Hoxe, venres día 26, a parlamentaria do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, acompañada polo Voceiro Municipal do PSdeG-PSOE, Bernardo Fernández, mantiveron un encontro con representantes do Comité de Empresa de EINSA para interesarse polo punto no que se atopa o conflicto laboral que afecta a esta industria así como para trasladarlles o apoio do Grupo Socialista aos traballadores.
Nesta reunión os membros do Comité de Empresa fixeron constar aos representantes do PSdeG-PSOE a súa preocupación pola grave situación na que se atopa a empresa, que procedeu ao despido de 23 traballadores hai poucas datas, e polo futuro laboral dos case 400 empregados que a compañía ten nas instalacións de Pontedeume e As Pontes.
Ante unha situación que afecta tan gravemente á economía de moitas familias eumesas e tendo en conta a ausencia de novas iniciativas por parte do Goberno Local, dende o PSdeG-PSOE adquirimos o compromiso de presentar a semana próxima unha iniciativa parlamentaria instando á Xunta de Galicia, e máis concretamente á Consellería de Industria, a mediar no conflicto para a consecución dunha solución que teña en conta as xustas reivindicacións dos traballadores.


