Archivo | diciembre, 2010

Feliz ano….

31 dic

OS AMAÑOS DO “COUCEIRO FREIJOMIL” SEGUEN Á ESPERA

29 dic

Non foi en novembro, nin en decembro, tampouco se aproveitan as vacacións escolares para iniciar as reparacións urxentes ante o risco de que calquera día un temporal traia unha nova inundación.Remata o 2010 e os problemas seguen sen solucionar.

Dende a recepción pola Xunta o 9 de setembro de 2009 dunhas instalacións sen rematar, con problemas de seguridade e eivas na construcción, no Couceiro non deixan de chover problemas e a lentitude das administracións do P.P. ou a súa pouca vontade económica deixan pasar día tras día sen poñer solución aos atrancos que impiden o normal desenvolvemento das tarefas educativas.

O pasado 17 de novembro logo da última inundación e ante a forte presión social os técnicos da Xunta visitaron o colexio enumerando unha serie de amaños que ían solucionar de forma inminente ( “El Ejecutivo autonómico impermeabilizará y sellará la pasarela cubierta situada encima del corredor de las aulas de Infantil, la zona más perjudicada del centro por las filtraciones de agua. Otra de las cuestiones de las que se hará cargo será de las algunas de las deficiencias que presenta el patio de Infantil, en donde se construirá una canaleta para la recogida de aguas pluviales, con sumideros y conducciones de agua para evitar las acumulaciones de agua que se producen en la actualidad. También se instalará un nuevo desagüe en el nivel superior de los vestuarios del gimnasio, en donde se encuentran las instalaciones del Centro de Formación de Profesorado (Cefores). El pasado jueves la dirección del colegio se vio obligada a clausurar el gimnasio tras caer varios hierros de pladur del techo a consecuencia de la acumulación de agua que se produce por la mala canalización. Como complemento se construirá un aliviadero para que, en caso de obstrucción, permita la evacuación del agua al exterior y evitar así que se filtre al edificio”), remata o ano e os obreiros seguen sen chegar para iniciar a reparación integral do colexio.

Que espera a administración autonómica?, a que un novo temporal cause novas desfeitas no centro e poña en risco de novo a seguridade do alumnado? Que xestións fai o Concello que non esixe que comecen as obras de forma inmediata, ao que se comprometeu ante a Comunidade Educativa e ante o Pleno?

Mentres os nenos e nenas de Infantil seguirán no 2011 sen poder utilizar a totalidade do patio ao estar este sen rematar. Os vestiarios e o ximnasio tampouco se poden utilizar ao estar os teitos danados pola última inundación, o mesmo co teito do corredor de párvulos, as pistas deportivas continúan na espera das portas que fagan posible o seu uso seguro fora do horario escolar, e o CEFORES ( Centro de Formación e Recursos) anegado e inoperante…

Dende o PSdeG- PSOE ademais de reiterar as nosas denuncias esperamos que, a lo menos, a climatoloxía sexa benévola e de regalo de Reis non atopen os nenos e nenas do Couceiro un colexio novamente inundado..

Este é o xeito “inmediato” que ten a Xunta de atallar os problemas? Así é como xestiona o Sr. Alcalde as melloras para a infancia eumesa? Que peso político ten este Goberno Municipal que nin ante a Xunta dirixida polo seu partido sabe defender os intereses da veciñanza eumesa?

Desexámosche unhas boas festas!!!

24 dic

Comentarios ao Pleno de Nadal

23 dic

Non houbo nada máis nin por parte do Goberno nin polos outros grupos.  As respostas foron na liña habitual … Podedes ver as preguntas e rogos que presentamos no post anterior.

O Planet contan inicialo para despois das Festas, pero aínda non teñen nada determinado! Aceptou que dixera que a comezos de decembro pero que lle xurdiron imprevistos (Sen comentarios)

A 2ª pregunta a Sra. Concelleira di que a súa intención é sacar a concurso a atención aos dependentes canto antes, cando estea listo o prego, pero non pode dicir aínda cando (Tampouco fai falla que vos digamos nada máis, non?)

Á 3ª, máis contratacións ilegais, di o Sr Crespo que “proximamente”, dependen de 3ª persoas, dos técnicos.Aceptan que contratan de xeito irregular pero din que son efectivos, en fin…

Seguen sen informar das alegacións ao PXOM e seguen dicindo que os particulares esperen porque aínda non teñen os informes sectoriais!, ata cando?

Non chegou ao Concello nova algunha sobre axudas para o mercado, que grandes xestores!

A Alameda só a pecharán aos coches cando estea en obras.

O Pleno foi tan triste como breve e seguen persistindo en botarlle a culpa a aos demais, como se eles non foran responsables de nada, cando non son o técnicos é o goberno anterior e senón os imprevistos, Deus dea a quen botarlle as culpas!

Pechamos o Pleno desexando un bo Nadal a toda a veciñanza e aos seus representantes e un mellor 2011 e dende aquí trasladámosvos a mesma mensaxe:
Que teñades Felices Festas e que o 2011 traia prosperidade ás vosas vidas e ao noso Concello.

Rogos e Preguntas que levamos ao Pleno Ordinario de final de Ano (Decembro 2010)

22 dic

PREGUNTAS:

1ª.- Por qué razóns non comezou o “Planet” a pesares de que a Concelleira responsable comprometeuse en Pleno a que comezaría a primeiros de decembro e non se suspendería polo Nadal?

2ª.- A Sra. Concelleira de S. Sociais, xa dende o seu 1º Pleno como Edila deste Goberno é coñecedora do noso interese por sacar a concurso dun xeito regulamentario o servicio de axuda a domicilio a persoas valoradas como dependentes segundo a Lei 39/2006.

O 5 de setembro de 2008, por fin a Alcaldía propuxo ante a urxencia das actuacións a levar a cabo un acordo de xestión indirecta, aínda que non era a nosa proposta facilitamos ante a gravidade do asunto coa nosa abstención a súa aprobación. E estamos rematando o 2010.

Dende Xullo de 2009 é a súa responsabilidade e ademais tivo reiterados informes da Intervención Municipal en contra do xeito de pago deste servizo. Non nos vai valer a indefinición ou que a estas alturas eluda as súas responsabilidades na engranaxe administrativa, respóndanos dun xeito claro e concreto, Cando se vai presentar o prego e sacar a concurso público no noso Concello a denominada Dependencia?.

3ª.- Estando a piques de rematar o presente ano, adentrámonos na recta final desta lexislatura. Sen entrar a valorar o significado que para os membros do grupo de goberno debe ter o adverbio “proximamente”, xa que esta foi a única resposta acadada durante estes tres anos ás numerosas preguntas presentadas polo noso grupo en referencia á convocatoria do concurso para o mantemento do alumeado público e a recollida de enseres, gustaríanos saber cal é a a razón pola que a día de hoxe o goberno local segue a contratar estes servizos de forma irregular?.

4ª.- Cando pensan contestar as alegacións ao PXOM presentadas polos veciños da nosa Vila? Manexan algunha data ao respecto?.

5ª.- Contan xa coa tan mencionada subvención para o arranxo do Mercado Municipal?.

6ª.- Unha vez rematadas as obras da parte alta da Rúa Ferreiros, cando pensan pechar a Alameda e prohibir o estacionamento de vehículos nesta céntrica zona verde da nosa Vila?.

ROGOS:

1º.- Rogamos prontitude e eficacia na tramitación de todas as Mocións aprobadas en Pleno.

A Moción de Solidariedade Municipal  segue esperando dende o mes de Abril polas medidas urxentes que todo o plenario, agás o Sr. Sande, aprobamos para “achegar  servizos básicos como a recollida do lixo, auga, actividades educativas, etc., dun xeito total ou parcialmente gratuíto, eximindo do pago das taxas municipais ás familias necesitadas e persoas con escasos recursos económicos”.

Na sesión plenaria do pasado mes escoitabamos ao Sr. Alcalde afirmar que a Moción presentada polo noso grupo e aprobada por unanimidade en Outubro de 2008 só a tramitou cando chegou o Sr Feijoo á Xunta de Galicia.

Froito da lentitude da súa xestión e da  ineficaz maquinaria dos gobernos do Partido Popular o patio de infantil, que sí  ampliou o anterior goberno da Xunta por mor da cesión de terreos de Educación para a ampliación da Rúa Galera, aínda está sen rematar. E así poderíamos eternizarnos poñendo exemplos do seu desinterese pola tramitación das Mocións aprobadas polo  órgano soberano da representación da veciñanza eumesa.

2º.- Pregamos ao Sr. Alcalde que dunha vez por todas esixa á Xunta de Galicia a inmediata reparación das eivas na construcción do CEIP “Couceiro Freijomil”.

E agora que parece que, tristemente, xa se decatou  de que o mencionado colexio conta con instalacións para o Centro de Formación e Recursos para o Profesorado inste á Consellería de Educación á reposición da oferta de este importante servizo educativo dende Pontedeume para o noso Concello e para os veciños.

3º.- Pedimos ao Sr. Alcalde a retirada da descualificación á nosa Concelleira no Pleno anterior.

Logo da serea lectura da acta do Pleno Ordinario de setembro de 2009  comprobará como na 3ª pregunta a Sra. Cascallar deixaba claro que sí que o “Couceiro Freijomil” tiña instalacións para o CEFORE e probablemente atopará moitas máis mencións a este tema en outras actas, incluso o 30 de xullo de 2009 o seu Concelleiro de Educación afirmaba ante os nosas cuestións que” o Couceiro Freijomil está preparado para o CEFORE, hai dúas persoas adscritas, pregúntase cando comezará, e pide que comece canto antes”.

4º.- Rogamos cara o Aninovo máis sensibilidade nas políticas cara a infancia e mocidade.

Que o 2011 traia máis actividades culturais especialmente para as mozas e mozos que inician o seu lecer dun xeito independente, que este ano teñamos Campamentos de Verán, que teñamos axudas para libros e material escolar a tempo, que se atenda as necesidades dos centros educativos, que o Concello non persista no seu abandono da custodia e mantemento do colexio de Andrade e escoite e atenda as demandas da Comunidade Educativa.

5º.- Rogamos escoiten ao pobo a traves dos órganos de consulta e participación cidadá.

No 2010 non houbo ningunha reunión do Consello Escolar Municipal, o Consello Municipal da Muller, pese ás boas palabras da Concelleira de Asuntos Sociais, sigue sen constituírse, do Consello Municipal de Saúde non temos nova algunha e non escoitan ás AA. Culturais, de Veciños, Deportivas, de Maiores…atendendo á suxestión do noso grupo para que  fomentando a participación, o consenso,  o establecemento de prioridades de actuación, etc.academos un Concello transparente e unha xestión máis próxima ás necesidades reais da poboación.

5º.- Pregamos maior organización na programación cultural do Concello a fin de evitar que dous actos coincidan en data e horario, como ven de acontecer a pasada semana.

6º.- Rogamos aos membros do Goberno Local que para o vindeiro ano abandonen a confrontación institucional e cumpran co establecido no Plan de Travesías, poñendo a disposición da Deputación Provincial os terreos necesarios para construción das tan esperadas e necesarias beirarúas da CP-4803 ao seu paso pola parroquia de Boebre.
.
7º.- Unha vez máis insistimos nun dos “clásicos” desta lexislatura, pregando por enésima vez o arranxo das lousas rotas no Paseo Marítimo.

8º.- Tendo en conta que os residentes dos lugares de Gunturiz, a Veiga e Vilamoire deben acudir ao colexio electoral de Ombre para exercer o seu dereito ao voto, pregamos ao Goberno Local que faga as xestións necesarias para incluír a estas persoas no padrón como veciños da citada parroquia.

9º.- Como non podería ser menos nestas datas cargadas de bos propósitos, desexamos que a eficiencia, eficacia e bo facer “ilumine” a xestión dos membros do Grupo de Goberno de cara ao ano que está a piques de comezar. Pero a fin de non parecer excesivamente idealistas conformariámonos con que a luz regresase a todos os puntos fundos en parroquias e na Vila, no paseo marítimo, na iluminación  artística do Castelo de Andrade ou da Ponte de Pedra, no Cemiterio de Breamo, etc.

O consello escolar eumés non se celebrou ao non asistir os seus compoñentes á convocatoria feita polo Sr. Concelleiro de educación a destempo

9 dic

O Pleno de Consello Escolar Municipal que debera celebrarse a comezo de curso non foi convocado ata decembro.

O Sr. Concelleiro de Educación, que non quixo escoitalo nun comezo de curso máis que convulso, veu agora como a meirande parte dos seus membros optaron por non atender a súa tardía chamada.

No  Consello están representadas ANPAS, Asociacións Pedagóxicas e Sindicais, representantes do alumnado, Direccións de Centros Públicos e Concertados,  Admón. Educativa, Municipal… Dos 21 compoñentes só 4 atenderon a extemporánea chamada do Sr. Crespo que condenou a este Órgano Consultivo ao abandono ao optar curso tras curso por facelo esmorecer en vez de dinamizalo, baleirándoo de contido ao anular as súas funcións (Elaboración informes sobre o estado do ensino,asesoramento e consulta nas actuacións que afecten aos servizos educativos,propostas de  ampliación ou reducción de prazas escolares, etc.) chegando incluso a non convocalo nas mínimas reunións que o propio Concello recolle na súa Ordenanza (ART.5.2 “O Pleno reunirase, con carácter ordinario, tres veces ao ano, unha delas ao inicio do curso escolar e outra ao seu remate, e con carácter extraordinario, cando o presidente o estime oportuno ou o solicite a terceira parte dos seus membros”).

O curso pasado só se reuniu unha vez, o de comezo de curso que se celebrou en novembro…

Dende o Grupo Municipal Socialista, vendo o forte recorte educativo que Pontedeume esta a sufrir, instamos reiteradamente ao Goberno Municipal a que utilizara esta ferramenta básica para o coñecemento do estado do Ensino e que o seu caracter participativo da sociedade civil na Política Educativa servira para mellorar a calidade do Ensino na nosa vila, aproveitando os seus dictames para presionar á Admón. Autonómica e entre todos e todas conseguir  que esta abandonara as súas políticas de recorte nos servizos educativos eumeses( CEFORES e 2 Escolas Unitarias pechadas, Reducción prazas profesorado,precipitada Recepción do novo Couceiro sen escoitar as demandas do colexio pedindo un  remate axeitado.. ), pero dende o Goberno Municipal elixiron non escoitar á Comunidade Educativa representada no CEM e simplemente asumir os recortes feitos pola Xunta. Agora foi a Comunidade Educativa a que optou por non escoitar a chamada do Sr. Concelleiro de Educación, e mentres, Pontedeume segue perdendo no presente educativo e polo tanto no seu futuro.

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.