1ª.- Por que razóns as axudas municipais seguen sen chegar aos seus beneficiarios?
2ª.- Dende 1971 vense celebrando o 21 de marzo o Día Forestal Mundial, máis coñecido como Día da Árbore , este ano non nos consta que se fixera ningún acto organizado dende o Concello, ben pola Concellería de Medio Ambiente, ben dende Cultura. Por que razón, sendo este ano ademais como lles lembrabamos o pasado Pleno o Ano dos Bosques? Pénsase trasladar a outra data? Xa teñen concretada a Planificación para este ano por mor desta conmemoración?
3ª.- Hai algunha novidade con respecto aos CELGA?
4ª.- Na última Asemblea Xeral Ordinaria do Ateneo Eumés Fernán Martís interesábanse polo posible uso dos taboleiros publicitarios municipais. É posible que esta asociación eumesa, como outras culturais ou deportivas poidan anunciar os seus actos nos citados taboleiros? Que canles deberán seguir?
5ª.- Para cando está prevista a prohibición de estacionamento na Alameda e o inicio das obras de reparación desta zona verde?
6ª.- No mes de Xaneiro os veciños de Vista Alegre denunciaban a instalación dun repetidor de “sinal wifi” a carón das súas vivendas. Contou esta obra con a pertinente licencia municipal?, de non ser así, que mediadas se tomaron dende o Goberno Municipal ao respecto?
7ª.- Xa hai tempo que o s veciños de Os Castros, Valdeviñatos e A Pía na parroquia de Andrade veñen denunciando “baixadas” na tensión eléctrica, situación que achacan á insuficiencia de potencia do transformador situado nesa zona . Fíxose algunha xestión ao respecto?
8ª.- O pasado 29 de outubro de 2010 unha sentenza dictada polo Tribunal Superior de Galicia anulou a Oferta de Emprego presentada polo Concello de Pontedeume. Somos coñecedores de que dende ese momento leváronse a cabo varias reunións entre Grupo de Goberno e os representantes dos empregados municipais. Poden informar do resultado de ditas reunións?, en que punto se atopan as negociacións?
9.- Teñen pensado presentar o proxecto de Presupostos de 2011, como recentemente declarou o Sr. Alcalde á prensa, ou rematará a lexislatura co de 2009 reiteradamente prorrogado?


