Non houbo nada máis nin por parte do Goberno nin polos outros grupos. As respostas foron na liña habitual … Podedes ver as preguntas e rogos que presentamos no post anterior.
O Planet contan inicialo para despois das Festas, pero aínda non teñen nada determinado! Aceptou que dixera que a comezos de decembro pero que lle xurdiron imprevistos (Sen comentarios)
A 2ª pregunta a Sra. Concelleira di que a súa intención é sacar a concurso a atención aos dependentes canto antes, cando estea listo o prego, pero non pode dicir aínda cando (Tampouco fai falla que vos digamos nada máis, non?)
Á 3ª, máis contratacións ilegais, di o Sr Crespo que “proximamente”, dependen de 3ª persoas, dos técnicos.Aceptan que contratan de xeito irregular pero din que son efectivos, en fin…
Seguen sen informar das alegacións ao PXOM e seguen dicindo que os particulares esperen porque aínda non teñen os informes sectoriais!, ata cando?
Non chegou ao Concello nova algunha sobre axudas para o mercado, que grandes xestores!
A Alameda só a pecharán aos coches cando estea en obras.
O Pleno foi tan triste como breve e seguen persistindo en botarlle a culpa a aos demais, como se eles non foran responsables de nada, cando non son o técnicos é o goberno anterior e senón os imprevistos, Deus dea a quen botarlle as culpas!
Pechamos o Pleno desexando un bo Nadal a toda a veciñanza e aos seus representantes e un mellor 2011 e dende aquí trasladámosvos a mesma mensaxe:
Que teñades Felices Festas e que o 2011 traia prosperidade ás vosas vidas e ao noso Concello.


