Vimos de celebrar un Pleno máis crispado do acostumado. Esperemos que todos e todas saibamos reflexionar e facer do diálogo e da argumentación as ferramentas da nosa labor política e que a tensión non nos leve a insultos e atropelos democráticos.
Nos puntos da orde do día aprobáronse o Recoñecemento Extraxudicial de Crédito e o Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servicios de Competencia Municipal da Deputación (POS): A aprobación foi por unanimidade ao ser por 1º vez nesta lexislatura froito do consenso. Destacar unha vez máis o compromiso orzamentario tanto da Administración Provincial como da Estatal mentres seguimos esperando pola implicación da actual Xunta de Galicia en Pontedeume.
A tensión palpouse xa dende a primeira pregunta onde o Sr. Alcalde urxía á nosa concelleira a deixar o uso da palabra cando esta amosaba o seu desacordo coa falla de actividades culturais específicas para a mocidade eumesa durante o mes de novembro, o que supón unha continuidade no abandono dos servizos aos xoves pois tamén no verán foron excluídos da oferta municipal (Non houbo campamento municipal, urbano…). Lembramos a ausencia do “Planet” e que os nenos e nenas de máis de 12 anos vagan sábado tras sábado polas rúas eumesas sen ningún tipo de oferta que preveña a aparición do temido botellón.
As Axudas Municipais para Material Escolar, có fin de paliar o custo económico de comezo de curso das familias con renda inferior a 18.000€, atópase na fase de estudo das solicitudes.
Non hai oferta concreta para o Mantemento do colexio de Andrade a partires de Xaneiro.Non van contratar a un interino e non saben como van cubrir a praza, mais pensan cubrila.
Ante a preocupación dende o noso grupo pola recepción apresurada e irresponsable da Xunta dun colexio sen rematar e cheo de problemas, pola falla de resposta inicial do Goberno Municipal e a denuncia da actitude do Concelleiro de Educación que, unha vez máis, en vez de informarse e apoiar aos servizos educativos do seu Concello cando a situación do Couceiro empeorou gravemente días pasados, optou primeiro polo desmentido das declaracións da Directora do Couceiro, para logo pasar a colgarse medallas na prensa insistindo no continuo diálogo, dende entón, coa Xunta, o Sr Crespo utilizou a resposta retrovisor, mira atrás, nada é da súa incumbencia e responde con evasivas e de paso crispando canto pode. Calquera día enfociña de tanto mirar atrás…
Ante a nosa denuncia de que logo de moita visita de técnicos os obreiros seguen sen traballar na rápida e integral solución ás eivas xa denunciadas dende no momento da recepción, o Sr Alcalde comezou a desesperar, xa dicía non saber nin que teitos caeran e ante o nome do Centro de Formación de Profesorado a súa tensión non o deixou pensar e pasou directamente ás descalilficacións á nosa Concelleira que reiteradamente ven denunciando en Pleno e prensa o recorte de servizos en Pontedeume, sendo o CEFORES un deles: Nun colexio novo equipado con instalacións para que continuara o Couceiro sendo sede de aulas para a formación do profesorado e recursos para as escolas da zona, a Xunta optou por non utilizalas e dar este servicio a Pontedeume dende Ferrol. Non caendo na utilización do insulto emprazamos ao Sr Alcalde á lectura das actas dos Plenos correspondentes para comprobar quen minte ou non.
Instámoslle a tomarse o tema en serio e esixir á Xunta unha rápida e integral solución aos problemas do colexio polo primordial interese do ensino eumés e mirando ao futuro tamén polos interesen económicos do Concello debido ao maior ou menor custo do seu mantemento segundo sexa a calidade final das instalacións.
Para o Sr. Crespo o curso debe comezar en decembro pois convoca o 2 do próximo mes o correspondente a principio de curso, ou será o de fin de curso que non puido celebrar? Non será que este ano non houbo razóns de peso para escoitar á Comunidade Escolar representada no CEM?
O nerviosismo foi en aumento e a pregunta sobre a Oferta Pública de Emprego anulada polo Xulgado por ser contraria ao Ordenamento Xurídico ao non ser escoitados os intereses dos traballadores na correspondente Mesa de Negociación subiu a temperatura da sala.
Logo de perdas de tempo e tensións innecesarias o 14 de decembro está convocada a Mesa de Negociación, non apreciamos outro cambio na actitude do Goberno que faga prever a chegada da paz social ao noso Concello. O punto de partida será o mesmo, a oferta de 2008 e non quixeron nin oír falar de consolidación de emprego, promoción interna, tipo de concurso oposición… O Alcalde recortou unha vez máis as intervencións, en especial cada vez que tentaba falar o Concelleiro máis novo da Corporación (situación esta nada novidosa, non sabendo que é o que máis molesta ao Sr. Torrente si o contido das palabras do Sr. Fernández ou a súa xuventude). O Sr. Alcalde botou balóns fora unha vez máis e pretendeu eludir as súas responsabilidades, dicindo sobre a realización da Oferta de Emprego Público: “Fíxose como dixeron os técnicos do Concello”.
Na oitava pregunta se está a facer a recollida selectiva de lixo, pensan que tamén nas illas ecolóxicas.
Non lles constaba o problema de vertidos de augas fecais, comprometéronse a informarse e actuar.
As obras do Plan E que teñen problemas, que son como ben sabedes moitas, están a ser solucionados polas empresas adxudicatarias das mesmas, confiemos en que desta o fagan ben. Nesta pregunta ao serlle denegada a palabra ao noso Concelleiro, este en sinal de protesta abandonou o Pleno.
A 11ª pregunta respostaron que a mesma persoa que o estaba a facer e en principio có mesmo protocolo.
A 12ª non a puideron contestar ao estar a Secretaria de vacacións.
Aínda non teñen data para presentar o proxecto de Orzamento!!!, pero esperan seguir coa boa sintonía acadada no POS.
1º.- Diante da celebración no día de hoxe do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o grupo municipal socialista insta ó goberno municipal a:
A rápida recepción pola actual Xunta de Galicia da obra do novo Couceiro, con eivas na cuberta, pistas sen aillar, patios sen rematar, peches sen completar etc., máis a deixadeza do Concello que aínda non lle colocou os tobogáns, cabaliños…,non puxo o chan do patio de Infantíl, que deixou de limpar os patios estando toda a semana pasada chea de cristais e outros restos do botellón a zona superior, non podendo utilizarse o patio cuberto nos días que tanto chovía, levan a unha marcha académica chea de incidencias alleas ao profesorado e ao alumnado pero que non fan máis que entorpecer a actividade do centro.
Cando están a piques de cumprirse 4 anos da aprobación da denominada “Lei de Dependencia”, no Concello de Pontedeume logo de o Goberno presidido polo Sr. Torrente optar pola externalización do servizo (Setembro 2008) vai para dous anos que a atención aos dependentes está con unha prórroga ilegal dun contrato menor de 18.000€ que garantía o servizo só ata decembro de 2008.
Hai un mes que se aprobaba no Pleno da Corporación a Conta Xeral correspondente ao ano 2009. Unha vez máis tal e como ven acontecendo dende hai tres anos, neste documento facíase constar por parte da Intervención Municipal o carácter irregular e ilegal da contratación de empresas sen ningún tipo de concurso público para o mantemento do alumeado público, a recollida de enseres ou a xestión do Pavillón Municipal e o Centro de Maiores…

