O consello escolar eumés non se celebrou ao non asistir os seus compoñentes á convocatoria feita polo Sr. Concelleiro de educación a destempo

9 dic

O Pleno de Consello Escolar Municipal que debera celebrarse a comezo de curso non foi convocado ata decembro.

O Sr. Concelleiro de Educación, que non quixo escoitalo nun comezo de curso máis que convulso, veu agora como a meirande parte dos seus membros optaron por non atender a súa tardía chamada.

No  Consello están representadas ANPAS, Asociacións Pedagóxicas e Sindicais, representantes do alumnado, Direccións de Centros Públicos e Concertados,  Admón. Educativa, Municipal… Dos 21 compoñentes só 4 atenderon a extemporánea chamada do Sr. Crespo que condenou a este Órgano Consultivo ao abandono ao optar curso tras curso por facelo esmorecer en vez de dinamizalo, baleirándoo de contido ao anular as súas funcións (Elaboración informes sobre o estado do ensino,asesoramento e consulta nas actuacións que afecten aos servizos educativos,propostas de  ampliación ou reducción de prazas escolares, etc.) chegando incluso a non convocalo nas mínimas reunións que o propio Concello recolle na súa Ordenanza (ART.5.2 “O Pleno reunirase, con carácter ordinario, tres veces ao ano, unha delas ao inicio do curso escolar e outra ao seu remate, e con carácter extraordinario, cando o presidente o estime oportuno ou o solicite a terceira parte dos seus membros”).

O curso pasado só se reuniu unha vez, o de comezo de curso que se celebrou en novembro…

Dende o Grupo Municipal Socialista, vendo o forte recorte educativo que Pontedeume esta a sufrir, instamos reiteradamente ao Goberno Municipal a que utilizara esta ferramenta básica para o coñecemento do estado do Ensino e que o seu caracter participativo da sociedade civil na Política Educativa servira para mellorar a calidade do Ensino na nosa vila, aproveitando os seus dictames para presionar á Admón. Autonómica e entre todos e todas conseguir  que esta abandonara as súas políticas de recorte nos servizos educativos eumeses( CEFORES e 2 Escolas Unitarias pechadas, Reducción prazas profesorado,precipitada Recepción do novo Couceiro sen escoitar as demandas do colexio pedindo un  remate axeitado.. ), pero dende o Goberno Municipal elixiron non escoitar á Comunidade Educativa representada no CEM e simplemente asumir os recortes feitos pola Xunta. Agora foi a Comunidade Educativa a que optou por non escoitar a chamada do Sr. Concelleiro de Educación, e mentres, Pontedeume segue perdendo no presente educativo e polo tanto no seu futuro.

Advertisement

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.