Os veciños da Av. Ricardo Sánchez e da Praza do Mestre Álvaro Vázquez Penedo achegáronos a súas queixas ante a situación na que se atopa a zona a causa das obras de instalación do saneamento.

14 ene

Non é a primeira vez que dende o Grupo Municipal Socialista denunciamos a ausencia do requirido seguimento e supervisión das obras promovidas polo noso Concello, actitude que acrecenta as xa inevitables molestias que este tipo de actuacións causan aos veciños.

Este é o caso das obras de instalación do saneamento na Av. de Ricardo Sánchez. Os residentes na zona quéixanse do “pobre acabado” desta actuación nos lugares nos que xa remataron os traballos, con numerosos socavóns, sumidoiros tupidos e infinidade de gabias cruzando a calzada así coma a presenza de terra na estrada que os días de choiva remata por converterse en lama, representando un perigo para a seguridade viaria. Como exemplo sirva nomear a Praza Mestre Álvaro Vázquez Penedo ou as inmediacións do Centro de Saúde, onde a irregularidade do firme nunha das marxes á altura do Edificio Tenreiro fai que transitar pola zona supoña todo un “test de resistencia” para os “amortiguadores” dos vehículos o que orixina que os condutores invadan o carril contrario a fin de evitarlle a os seus automóbiles esa “dura proba”, xerando novamente situacións de perigo.

Por si fose pouco, a todo o descrito temos que engadir o dispendio e ausencia de previsión do Goberno Muncipal, que días antes de que comecen os traballos envía á zona a un operario para pintar as prazas de aparcamento sobre un firme que será levantado esa mesma semana.

Á vista do sucedido queda clara unha vez máis a pésima xestión do Goberno de Gabriel Torrente, incapaz de cumprir con as súas obrigas coma promotores das obras.

Advertisement

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.