O Grupo Municipal Socialista no Concello de Pontedeume denuncia o estado de abandono no que se atopan os accesos ao núcleo rural de Castrelo na parroquia de Centroña.
Dende hai máis de tres o noso Grupo ven insistindo ante o Goberno Municipal na necesidade de levar a cabo obras de mellora dos accesos a “Castrelo”. Tanto en Pleno coma nas distintas Comisións de Obras nas que se trataron as actuacións a incluír con cargo ao Plan Provincial de Obras (POS) achegamos esta proposta ao Grupo de Goberno, sen que ata o de agora fose atendida polos responsables municipais.
Preguntámonos así mesmo que hai do dito polo Concelleiro deste área, Javier Crespo, quen asegurou nunha reunión mantida con todos os grupos da Corporación que a pesares de que a obra de aglomerado do camiño que discorre entre a estrada provincial CP-4803 e o mencionado
núcleo non chegaría ata o mesmo, unha vez rematados os traballos levaríase a cabo un “rebacheo” desta zona como solución temporal do problema.
Tal e como se pode comprobar na fotografía, a día de hoxe nada se fixo ao respecto. O tamaño dos numerosos “socabóns” existentes na calzada fan que transitar pola zona supoña unha dura proba para os vehículos, marxinando así a uns veciños que pagan os seus impostos como o resto dos eumeses e que non merecen uns accesos que ben poderiamos definir como “terceiromundistas”.
Por todo o exposto, esiximos ao Goberno Municipal que con a maior brevidade posible cumpra con a palabra dada e solucione de forma definitiva este problema.
No Pleno de onte comezamos a nosa quenda de preguntas cunha batería nas que cuestionabamos aspectos que pensamos determinan a calidade de vida das mulleres en Pontedeume: A súa formación, os servizos que favorecen a súa autonomía á hora de acceder a un posto de traballo e mesmo a súa seguridade e asesoría xurídica.
Comentaba un conocido economista que el corazón de todo gobierno se encuentra en el presupuesto. Los políticos pueden hacer promesas sin cesar, pero si el presupuesto no cuadra, la política es poco mas que meras palabras.
1ª.- Que proposta concreta teñen dende o Goberno Municipal para ampliar a oferta de prazas para os menores das familias eumesas e para unha ampliación dos cidadáns atendidos nos seus fogares polos distintos servizos de axuda a domicilio? Hai algunha novidade na oferta formativa no eido da atención aos dependentes? Pensan a lo menos escoitar ás mulleres, as súas necesidades, preocupacións, proxectos… constituíndo o Consello Municipal da Muller?
Dende o Grupo Municipal Socialista no Concello de Pontedeume queremos amosar a nosa sorpresa e indignación ante os últimos acontecementos acaecidos en relación á situación que se está a vivir na empresa de artes gráficas “EINSA”, xa que non entendemos o feito de que unha semana despois de facerse efectivo o despido de 26 traballadores se esté a contratar a persoal a través de empresas de traballo temporal, máxime se temos en conta que unha das razóns esgrimidas dende a compañía para tomar esta decisión estaba baseada na ausencia de carga de traballo.
Pontedeume, 12/02/2011:
Juan Balado Galego (O Señor Balado),naceu no ano 1915, na parroquia de San Martín do Porto no Concello de Cabanas. Xa en tempos da República, os seus ideais de esquerdas o fixeron militar e comprometerse co socialismo. Unha vez perdida a Guerra Civil, o Señor Balado foi represaliado polas tropas franquistas, que lle arrebataron incluso a posibilidade de subsistencia queimándolle o barco pesqueiro no que faenaba.

