O Grupo Municipal Socialista no Concello de Pontedeume denuncia o estado de abandono no que se atopan os accesos ao núcleo rural de Castrelo na parroquia de Centroña.
Dende hai máis de tres o noso Grupo ven insistindo ante o Goberno Municipal na necesidade de levar a cabo obras de mellora dos accesos a “Castrelo”. Tanto en Pleno coma nas distintas Comisións de Obras nas que se trataron as actuacións a incluír con cargo ao Plan Provincial de Obras (POS) achegamos esta proposta ao Grupo de Goberno, sen que ata o de agora fose atendida polos responsables municipais.
Preguntámonos así mesmo que hai do dito polo Concelleiro deste área, Javier Crespo, quen asegurou nunha reunión mantida con todos os grupos da Corporación que a pesares de que a obra de aglomerado do camiño que discorre entre a estrada provincial CP-4803 e o mencionado
núcleo non chegaría ata o mesmo, unha vez rematados os traballos levaríase a cabo un “rebacheo” desta zona como solución temporal do problema.
Tal e como se pode comprobar na fotografía, a día de hoxe nada se fixo ao respecto. O tamaño dos numerosos “socabóns” existentes na calzada fan que transitar pola zona supoña unha dura proba para os vehículos, marxinando así a uns veciños que pagan os seus impostos como o resto dos eumeses e que non merecen uns accesos que ben poderiamos definir como “terceiromundistas”.
Por todo o exposto, esiximos ao Goberno Municipal que con a maior brevidade posible cumpra con a palabra dada e solucione de forma definitiva este problema.


