Preguntas que presentaremos ao Pleno Ordinario de Febrero (24/02/2011)

22 feb

1ª.- Que proposta concreta teñen dende o Goberno Municipal para ampliar a oferta de prazas para os menores das familias eumesas e para unha ampliación dos cidadáns atendidos nos seus fogares polos distintos servizos de axuda a domicilio? Hai algunha novidade na oferta formativa no eido da atención aos dependentes? Pensan a lo menos escoitar ás mulleres, as súas necesidades, preocupacións, proxectos… constituíndo o Consello Municipal da Muller?

2ª.- Que actividades teñen programadas para que Pontedeume sexa un referente galego na conmemoración do 2011 como ano dos Bosques? En colaboración con que organismos? En que datas?

3ª.- Cal é o motivo de que a día de hoxe aínda non se fixese efectivo o pagamento da axuda correspondente ás anualidades do 2009 e 2010 ao grupo de teatro “Arjé”?

4ª.- Cales son os criterios seguidos para a utilización dos novos taboleiros informativos?

5ª.- Pódenos informar en que punto se atopa o proceso de adaptación de varias naves das “Lonxas de Raxoi” para as instalacións que albergarán o Mercado provisional?, hai novidades con respecto á rehabilitación do inmoble principal?

6ª.- Denunciabamos no Pleno do mes de novembro una serie de verquidos de augas fecais que se estaban a realizar no vial que discorre paralelo entre o Paseo Marítimo e a Rúa Río Eume, situación que persiste a día de hoxe. Tomouse algunha medida dende o Goberno Local para rematar con este problema?

7ª.- En conversas mantidas con representantes de “UCOA”, trasladóusenos o interese desta asociación pola modificación da Ordenanza Municipal de venda ambulante. Así mesmo, fomos informados de que dita proposta se lle fixera chegar ao Goberno Local. Fíxose algunha xestión ao respecto?

8ª.- Cal é o motivo de que proxectos de nova construcción de edificios situados na fachada da nosa Vila, como o proxectado para a Praza de España ou o do Café Martiño, non dispoñan aínda da preceptiva licencia municipal despois de anos de tramitación? Cal é a situación actual do persoal da oficina técnica de Urbanismo?.

.- O 19 de Xaneiro publicábase no xornal “La Voz de Galicia” un especial de 72 páxinas con motivo da inauguración en Madrid da XXXI edición de FITUR, unha das feiras adicadas á promoción turística con máis prestixio internacional. Chamaba a atención nesa crónica na que se incluían reportaxes e publicidade de moitos dos municipios do noso entorno, a ausencia de Pontedeume, feito este incomprensible se temos en conta a importancia que ten o turismo para a economía dunha vila como a nosa, na que o 51% da poboación activa adícase ao sector servizos. Tendo en conta o descrito anteriormente, gustaríamos saber si este ano ao igual que en edicións anteriores, o noso Concello estivo presente neste importante evento.

Advertisement

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.