1º.- Dende hai tres semanas está depositada unha bolsa de lixo de considerables dimensións diante do nº 45 da Rúa Ferreiros, esquina Praza das Angustias. Pregamos a súa retirada e que se investigue quen é o responsable do depósito.
2º.- Pregamos o arranxo e coidado da parte alta do Parque Sarmiento, cortando a herba, plantando flores nos macizos e colocando mais bancos, recomendando que sexan do mesmo modelo que os da Alameda, dos que se acaban de poñer dous na beirarrúa da Avenida da Coruña, ós que lles auguramos o mesmo éxito que os colocados no outro lado que serven de tope para os vehículos estacionados.
3º.- Diante do lamentable estado que presenta o firme da rúa entre o Souto da Vila e o Barro, principalmente na súa parte alta ata a súa conexión coa estrada nacional, pregamos se proceda ó seu arranxo e rebacheo.
4º.- Pregamos o arranxo do panel informativo situado a carón da gasolinera.
5º.- Ante a mala imaxe que representa pregamos a recollida duns enseres depositados na Rúa do Picho dende hai semanas.
6º.- Ante as queixas que nos fixeron chegar veciños da zona, pregamos a recollida do lixo en Cabría Vella, levan 15 días en este servizo.
7º.- Ante o mal estado no que se atopa, pregamos a substitución do colector situado no “Lugar do Monte” na parroquia de Andrade. Así mesmo interesamos se proceda á retirada de varios neumáticos que levan na zona máis dun ano.
8º.- Pregamos a retirada da terra que se atopa no camiño que una “A Brea con A Pía”, na parroquia de Andrade.
9º.- Pregamos o arranxo dunha farola no “Lugar do Monte”.
10.- Ante a invasión da maleza, pregamos o rozado do tramo que discorre entre o “Camiño Vello e a Rectoral” na parroquia de Vilar.
11º.- Pregamos novamente a substitución da marquesina no lugar da “Choza-A Regueira” en Andrade.
12º.- Pregamos a limpeza e reposición das baldosas rotas nas inmediacións do Centro de Saúde.
13º.- Pregamos o rebacheo do Camiño de “Loureiros ao Covés” na parroquia de Andrade.
14º.- En cumprimento da lexislación vixente no que a accesibilidade se refire, pregamos a instalación dunhas varandas nas escaleiras que comunican a Rúa Galera cos Almacéns de Raxoi.
1ª.- Por que razóns as axudas municipais seguen sen chegar aos seus beneficiarios?

