Preocupación ante o lamentable estado no que se atopa o “Teixo” do Paseo Marítimo.

27 oct

Hai xa ano e medio que denunciamos ante o Pleno da Corporación o mal estado no que se atopaba o coñecido como “Teixo da casa dos Tenreiro” , cuio aspecto pouco saudable facía pensar que a árbore podía estar afectada por algún tipo de enfermidade. Nesa mesma sesión plenaria esiximos ao Goberno Municipal a limpeza do recinto que rodea o exemplar xa que este se atopaba ateigado de lixo, rogo que viñemos reiterando dende aquela data dada a pasividade da Concellería de Servizos.

Días máis tarde trasladáronse á nosa vila técnicos da estación fitopatolóxica Areeiro, que tras varias comprobacións e análises dictaminaron que a árbore atopábase en bo estado, trasladándolle ao Concelleiro de Servizos Javier Crespo a necesidade de instalar un novo sistema de seguridade para a peche do recinto, xa que o existente fora forzado polos vándalos, ocasionando danos á árbore.

A día de hoxe pódese comprobar que o Teixo sufriu un importante deterioro, con a caída de máis follas así coma o incremento de ramas secas, circunstancia á que hai que engadir o lamentable estado no que se atopa o recinto circundante, ateigado de todo tipo de residuos: bolsas de plástico, botellas, latas…e que un ano e medio máis tarde e a pesares das recomendacións dos técnicos, segue sen contar con unha pechadura que impida a entrada.

Se ben non se pode culpar ao Goberno Municipal das posibles enfermidades que poidan afectar ao exemplar, si se pode, e así o facemos, responsabilizalos da situación de abandono na que se atopa, ignorando reiteradamente as peticións do noso Grupo para que se lle presten as atencións necesarias así coma para que se manteña limpo o recinto.

O feito de que esta e outras situacións, coma a non limpeza das pintadas no Torreón dos Andrade se prolonguen no tempo dende hai máis de tres anos, é unha clara evidencia do desprezo e ausencia de interese do Goberno de Gabriel Torrente polo patrimonio de todos os eumeses i eumesas.

Advertisement

10 comentarios hacia “Preocupación ante o lamentable estado no que se atopa o “Teixo” do Paseo Marítimo.”

  1. Partidisticamente neutral octubre 28, 2010 a 6:30 pm #

    2 anos despois da lamentábel situación, o PSdeG de Pontedeume decide chamar a La Opinión e dicir que se atopa en estado lamentábel. Gracias pola información, non tiña noticias ao respecto.

    A denuncia xa a sabiamos por outros cidadáns preocupados de Pontedeume, máis preocupados polo teixo que vós polas eleccións.

    Por favor, non censuren o comentario. Gañan en honra cando non o fan.

  2. Pepe octubre 29, 2010 a 12:42 am #

    Anda home anda, debes de pensar que es o embigo do mundo, pero realmente o que pasa é que non te enteras e estás moi mal informado. Se miras a hemeroteca ou nesta mesma páxina verás que o PSOE denunciou o estado do Teixo ao longo dos tres anos de lexislatura,antes incluso de que o fixera a “asociación” á que pertences, o digo porque nos coñecemos todos.
    Menos mal que nos informades aos veciños de Pontedeume do estado do Teixo, como non pasamos por alí e o vemos…Xa está ben de tanto protagonismo e tanta trapallada, se foras polos plenos en lugar de andar polos foros e polas terrazas te enterarías do traballo que se fai dende o PSOE eumés, claro que non o fas porque de facelo non terías tempo a inventar estas realidades nas que só ti vives e te preocupas e traballas por esta vila. Debes de ter algún tipo de complexo de inferioridade que fai que teñas obsesión por sentirte importante.

  3. Pepe octubre 29, 2010 a 12:50 am #

    Por certo, esquecíame, mira as entradas anteriores anda, mira e entérate. Xa no ano 2008 denunciamos esta situación. Infórmate antes de falar, aínda que non creo que valga de nada, xa que sabemos que non che importa, seguirás intentando enganar ao persoal, intentando porque non o consegues, esa é a túa obsesión, a obsesión dos que se senten únicos, imprescindibles, elixidos pola providencia para guiar ao rabaño…jejeje.
    Pobre, no fondo sinto pena, pobre “traumado”.

    • Partidisticamente neutral octubre 29, 2010 a 11:00 am #

      Perdoa, a túa falta de respeto sobra. Os ataques persoais deixan de ter sentido cando non sabes nin quen son nin eu sei quen eres. Nin sabéndoo penso falar do PSdG como guía do rabaño (precisamente eres ti o que se adica á política, polo xeito en que respostas en representación do grupo ao que aludín) nin do afán de protagonismo (precisamente tedes esta páxina para elo, e non me parece mal).

      Así que primeiro saberás que non teño nin pertenzo a asociación ningunha de Pontedeume, si a algunha autonómica relacionada co medioambiente, só adoito pasear por preto do teixo de vez en cando. E xa teño lido na prensa e noutras páxinas algunhas denuncias anteriores. Vós levades desde xuño do 2008 , curiosamente un mes despois de que un eumés, imaxino, publicou a primeira denuncia notoria na rede, anque xa entre os veciños fora palpable a preocupación

      http://pontedeumecrecedenuncia.blogspot.com/2008_05_16_archive.html

      Dende aquela, estades recursivamente copiando e pegando nos rogos do pleno o “lamentable estado do teixo, requerindo o desbroce e limpeza das inmediacións”. Éche moi cómodo copiar e pegar o rogo e quedar cos brazos cruzados.

      Nembargantes, é en abril do 2009 cando alguén decide facer algo máis que copiar un rogo nos plenos:

      http://sospontedeume.com/?p=2037

      Chámase aos organismos encargados e comezan os tratamentos. Ademáis, moita máis información sobre as afeccións, os tratamentos, o proceso, etc.etc, que a min me serviu para quedar máis tranquilo que lendo a vosa páxina e comprobando que só esixides a limpeza e o desbroce un mes si e outro tamén, importándovos pouco o que é máis importante, ou importándovos menos a situación do outro teixo polo “efecto rotonda”. Mesmo nalgún pleno recoñécese que non sabedes en que situación se atopa o teixo, situación que manifestades no pleno de setembro de 2008. Non facedes máis que preguntas en pleno. Digo todo isto porque non teño constancia, segundo o que aquí publicades, de que estiverades interesados nalgún momento polas actuacións e o estado de saúde do teixo, máis aló de exhibir ante a cidadanía a través desta páxina que sodes conscientes de que a merda acumulada debaixo dunha árbore senlleira non é algo bo, evidentemente, e hai que recollela, evidencias obvias.

  4. Partidisticamente neutral octubre 29, 2010 a 11:10 am #

    Por certo, hai un bo resumo dos acontecementos en

    http://pontedeumecrecedenuncia.blogspot.com/2009/05/el-ayuntamiento-tambien-se-preocupa-del.html

    para quen o queira ler.

  5. Pepe octubre 29, 2010 a 5:16 pm #

    Sigo dicindo o mesmo, falas sen saber do que falas, non é dende o 2008, só era un exemplo, é dende principio da lexislatura. Son votante e militante do PSOE eumés e me fastidia que se critique sen coñecemento de causa e con a única intención de desvirtuar o traballo dunha xente que sacrifica o seu tempo traballando por esta vila, é inxusto.

    Parece que aquí se reparten “denuncias en propiedade”, esta denuncia é de tal persoa, esta de outra, o PSOE só pega…o PSOE, como parte do seu traballo no Concello denuncia en Pleno. Amigo meu, ou te adicas a perseguir á xente ou repito non sabes do que falas. Non todas as xestións que se fan se publicitan, cónstame.

    Algúns traballan moito e no anonimato e non consinto que alguén sen información e con moi mala intención tire polo chan o traballo que fan os meus compañeiros.

    Calquera persoa normal se alegraría de que se denunciase isto unha e outra vez, só a alguén con un afán de protagonismo desmedido, unha mente infantil e unha manía persecutoria se lle ocorrería o que a ti se che ocorre. De neno pequeno, “eso o denunciou antes outra perso, copión”. Hai que ser un pouquiño máis serio.

    Vai a tirar o traballo dos que se sacrifican para mellorar a nosa vila a outro sitio.

  6. Partidisticamente neutral octubre 30, 2010 a 12:02 pm #

    Eu non estou falando do suxeito activo que fai a denuncia por arbitrariedade, senón a raíz das túas argumentacións en base ao afán de protagonismo de determinados individuos.

    A miña crítica se restrinxe ao traballo que se supón fai o PSOE por, neste caso, resolver o problema do teixo. E segundo a información que vós mesmos dades, o traballo que facedes é insuficiente, porque hai suxeitos que na soidade de partido ou apoio institucional mostran máis acción que vós. Se o PSdeG de Pontedeume fai traballo na escuridade como dis, entón non estaría mal que deixando de lado o despotismo típico para temas top secret (si, o teixo é un tema top secret?) publicarades algo máis informativo, na prensa, nesta páxina, sobre o tipo de accións que efectuades.

    Por elo digo, e teño razóns de sobra para dicilo, que se no pleno X do ano Y dicides que non sabedes nada do estado actual do teixo, e solicitades dita información no pleno, non me veñas agora a dicir que tedes un traballo na sombra por mór do teixo.

    E todo isto con toda a liberdade que teño de criticar unha postura moi frecuente no voso grupo de levar as mans ao ceo por algún motivo, facer a denuncia no pleno, pero nunca, e digo nunca, elevar ás autoridades competentes algún tipo de queixa (xa non digo denuncia). Por exemplo: o teixo da gasoliñeira, os pasos subterráneos, as rotondas e Galeras seguen sen permiso de Patrimonio, e vos da exactamente igual. Como moito ides dicir nun pleno que as varandas que se puxeron sobre a ponte do tren do Portiño non sabedes se contan con permisos de Patrimonio.

    En fin, só era unha crítica creo que merecida.

  7. Pepe noviembre 4, 2010 a 9:40 am #

    Sigo dicindo o mesmo, non é para nada merecida, falas sen saber. Foi o PSOE o primeiro Grupo en denunciar o da Galera…
    Repito, non se publica todo o que se fai, hai moitas xestións vía teléfono… das que non se da conta.
    Xa sei que non che vale, porque non che interesa, a túa intención é outra, está ben claro. Só hai que mirar o teu primeiro comentario:

    “2 anos despois da lamentábel situación, o PSdeG de Pontedeume decide chamar a La Opinión e dicir que se atopa en estado lamentábel. Gracias pola información, non tiña noticias ao respecto.”

    para darse conta de como lle fuches dando a volta á túa argumentación para defender o indefendible, cando se che demostrou que se denunciara con anterioridade desviaches o tema a si se denunciara só no Pleno…
    Repito novamente, queda claro cal é a túa intención, criticar porque si, debes de ter algún tipo de problema con este partido, iso como mínimo…

  8. Partidisticamente neutral noviembre 7, 2010 a 1:23 pm #

    As obras da Galera foron primeiramente denunciadas o 25 de agosto por outros, e posteriormente polos grupos do PSOE e BNG o 27 de agosto en pleno.

    Agora ben, outra vez máis, a denuncia se limita a mención en sesión plenaria do descontento do grupo. E punto e final ao asunto. As xestións na sombra non se poden comprobar, porque non publicades nada ao respecto. E máis importante, porque non rematan en ningún acontecemento ao efecto. Así que falar de oidas e a rumoroloxía déixaa para outro. Os teus argumentos son incontestabeis se non argumentas.

  9. Flipante noviembre 10, 2010 a 4:42 am #

    Un chega aquí e se atopa con este tipo de debates innecesarios o só termina pensando unha cousa. Non haberá que alegrarse de que haxa un grupo político que polo menos se preocupe do que pasa na vila? Se denuncian algo, malo, se non o fan, igual de malo. Non entendo a postura dun dos dous firmantes que se pasou por aquí, Cando che demostran que si se presta atención sobre o tema, desvías o tema, e logo vaste polas ramas.
    E se che parece tarde a chegada dunha denuncia que o que pretende e solventar un problema cunha solución ainda posible, entonces é que ti non eres do tempo, ou que tanta sirena de patrol deixoute os miolos desfeitos.
    Uns traballan gratis e no seu tempo libre polo funcionamento do pobo, indo a plenos, a deputación, a concellos veciños, a reunirse coas asociacións, etc. Ti que fas? ter unha páxina web e pensar que eres o rei das políticas reformistas?
    Anda home e vaite a dar unha volta a ver se deixas de dicir tonterías, que me parece que debes de ter moito tempo libre para dicir tanta chorrada xunta.

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.