POLÍTICAS DE IGUALDADE EN PONTEDEUME???

25 feb

No Pleno de onte comezamos a nosa quenda de preguntas cunha batería nas que cuestionabamos aspectos que pensamos determinan a calidade de vida das mulleres en Pontedeume: A súa formación, os servizos que favorecen a súa autonomía á hora de acceder a un posto de traballo e mesmo a súa seguridade e asesoría xurídica.

Despois de tres anos aínda non temos en Pontedeume data para a realización das tantas veces demandada formación que permita acceder a poboación eumesa ás novas prazas que se están a crear baixo a denominada “Lei de Dependencia”

Non hai perspectiva de que se cree nin unha nova praza na Escola Infantil. O goberno actual non contempla a adaptación das escolas unitarias que permanecen pechadas para facer a lo menos Puntos de Atención á Infancia, ou Escolas Infantís, que palíen a gran escaseza que hai na escolarización dos máis pequenos e que permitan ás mulleres e homes da vila a conciliación da vida familiar e laboral. Non, esperan a aprobar o PXOM, mercar terreos, conquerir axudas, licitar, facer escola,… Cantos anos vai esperar Pontedeume con esta planificación educativa do P.P.? En 4 anos : Cero prazas creadas.

E ademais, en case catro anos non tiveron tempo, ou vontade política, de escoitar as necesidades, preocupacións, proxectos das mulleres, a través do órgano que as representa. Nesta lexislatura nin sequera tiveron a ben constituír o Consello Municipal da Muller. E deixouse ir outro servizo municipal, cantos van? Esta vez aféctalle directamente ás mulleres: Pontedeume deixou de ter Avogada da Muller.

A Sra. Carballeira o que si dixo e que o 8 de Marzo celebraremos o Día da Muller Traballadora: 9º premio de Relatos Curtos, Pontedeume en Feminino,… Está ben , Sra. Concelleira, pero Mulleres somos todo o ano! E todo o ano hai que traballar nas políticas de igualdade.

Dende os poderes públicos temos que quitar obstáculos para que as mulleres poidan iniciar calquera carreira profesional e emprender calquera proxecto persoal, ao tempo que viven a súa maternidade,se así o desexan, sen que non se dea discriminación nin abuso. Tarefa esta sempre difícil e especialmente en tempos de crise xa que esta afecta máis aos colectivos máis desfavorecidos. E só cunha política eficaz todo o ano, conseguiremos que o 8 de marzo sexa realmente unha festa.

Advertisement

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.