No Pleno da Deputación Provincial de A Coruña, celebrado o día de hoxe, 26 de Novembro, se aprobou a formalización dun convenio co Concello de Pontedeume para a instalación do terreo de xogo de herba artificial no Campo de Fútbol de A Gándara, cunha aportación do organismo provincial de 340.000 €, correspondendo ó Concello aportar 5.862,07 €, equivalente ó IVA (18%) da cantidade principal.
Os socialistas eumeses queremos amosar o noso agradecemento á Deputación ó ver por fin formalizado no pleno provincial o compromiso adquirido o mes de febreiro polo seu Presidente co noso portavoz e ratificado na súa visita ás instalacións de A Gándara o pasado verano, e felicitar dun modo especial á gran familia do Eume Deportivo que en pouco tempo poderá disfrutar dun terreo de xogo digno da súa categoría e historia, facendo así realidade unha vella reivindicación dos seus directivos, xogadores e afeccionados.
Tras este acordo plenario, se procederá á firma dun Convenio entre o Presidente da Deputación e o Alcalde de Pontedeume, que permitirá iniciar os trámites de licitación das obras, agardando que se axilicen ó máximo para que as novas instalacións se atopen plenamente operativas a vindeira tempada.


