Rogos e Preguntas que levamos ao Pleno Ordinario de final de Ano (Decembro 2010)

22 dic

PREGUNTAS:

1ª.- Por qué razóns non comezou o “Planet” a pesares de que a Concelleira responsable comprometeuse en Pleno a que comezaría a primeiros de decembro e non se suspendería polo Nadal?

2ª.- A Sra. Concelleira de S. Sociais, xa dende o seu 1º Pleno como Edila deste Goberno é coñecedora do noso interese por sacar a concurso dun xeito regulamentario o servicio de axuda a domicilio a persoas valoradas como dependentes segundo a Lei 39/2006.

O 5 de setembro de 2008, por fin a Alcaldía propuxo ante a urxencia das actuacións a levar a cabo un acordo de xestión indirecta, aínda que non era a nosa proposta facilitamos ante a gravidade do asunto coa nosa abstención a súa aprobación. E estamos rematando o 2010.

Dende Xullo de 2009 é a súa responsabilidade e ademais tivo reiterados informes da Intervención Municipal en contra do xeito de pago deste servizo. Non nos vai valer a indefinición ou que a estas alturas eluda as súas responsabilidades na engranaxe administrativa, respóndanos dun xeito claro e concreto, Cando se vai presentar o prego e sacar a concurso público no noso Concello a denominada Dependencia?.

3ª.- Estando a piques de rematar o presente ano, adentrámonos na recta final desta lexislatura. Sen entrar a valorar o significado que para os membros do grupo de goberno debe ter o adverbio “proximamente”, xa que esta foi a única resposta acadada durante estes tres anos ás numerosas preguntas presentadas polo noso grupo en referencia á convocatoria do concurso para o mantemento do alumeado público e a recollida de enseres, gustaríanos saber cal é a a razón pola que a día de hoxe o goberno local segue a contratar estes servizos de forma irregular?.

4ª.- Cando pensan contestar as alegacións ao PXOM presentadas polos veciños da nosa Vila? Manexan algunha data ao respecto?.

5ª.- Contan xa coa tan mencionada subvención para o arranxo do Mercado Municipal?.

6ª.- Unha vez rematadas as obras da parte alta da Rúa Ferreiros, cando pensan pechar a Alameda e prohibir o estacionamento de vehículos nesta céntrica zona verde da nosa Vila?.

ROGOS:

1º.- Rogamos prontitude e eficacia na tramitación de todas as Mocións aprobadas en Pleno.

A Moción de Solidariedade Municipal  segue esperando dende o mes de Abril polas medidas urxentes que todo o plenario, agás o Sr. Sande, aprobamos para “achegar  servizos básicos como a recollida do lixo, auga, actividades educativas, etc., dun xeito total ou parcialmente gratuíto, eximindo do pago das taxas municipais ás familias necesitadas e persoas con escasos recursos económicos”.

Na sesión plenaria do pasado mes escoitabamos ao Sr. Alcalde afirmar que a Moción presentada polo noso grupo e aprobada por unanimidade en Outubro de 2008 só a tramitou cando chegou o Sr Feijoo á Xunta de Galicia.

Froito da lentitude da súa xestión e da  ineficaz maquinaria dos gobernos do Partido Popular o patio de infantil, que sí  ampliou o anterior goberno da Xunta por mor da cesión de terreos de Educación para a ampliación da Rúa Galera, aínda está sen rematar. E así poderíamos eternizarnos poñendo exemplos do seu desinterese pola tramitación das Mocións aprobadas polo  órgano soberano da representación da veciñanza eumesa.

2º.- Pregamos ao Sr. Alcalde que dunha vez por todas esixa á Xunta de Galicia a inmediata reparación das eivas na construcción do CEIP “Couceiro Freijomil”.

E agora que parece que, tristemente, xa se decatou  de que o mencionado colexio conta con instalacións para o Centro de Formación e Recursos para o Profesorado inste á Consellería de Educación á reposición da oferta de este importante servizo educativo dende Pontedeume para o noso Concello e para os veciños.

3º.- Pedimos ao Sr. Alcalde a retirada da descualificación á nosa Concelleira no Pleno anterior.

Logo da serea lectura da acta do Pleno Ordinario de setembro de 2009  comprobará como na 3ª pregunta a Sra. Cascallar deixaba claro que sí que o “Couceiro Freijomil” tiña instalacións para o CEFORE e probablemente atopará moitas máis mencións a este tema en outras actas, incluso o 30 de xullo de 2009 o seu Concelleiro de Educación afirmaba ante os nosas cuestións que” o Couceiro Freijomil está preparado para o CEFORE, hai dúas persoas adscritas, pregúntase cando comezará, e pide que comece canto antes”.

4º.- Rogamos cara o Aninovo máis sensibilidade nas políticas cara a infancia e mocidade.

Que o 2011 traia máis actividades culturais especialmente para as mozas e mozos que inician o seu lecer dun xeito independente, que este ano teñamos Campamentos de Verán, que teñamos axudas para libros e material escolar a tempo, que se atenda as necesidades dos centros educativos, que o Concello non persista no seu abandono da custodia e mantemento do colexio de Andrade e escoite e atenda as demandas da Comunidade Educativa.

5º.- Rogamos escoiten ao pobo a traves dos órganos de consulta e participación cidadá.

No 2010 non houbo ningunha reunión do Consello Escolar Municipal, o Consello Municipal da Muller, pese ás boas palabras da Concelleira de Asuntos Sociais, sigue sen constituírse, do Consello Municipal de Saúde non temos nova algunha e non escoitan ás AA. Culturais, de Veciños, Deportivas, de Maiores…atendendo á suxestión do noso grupo para que  fomentando a participación, o consenso,  o establecemento de prioridades de actuación, etc.academos un Concello transparente e unha xestión máis próxima ás necesidades reais da poboación.

5º.- Pregamos maior organización na programación cultural do Concello a fin de evitar que dous actos coincidan en data e horario, como ven de acontecer a pasada semana.

6º.- Rogamos aos membros do Goberno Local que para o vindeiro ano abandonen a confrontación institucional e cumpran co establecido no Plan de Travesías, poñendo a disposición da Deputación Provincial os terreos necesarios para construción das tan esperadas e necesarias beirarúas da CP-4803 ao seu paso pola parroquia de Boebre.
.
7º.- Unha vez máis insistimos nun dos “clásicos” desta lexislatura, pregando por enésima vez o arranxo das lousas rotas no Paseo Marítimo.

8º.- Tendo en conta que os residentes dos lugares de Gunturiz, a Veiga e Vilamoire deben acudir ao colexio electoral de Ombre para exercer o seu dereito ao voto, pregamos ao Goberno Local que faga as xestións necesarias para incluír a estas persoas no padrón como veciños da citada parroquia.

9º.- Como non podería ser menos nestas datas cargadas de bos propósitos, desexamos que a eficiencia, eficacia e bo facer “ilumine” a xestión dos membros do Grupo de Goberno de cara ao ano que está a piques de comezar. Pero a fin de non parecer excesivamente idealistas conformariámonos con que a luz regresase a todos os puntos fundos en parroquias e na Vila, no paseo marítimo, na iluminación  artística do Castelo de Andrade ou da Ponte de Pedra, no Cemiterio de Breamo, etc.

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.