1ª.- Realizouse algunha actividade este mes para a mocidade dende a Concellería de Cultura?.
2ª.- En que momento se atopa a axuda municipal para material escolar, nº de solicitudes, data de concesión,etc.?.
3ª.- Haberá algunha novidade na custodia do CEIP de Andrade no 2º trimestre do curso escolar?.
4ª.- Ante as evidentes eivas do CEIP “Couceiro Freijomil” xa denunciadas no momento da recepción do mesmo e repetidas veces dende esa data pola Dirección do Centro tanto á Admón. Local como Autonómica, que se fixo dende a Concellería de Educación para mellorar as condicións do colexio e que pensan facer a partires de agora?.
5ª.- Para cando o Consello Escolar Municipal de comezo de curso?.
6ª.- Ante os problemas na cuberta do edificio onde está o Centro de Maiores, que medidas vanse tomar para solucionar dunha vez por todas as deficiencias nesta obra tamén denunciadas reiteradamente neste Pleno?.
7ª.- En Marzo de 2008, todos os compoñentes da Oposición Municipal, agás os do COE, presentabamos unha Moción na que entre outros acordos instabamos ao equipo de goberno a retirar a oferta de emprego público debido á nulidade do proceso, constituír a Mesa Xeral de Negociacións e informar do progreso das mesmas. O Goberno desoíu a Moción e condenou ao Emprego Público a tensións e perdas de tempo innecesarias. Logo do contundente fallo do Xulgado, que medidas vai tomar o Goberno e que tempos baralla para a súa realización?.
8ª.- Hai xa tempo que foron instalados na nosa Vila distintos tipos de contedores para a recollida selectiva do lixo. Cal é o funcionamento deste servizo?, realmente estase a facer unha xestión selectiva dos residuos?
9ª.- Ante as denuncias presentadas polos veciños da zona, que medidas se tomaron dende o Goberno Local para rematar cos vertidos de augas fecais que se están a realizar no vial que discorre paralelo entre o Paseo Marítimo e a Rúa Río Eume?
10ª.- Nos últimos días puidemos comprobar a existencia de defectos de construción en varias obras sufragadas con cargo ao Plan Estatal de Investimento Local, comunmente coñecido coma Plan E. Estámonos a referir ao afundimento do “Camiño Real” ou “da Picha” na parroquia de Ombre, ás lousas rotas e desprendidas na Corredoira das Virtudes ou ás xa mentadas goteiras na cuberta da Escola de Música. Que se fixo dende o Grupo de Goberno a este respecto?
11ª.- Hai unhas semanas que se inaugurou o albergue provisional de peregrinos. Quen é a persoa encargada da súa xestión?
12ª.- Meses atrás aprobábase en Sesión Plenaria unha moción presentada polo noso Grupo na que se instaba ao Goberno Local a elaborar un inventario de bens. En que punto se atopa dita elaboración?.
13ª.- Ante a ausencia de noticia algunha dende o goberno municipal ó respecto cando xa está a rematar o ano 2010, e tendo en conta que o vindeiro ano é ano electoral, cando pensan presentar ós grupos municipais o proxecto de Orzamento para o ano 2010?.


