Archivo | abril, 2011

Entrevista a Bernardo Fernandez en Cope Ferrol

29 abr

Vos deixamos unha serie de entrevistas a tódolos candidatos á Alcaldía do Concello de Pontedeume.

O noso Candidato fala a partir do minuto 10:00.

ENTREVISTAS COMPLETAS AQUÍ

Preguntas que levamos ao vindeiro Pleno da Lexislatura. Abril de 2011.

27 abr

1ª.- No ano 2007, no seu programa electoral o PP de Pontedeume anunciaba que neste mandato “la limpieza sería una de las señales de identidad de nuestro pueblo”. En vista desta promesa ata o de agora incumprida, a que se debe que no pasado Pleno Municipal, o PP votase en contra dunha moción que instaba ao goberno local a limpar as fontes e lavadoiros da vila e das parroquias, ademais de gardar una partida mínima nos orzamentos para levalo a cabo? Segue a pensar o Alcalde que a xente da vila e das parroquias non usa as fontes por que só bebe auga embotellada?

2ª.- Poderíannos informar  de onde está situada a Oficina de Atención ao Cidadán que prometían crear no ano 2007?

3ª.- A que se debe que a Oficina de Turismo da nosa vila permaneza pechada a maior parte do ano? Segue o mesmo horario que a inexistente Oficina de Atención ao Cidadán? É esa a súa aposta definitiva por potenciar o turismo da nosa vila?

4ª.- Que melloras acadaron ata agora no eido sanitario para a nosa vila?

5ª.-  Pódennos informar de que xestións realizaron para a promover e ofertar Vivendas de Protección Oficial?

6ª.- Tras a perda e redución de servizos como son os campamentos de verán, subvencións para abrir os colexios fora do horario escolar,axudas a determinadas asociacións coma o teatro Arjé, perda do Noitebús ou similares, do Instituto de Mariña que prometeran non perder no ano 2007, dos Plans de Emerxencia Municipal, etcétera, teñen feita algunha xestión para achegar melloras no eido educativo? De ser así poderíannos explicar a todos e todas porque foi o seu goberno o que votou en contra dunha moción do noso grupo Instando a Xunta a mellorar a nosa educación pública?

7ª.- Vimos denunciando desde fai catro anos, xunto con departamento de intervención, así coma tamén pola súa ex compañeira Ruth García (a cal dimitiu culpándoos de realizar actividades sospeitosas e de abandono de funcións) a contratación fraudulenta e irregular de determinadas empresas afines a Partido Popular. A que se debe que a día de hoxe non se haxa ofertado legalmente a recollida de enseres, do alumeado público, do mantemento do centro de maiores, do mantemento do pavillón municipal e do servizo de atención aos dependentes? É esa a transparencia na contratación que prometía o PP no Programa Electoral do ano 2007?

8ª.- Tras gastar o goberno local 60.000 en bancos, a maioría de 630€ a unidade, situando a nosa vila no primeiro posto do ranking bancario; tras pagar miles de euros a unha empresa privada por realizar o traballo que ten que levar a cabo o persoal do noso Concello, como montar a carpa municipal, trasladar os mómaros ou colgar unha pancarta; tras gastar 9.000€ a unha empresa de Portugal pola retransmisión dun partido de dúas horas, mentres que os municipios veciños pagaban menos de 3000€; o noso grupo vese na obriga de ter que preguntarlles, qué entenden vostedes por austeridade e aforro no gasto, en época de crise? E, é a diminución dos servizos e o aumento do malgasto, a súa política definitiva de austeridade prometida no ano 2007? É esta a súa política de “búsqueda de ahorro” que prometían no ano 2007?

9ª.- Na pasada entrevista na Opinión, o Sr. Alcalde afirmaba ter o diñeiro para o arranxo do Mercado Municipal, podería poñernos ao día e informarnos sobre esta cuestión?

10ª.- Tras deixar pasar o seu grupo a construción dun centro de DIA e unha Escola Infantil sufragada na súa totalidade pola Xunta do Bipartito, gustaríanos preguntar que fixo o goberno local para aumentar as prazas de Educación Infantil na nosa vila nestes catro anos? Segue o Sr. Crespo a afirmar que o PXOM aprobarase este ano como afirmou en prensa, e que namentres non sexa así non aumentarán o número de prazas de cero a tres anos?

11ª.- Que actividades de formación se levaron en Foremdes durante estes catro anos, e cales teñen programadas a día de hoxe? E consciente Sr. Otero que rematará a lexislatura sendo o Concelleiro de Facenda, Cultura e Formación que máis servizos deixou de ofertar, e que menos esforzos fixo por realizar o seu traballo?

12ª.- Poden informarnos sobre que fixo o seu goberno pola mocidade nestes catro anos, a parte de perder e reducir servizos orientados para o ocio e benestar de dito colectivo?

13ª.- Nunhas declaracións en prensa, o Sr. Alcalde afirmou que non presentaban uns orzamentos para o ano 2011 por que, xa daban por sentado que os grupos da oposición non os íamos a aprobar, pese a non ter falado a día de hoxe con ningún de nós. A súa vez afirmaba que en anteriores anos negociou os orzamentos co resto de agrupacións. Poderíanos informar de con que grupos non representados na oposición negociou os orzamentos do ano 2009 ou do ano 2010, xa que cos aquí representados non tivo a ben facelo? As súas propias declaracións, non lle parecen suficiente motivo para decatarse que vostedes están en minoría desde que o seu compañeiro de andainas, o COE, tivo a ben abandonalos a súa deriva, polo que estaban obrigados xa dende hai tempo a ter unha actitude coherente, democrática, conciliadora e de consenso con todos os grupos da oposición, os cales representamos a inmensa maioría da cidadanía eumesa?

14ª.- Tras dúas sentenzas do TSXG en contra da actitude do goberno local, no tocante a negociación colectiva e a convocatoria da oferta pública de emprego, que xestións teñen levado a cabo ata o de agora cos empregados e sindicatos para chegar a un acordo?

15ª.- Tras tres anos de Concelleiro de Educación do señor Crespo, o Consello Escolar de inicio e final de curso NUNCA foi convocado en tempo e forma. É por iso que xa consideramos que a aposta de mellora por parte deste goberno pola educación e ben escasa, cando non inexistente, de todos modos e a nosa obriga esixirlles e preguntarlles porque a día de hoxe seguen sen pagarse as axudas as ANPAS da nosa vila, ou a axuda para a compra de material escolar ás familias, que xa tiñan que haberse abonado o pasado ano? Porque se felicitan en prensa en Febreiro do ano seguinte, pola prontitude do pago, cando a día de hoxe e rematando o mes de Abril segue sen haberse levado a cabo o pagamento destas axudas?

16ª.- En pasadas declaracións en prensa, o Sr. Alcalde afirmou que o seu grupo había cumprido o 98% do seu Programa Electoral, segue a pensar o mesmo? De ser así, coñece o Sr. Alcalde o Programa Electoral do seu partido?

Presentación en Neda dos candidatos comarcais do PSdeG-PSOE

18 abr

O pasado sábado en Neda tivemos a presentación dos candidatos do PSdeG-PSOE ás alcaldías da comarca. Ademais de cada un dos candidatos, interviron o Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, e o Presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda. Aquí vos deixamos a intervención do noso candidato, Bernardo Fernández Piñeiro, e algunhas fotos do acto.




Fermín Bouza e Antón Bahamonde analizarán en Pontedeume o escenario político e electoral galego

16 abr

O sociólogo Fermín Bouza e o filósofo Antón Bahamonde impartirán o próximo luns 18 unha charla  na que analizarán a situación actual da política galega e o escenario electoral que se presenta nestas próximas eleccións municipais do próximo mes de maio.

Este acto, organizado polo PSdeG-PSOE de Pontedeume e presentado polo seu candidato a alcaldía Bernardo Fernández Piñeiro, terá lugar o Luns 18 de abril, ás 20:30 no Centro de Maiores de Pontedeume. Entre os asistentes haberá importantes dirixentes socialistas comarcais e provinciais, así como numerosos personalidades procedentes do ámbito da cultura.

Un centenar de vecinos de Boebre ceden sus tierras para la construcción de aceras

16 abr

“Al Ayuntamiento no le interesa que se construyan las aceras en Boebre y trata de retrasar las obras todo lo posible y engaña a la gente”. Con esta frase resume el presidente de la Asociación de Vecinos de Boebre, Andrés Lourido, la actuación del Gobierno local en relación al proyecto incluido en el Plan de Travesías de la Diputación del año 2008 para dotar de aceras a parte de esta parroquia de Pontedeume.

Cerca de un centenar de firmas, concretamente 98 de los 109 afectados, son las que la directiva del colectivo vecinal entregó ayer por registro en la sede del organismo provincial para reflejar la cesión “voluntaria” de los terrenos para la ejecución de las aceras en la carretera provincial 4803, que discurre entre el municipio vecino de Miño y Boebre, una histórica demanda de los vecinos del lugar.

La “pasividad” del Ejecutivo municipal es lo que ha motivado que el colectivo vecinal se haya puesto al frente de esta causa. Andrés Lourido afirma que el Ayuntamiento tiene la obligación de negociar la cesión de los terrenos con los afectados “pero lo que el Gobierno local quería era llegar a la expropiación forzosa, que ya fue denegada por la Xunta”.

Una partida de 1.153.589 euros está retenida desde hace tres años cuando se aprobó el proyecto, aprobación que estuvo precedida de una complicada tramitación que comenzó en 2002.

El portavoz municipal del Partido Socialista (PSOE), Bernardo Fernández Piñeiro, que acompañó a los tres miembros de la directiva a la Diputación para la entrega de las 98 firmas recogidas, recuerda que el alcalde, Gabriel Torrente, “se dedicó a decir que “ni existía el dinero ni el proyecto” en un intento de no propiciar una actuación gestionada por el anterior Gobierno local, integrado por PSOE, Bloque Nacionalista Galego e Independientes por Pontedeume. El Ejecutivo municipal alegó en diversas ocasiones problemas en la cesión de los terrenos para explicar el continuado retraso de las obras.

El siguiente paso es que la Diputación se ponga en contacto con cinco vecinos que, según explica el colectivo, hicieron efectiva la cesión de sus tierras en el Ayuntamiento y con los seis afectados restantes y después se procederá a licitar la actuación aunque, advierte, que los trámites llevarán un tiempo y la construcción de las aceras “no comenzará en un mes”.

VISTO EN “LA OPINION DE A CORUÑA

Empezamos a campaña de encontros veciñais “Pontedeume, dámoslle unha volta?”

11 abr

O pasado venres comezamos en Centroña os actos de precampaña que nos levarán a realizar reunións en todas as parroquias da Vila. Estes encontros veciñais agrupados baixo o título “Pontedeume, dámoslle unha volta?” teñen como obxectivo escoitar ás veciñas e veciños eumeses, recabando opinións e ideas de cara á elaboración do noso programa electoral.

O noso candidato á alcaldía, Bernardo Fernández Piñeiro, acompañado dos membros da candidatura M. Carmen Cascallar, Jesús García, Ramón Rodríguez e Josefa Lourido, quixo destacar o simbolismo de que este primeiro encontro se celebrase en Centroña, xa que é a parroquia na que viviu “toda a vida”. Tras unha breve introdución,Fernández Piñeiro fixo un resumo da situación na que se atopa a nosa vila e, máis en particular, Centroña.

A continuación, as veciñas e veciños trasladaron as súas inquedanzas aos membros da candidatura, as cales se focalizaron en tres cuestións principais: servizo de recollida de lixo, construcción das beirarrúas e limpeza e mantemento de camiños públicos, así como fontes e lavadoiros. Trasladaron tamén o seu malestar ante o mal funcionamento da área de urbanismo do Concello.

Todas estas aportacións serán tidas en conta no proceso de elaboración do noso programa electoral. O candidato socialista agradeceu a asistencia e o interese amosado polos veciños, e animou ao resto de parroquias a que se mobilicen e asistan aos seis actos restantes.

Podedes consultar o calendario de visitas neste enlace.

 

Comentarios ao Pleno de Marzo 2011

7 abr

Nesta ocasión si tiñamos na convocatoria puntos para ser debatidos, logo de varios meses de baleiro total por parte do goberno municipal. Sen ser grandes propostas, sí son algunhas básicas para o desenvolvemento do día a día eumés, como a regulación de axudas específicas que, por fin, e a remates de lexislatura, chegaron a Pleno.

- Apoiamos có noso voto a delegación na Deputación da recadación da taxa pola utilización privativa do solo, subsolo ou voo das vías públicas, como xa están transferidas outras taxas axilizando deste xeito coa axuda da Deputación a Admón. Local.

- Abstivémonos  nos puntos 3, 4 e 5: Recoñecemento extraxudicial de créditos e modificación de créditos

- Votamos afirmativo no caso das ordenanzas de Cultura e Deportes. No caso de  Cultura  aceptaron ademais as emendas que espuxemos en Comisión, modificando o baremo para ter en conta ademais do nº de socios o nº de beneficiarios ás que van dirixidas as actividades e a dificultade da organización, reforzando a puntuación nestes dous últimos casos. Na ordenanza de subvencións para entidades e  actividades deportivas botamos en falta que non se valorara la coeducación ou a presencia feminina nas actividades logo de facer referencia ao deporte feminino nas actividades subvencionables. Instamos á rápida elaboración do Rexistro Municipal de Asociacións pendente dende o 2008 e a que realmente estas ordenanzas sexan debidamente publicitadas, que todas as asociacións estean debidamente informadas, que non se “esquezan“ de ningunha como está a pasar có grupo de teatro Arjé que leva dende 2007 sen apoio municipal.    O importe máximo de 11500€ para as subvencións de Cultura e de 4500€ para actividades deportivas (Moito máis se gastou en só un partido de fútbol no verán, claro que eran campións e non categorías base)

Logo pasamos aos Rogos e Preguntas que podedes mirar nesta mesma web:

Coas respostas, o Sr Voceiro do Grupo de Goberno, veu a expresar unha vez máis o escaso e ineficaz traballo actual e o que e peor a falta de planificación do que está por vir:

- Na 1ª pregunta dixo o Sr.Otero que estaban todas as axudas debidamente xustificadas xa pagadas, xa no momento dixémoslle que faltaban a lo menos todas as de Principio de Curso de Material Escolar para as familias máis necesitadas, o seu compañeiro de filas o Concelleiro de Educación veuse obrigado a confirmar a nosa afirmación logo de dicir en agosto que a súa nova ordenanza ía axilizar os pagos… Pois menos mal! Ao día seguinte persoalmente a nosa Concelleira informou ao Sr. Otero de outra axuda sen pagar, que el non coñecía… E seguro que quedan máis!

- A 2ª pregunta incomodou especialmente ao Sr Voceiro, pois metiámonos nas súa directa responsabilidade, mais ben irresponsabilidade, pois nada fixo e nada hai de momento planificado que poida informar. Falou algo de facer o día da Árbore no verán pois agora chove… Será  por iso que se planta agora e non en agosto Sr. Otero! Ou en Nogueirosa plantan no verán e recollen no inverno? A educación ambiental e o coidado do  Medio e un campo que pouco ou ningún  tempo ocupa no horario do Sr. Concelleiro e o Sr. Alcalde coas súas declaración no Pleno reforza esa mesma postura.

- A novidade con respecto aos CELGA é que en Pontedeume non vai haber formación deste tipo pois non deron xuntado xente…A política de Formación e Emprego existe dende que goberna o PP en Pontedeume? Que eficacia!, canta publicidade!, que gran interese teñen na formación, en este caso en Galego, pero poderiamos falar de calquera materia!

- Pero eso si na 4ª pregunta dixeron que os taboleiros eran solo para eles, as asociacións que colaboran con Pontedeume para completar, cando non suplir as competencias que ten o Concello de dar servizos culturais ou deportivos non os poderán utilizar. Eso si, poden organizarse para facer un taboleiro para todas elas… Canta xenerosidade, que grande mostra de  tolerancia!

- A Alameda vai seguir sendo un aparcadoiro en vez de unha zona verde de lecer “sine die”. As melloras na Alameda aprázanse e logo de ter un orzamento xa aprobado para esa obra hai que aprobar outro ampliado pois é morteiro e non area e o presuposto sobe.É alucinante, ou non?

- Na 6ª pregunta agora o Sr Crespo di que o repetidor “wifi” de Vista Alegre está pendente de retirarse. En pendente está certamente, pero cando Sr. Concelleiro?

- Nos Castros, Valdeviñatos e A Pía ao Sr. Crespo non lle consta que haxa baixada de tensión, coa xente que el falou non teñen queixa algunha…

- Por toda información nun tema tan candente como a Oferta de Emprego o Sr. Otero dixo: “Presentando propostas as dúas partes”.

- E na derradeira xa redondeou o seu gran día como voceiro da nada e do baleiro: “Lamentablemente se ha intentado pero no se pudo, consideramos que no se harán hasta la nueva legislatura” E está falando o Concelleiro de Facenda dun Goberno que xa o pasado ano funcionou con Presuposto prorrogado. Canta eficacia, que Axilidade, que eficiencia!!!

Vos presentamos aos números dous e tres da lista do PSdeG-PSOE eumés á Alcaldía do Concello de Pontedeume

2 abr
Número 2º: María del Carmen Cascallar é mestra de primaria no Colexio Público “Couceiro Freijomil”. É Concelleira do PSdeG-PSOE no Concello de Pontedeume
Número 3º: Jesús García Gonzalez, é natural de Nogueirosa. É mecánico naval e traballa como técnico de prevención de riscos en Navantia Fene. É militante da UGT.
Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.