O sociólogo Fermín Bouza e o filósofo Antón Bahamonde impartirán o próximo luns 18 unha charla na que analizarán a situación actual da política galega e o escenario electoral que se presenta nestas próximas eleccións municipais do próximo mes de maio.
Este acto, organizado polo PSdeG-PSOE de Pontedeume e presentado polo seu candidato a alcaldía Bernardo Fernández Piñeiro, terá lugar o Luns 18 de abril, ás 20:30 no Centro de Maiores de Pontedeume. Entre os asistentes haberá importantes dirixentes socialistas comarcais e provinciais, así como numerosos personalidades procedentes do ámbito da cultura.
Advertisement

