Outro Pleno máis sen que o Goberno Municipal achegue ningunha proposta. Nin Presuposto, nin xestión con outras administracións, nin melloras locais, nin nada. O Sr Alcalde debe estar durmindo, será o “edredoning” o novo estilo dos dirixentes populares? O grave no noso caso é que a diferenza de Rajoy a Torrente pagámoslle para gobernar.
Estas son as respostas ás nosas preguntas no Pleno:
Á primeira pregunta sobre as datas dos próximos cursiños de Formación, non deron nin a 1ª, pois nada teñen en concreto programado. A que estarán esperando…?
Para a Sra. Carballeira o balance das actividades do Nadal foi positivo. Ben se ve que cando estaban cheas de nenos e nenas os Sr. Do Goberno nin sequera tiñan curiosidade social.
Foron unhas actividades en xeral con escasa participación, algunhas chegaron a suspenderse e o Planet que dixo que ía continuar os 5 días de “Ponte en marcha”, pois …Non está en marcha.Pero, en breve, dixo a Concelleira, claro que antes dixera que en decembro. Será para febreiro? Esperamos, pois a oferta para a mocidade na fin de semana en Pontedeume, xa nin é.
Asistiuse as mesmas reunións que en anos anteriores, pero o Sr Otero nada puido informar sobre esta nova perda, pois descoñece o que alí se falou.Que interese tan grande! De todos os xeitos o resultado é que Pontedeume non ten “Noitebus” para a súa mocidade. Nin nada ofertan, nin nada xestionan.
Na 5ª pregunta, (aclaramos que estas preguntas seguímolas entregando por escrito e con anterioridade ao Pleno) o Sr Voceiro dixo descoñecelo que terá que mirar a licencia nos arquivos. Pois é Concelleiro de Urbanismo, ou ten centos de casas sen Licencia de 1ª ocupación? Pois que se informe e informe, e que sexa máis pronto que tarde!
Esta deficiencia do saneamento en Ricardo Sánchez dixo o Sr. Concelleiro de Obras que xa está solucionada.
Na 7ª pregunta a resposta foi, a estas alturas, xa nada sorprendente, será un problema administrativo, pois eles nada saben. O de sempre se non vale o retrovisor valen os empregados.
E por suposto o colofón: Non presentaron aínda os presupostos por baixas dos técnicos… Faltaría máis, coa grande celeridade e eficacia que caracteriza a xestión do Goberno Municipal!
Ante a 1ª pregunta que
1ª.-
Cando xa vai andado o mes de Xaneiro, o goberno municipal segue sen presentar o proxecto de Orzamento para este exercicio, polo que a día de hoxe a vida económica do Concello de Pontedeume estase a rexer polo Orzamento do ano 2009, respecto ó cual a Intervención Municipal ven de recoñecer nun informe importantes eivas xa denunciadas polo noso grupo, como foi a desorbitada previsión do capítulo de ingresos, que se veu finalmente reducida case á metade, obrigando a un recorte do gasto de perto dun millón de euros, coa conseguinte perda de inversión e servizos para todos os eumeses.





