1ª.- Que actividades de formación teñen programadas, e en que datas se celebrarán?.
2ª.- Con que tipo de contratación se está a cubrir a garda e custodia do CEIP de Andrade?.
3ª.- Fíxose balance das actividades para a infancia e xuventude deste Nadal? Que sucede co “Planet”?.
4ª.- Realizouse alguna xestión dende o Concello para que o “Noitebús” preste o seu servizo na nosa comarca?.
5ª.- Cal é a razón pola que o edificio “Riberas do Eume”, no tramo final da Rúa Valeriano Villanueva, non conte a día de hoxe coa licencia de primeira ocupación?.
6ª.- Fomos informados polos veciños do número 24 da Avenida Ricardo Sánchez, de anomalías na obra do saneamento desta zona. Concretamente referianse ó feito de que o seu edificio non fose conectado á nova rede que se está a instalar e a que a cota da nova tubería quedaba mais alta que a da acometida do edificio, o que sen lugar a dúbidas seguiría producindo inundacións neste inmoble. Que se fixo dende o goberno local para arranxar esta deficiencia e que medidas pensan tomar ó respecto?.
7ª.- Cal é o motivo de que a día de hoxe sega sen executarse o establecido en sentenza firme en relación ás “axudas sociais” recollidas no artigo 69 do convenio colectivo deste Concello?.
8ª.- Cando pensan presentar ós grupos municipais o Orzamento do ano 2011?.


