Ningún curso no Centro de Formación eumés

28 ene

Ante a 1ª pregunta que presentabamos ao Pleno Ordinario de Xaneiro : “Que actividades de formación teñen programadas, e en que datas se celebrarán?” A resposta do Voceiro do Goberno Municipal, que é ademais Concelleiro responsable de Formación e Emprego, foi clara e concisa: Nada teñen planificado, pedirán os cursos FIP, pero nin sequera saben cales.

Dende o noso grupo levamos loitando pola formación en Atención á Dependencia toda a lexislatura, para que as eumesas e eumesas se formen e podan ocupar os postos de traballo que se están a crear ao amparo deste novo servizo público, previndo tamén a demanda que haberá ante a próxima apertura no noso Concello dun Centro de Día.

A Conselleira de Traballo e Benestar Social Sra. Mato ven, ademais, de anunciar que comezarán a finais de febreiro cursos de 3 e 6 meses que chegarán a arredor de 23000 parados de toda Galicia, polo que coidamos que o noso Concello solicitaría algún deles: de Turismo, Dependencia, ou mesmo para o Sector Agrario ou de Enerxías Renovables…Pero non, non os solicitaron, nin así funciona o Centro de Formación e Emprego de Pontedeume,

Outra area de formación que reclamabamos en Plenos anteriores é a do Idioma, que onte lembramos ao Sr. Otero pois están a negociar a Oferta Pública de Emprego, esta vez parece que de xeito regulamentario, logo de que os obrigaran por vía xudicial. Os cursos CELGA que capacitan no uso do Galego e ademais son meritorios á hora de presentarse a unha oposición non se van a celebrar na nosa vila. Xa non quixeron acceder á convocatoria de setembro e agora tampouco. Está o prazo de reserva aberto para os novos cursos en concellos veciños, a xente que precise destoutra formación tamén terá que desprazarse fora de Pontedeume.

Ou ben o desinterese do Goberno Eumés en materia de Formación é total ou ben o Sr Otero non está capacitado para a responsabilidade nesta materia. Calquera das dúas opcións e nefasta para o presente e o futuro de Pontedeume que logo de ser dos primeiros concellos con centro de FOREMDES ve como este está baleiro de contido e a veciñanza vese obrigada a saír de Pontedeume se quere acceder ou mellorar no mundo laboral

Outro recorte máis de servizos municipais feito polo goberno popular eumés.Estamos sen Formación, sen ISM, sen CEFORES, sen 2 escolas, sen Campamentos Municipais,sen Oferta de Emprego Público,sen PEXOM,sen Presuposto, sen…Tendo o Concello en recesión é como o Sr. Torrente quere atraer poboación e chegar a 10000 habitantes?

Dende o Grupo Socialista esixímoslle ao Sr. Alcalde que se deixe de “Brindis ao sol” e que se responsabilice de todas as areas do seu goberno. Non están os tempos para que se deite, non achegue propostas ao Pleno, bote balóns fora, e de todo teñan culpa os técnicos ou ben, o goberno anterior…E mentres tanto Pontedeume esmorece.

Advertisement

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.