunto con departamento de intervención, así coma tamén pola súa ex compañeira Ruth García (a cal dimitiu culpándoos de realizar actividades sospeitosas e de abandono de funcións) a contratación fraudulenta e irregular de determinadas empresas afines a Partido Popular. A que se debe que a día de hoxe non se haxa ofertado legalmente a recollida de enseres, do alumeado público, do mantemento do centro de maiores, do mantemento do pavillón municipal e do servizo de atención aos dependentes? É esa a transparencia na contratación que prometía o PP no Programa Electoral do ano 2007?

8ª.- Tras gastar o goberno local 60.000 en bancos, a maioría de 630€ a unidade, situando a nosa vila no primeiro posto do ranking bancario; tras pagar miles de euros a unha empresa privada por realizar o traballo que ten que levar a cabo o persoal do noso Concello, como montar a carpa municipal, trasladar os mómaros ou colgar unha pancarta; tras gastar 9.000€ a unha empresa de Portugal pola retransmisión dun partido de dúas horas, mentres que os municipios veciños pagaban menos de 3000€; o noso grupo vese na obriga de ter que preguntarlles, qué entenden vostedes por austeridade e aforro no gasto, en época de crise? E, é a diminución dos servizos e o aumento do malgasto, a súa política definitiva de austeridade prometida no ano 2007? É esta a súa política de “búsqueda de ahorro” que prometían no ano 2007?

9ª.- Na pasada entrevista na Opinión, o Sr. Alcalde afirmaba ter o diñeiro para o arranxo do Mercado Municipal, podería poñernos ao día e informarnos sobre esta cuestión?

10ª.- Tras deixar pasar o seu grupo a construción dun centro de DIA e unha Escola Infantil sufragada na súa totalidade pola Xunta do Bipartito, gustaríanos preguntar que fixo o goberno local para aumentar as prazas de Educación Infantil na nosa vila nestes catro anos? Segue o Sr. Crespo a afirmar que o PXOM aprobarase este ano como afirmou en prensa, e que namentres non sexa así non aumentarán o número de prazas de cero a tres anos?

11ª.- Que actividades de formación se levaron en Foremdes durante estes catro anos, e cales teñen programadas a día de hoxe? E consciente Sr. Otero que rematará a lexislatura sendo o Concelleiro de Facenda, Cultura e Formación que máis servizos deixou de ofertar, e que menos esforzos fixo por realizar o seu traballo?

12ª.- Poden informarnos sobre que fixo o seu goberno pola mocidade nestes catro anos, a parte de perder e reducir servizos orientados para o ocio e benestar de dito colectivo?

13ª.- Nunhas declaracións en prensa, o Sr. Alcalde afirmou que non presentaban uns orzamentos para o ano 2011 por que, xa daban por sentado que os grupos da oposición non os íamos a aprobar, pese a non ter falado a día de hoxe con ningún de nós. A súa vez afirmaba que en anteriores anos negociou os orzamentos co resto de agrupacións. Poderíanos informar de con que grupos non representados na oposición negociou os orzamentos do ano 2009 ou do ano 2010, xa que cos aquí representados non tivo a ben facelo? As súas propias declaracións, non lle parecen suficiente motivo para decatarse que vostedes están en minoría desde que o seu compañeiro de andainas, o COE, tivo a ben abandonalos a súa deriva, polo que estaban obrigados xa dende hai tempo a ter unha actitude coherente, democrática, conciliadora e de consenso con todos os grupos da oposición, os cales representamos a inmensa maioría da cidadanía eumesa?

14ª.- Tras dúas sentenzas do TSXG en contra da actitude do goberno local, no tocante a negociación colectiva e a convocatoria da oferta pública de emprego, que xestións teñen levado a cabo ata o de agora cos empregados e sindicatos para chegar a un acordo?

15ª.- Tras tres anos de Concelleiro de Educación do señor Crespo, o Consello Escolar de inicio e final de curso NUNCA foi convocado en tempo e forma. É por iso que xa consideramos que a aposta de mellora por parte deste goberno pola educación e ben escasa, cando non inexistente, de todos modos e a nosa obriga esixirlles e preguntarlles porque a día de hoxe seguen sen pagarse as axudas as ANPAS da nosa vila, ou a axuda para a compra de material escolar ás familias, que xa tiñan que haberse abonado o pasado ano? Porque se felicitan en prensa en Febreiro do ano seguinte, pola prontitude do pago, cando a día de hoxe e rematando o mes de Abril segue sen haberse levado a cabo o pagamento destas axudas?

16ª.- En pasadas declaracións en prensa, o Sr. Alcalde afirmou que o seu grupo había cumprido o 98% do seu Programa Electoral, segue a pensar o mesmo? De ser así, coñece o Sr. Alcalde o Programa Electoral do seu partido?

Advertisement

Etiquetas:

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.