OS AMAÑOS DO “COUCEIRO FREIJOMIL” SEGUEN Á ESPERA

29 dic

Non foi en novembro, nin en decembro, tampouco se aproveitan as vacacións escolares para iniciar as reparacións urxentes ante o risco de que calquera día un temporal traia unha nova inundación.Remata o 2010 e os problemas seguen sen solucionar.

Dende a recepción pola Xunta o 9 de setembro de 2009 dunhas instalacións sen rematar, con problemas de seguridade e eivas na construcción, no Couceiro non deixan de chover problemas e a lentitude das administracións do P.P. ou a súa pouca vontade económica deixan pasar día tras día sen poñer solución aos atrancos que impiden o normal desenvolvemento das tarefas educativas.

O pasado 17 de novembro logo da última inundación e ante a forte presión social os técnicos da Xunta visitaron o colexio enumerando unha serie de amaños que ían solucionar de forma inminente ( “El Ejecutivo autonómico impermeabilizará y sellará la pasarela cubierta situada encima del corredor de las aulas de Infantil, la zona más perjudicada del centro por las filtraciones de agua. Otra de las cuestiones de las que se hará cargo será de las algunas de las deficiencias que presenta el patio de Infantil, en donde se construirá una canaleta para la recogida de aguas pluviales, con sumideros y conducciones de agua para evitar las acumulaciones de agua que se producen en la actualidad. También se instalará un nuevo desagüe en el nivel superior de los vestuarios del gimnasio, en donde se encuentran las instalaciones del Centro de Formación de Profesorado (Cefores). El pasado jueves la dirección del colegio se vio obligada a clausurar el gimnasio tras caer varios hierros de pladur del techo a consecuencia de la acumulación de agua que se produce por la mala canalización. Como complemento se construirá un aliviadero para que, en caso de obstrucción, permita la evacuación del agua al exterior y evitar así que se filtre al edificio”), remata o ano e os obreiros seguen sen chegar para iniciar a reparación integral do colexio.

Que espera a administración autonómica?, a que un novo temporal cause novas desfeitas no centro e poña en risco de novo a seguridade do alumnado? Que xestións fai o Concello que non esixe que comecen as obras de forma inmediata, ao que se comprometeu ante a Comunidade Educativa e ante o Pleno?

Mentres os nenos e nenas de Infantil seguirán no 2011 sen poder utilizar a totalidade do patio ao estar este sen rematar. Os vestiarios e o ximnasio tampouco se poden utilizar ao estar os teitos danados pola última inundación, o mesmo co teito do corredor de párvulos, as pistas deportivas continúan na espera das portas que fagan posible o seu uso seguro fora do horario escolar, e o CEFORES ( Centro de Formación e Recursos) anegado e inoperante…

Dende o PSdeG- PSOE ademais de reiterar as nosas denuncias esperamos que, a lo menos, a climatoloxía sexa benévola e de regalo de Reis non atopen os nenos e nenas do Couceiro un colexio novamente inundado..

Este é o xeito “inmediato” que ten a Xunta de atallar os problemas? Así é como xestiona o Sr. Alcalde as melloras para a infancia eumesa? Que peso político ten este Goberno Municipal que nin ante a Xunta dirixida polo seu partido sabe defender os intereses da veciñanza eumesa?

Una respuesta hacia “OS AMAÑOS DO “COUCEIRO FREIJOMIL” SEGUEN Á ESPERA”

  1. veciño enero 11, 2011 a 8:29 pm #

    E que fixo o Psoe durante a etapa anterior, cando xa se evidenciaron as deficiencias. Cómo foi que a Xunta de Touriño aprobara o proxecto dun arquitecto manifestamente incapaz, como xa o ten demostrado noutras clamorosas actuacións (véxase o colexio de Miño). Cómo foi posible que se alterase o proxecto inicial do colexio, que incluía un comedor, e se construise un colexio sen este servizo fundamental? Non Non é certo que o cúmulo de despropósitos empeza coa construcción sen os permisos de Portos que permitiron logo, ao retranquear o edificio, xustificar a desaparición do comedor? Cal é a responsabilidade da anterior Corporación? Deuse algún tipo de explicación?

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.