1ª.- Que actividades dentro do programa de apertura de centros fora do horario escolar ten a día de hoxe o Concello para o alumnado de secundaria?.
2ª.- Cando se vai abrir o Planet? Que programación teñen para este ano?
3ª.- Dende o grupo socialista miramos con preocupación as políticas sociais en Pontedeume e vemos que cando a Conselleira de Traballo e Benestar fala claramente de bloquear a finanzación de Dependencia, garantindo só a atención a aqueles que na actualidade están atendidos, e deixando fora das axudas ós dependentes en trámite, en Pontedeume estamos ó comezo do camiño e os que están atendidos non teñen aínda o prego e o concurso regulamentario.
- Cando pensan realizar este trámite que debera ser inicial?
- Xestionaron coa administración autonómica a atención de aqueles dependentes que dada a lentitude da maquinaria burocrática aínda non teñen atención baixo a Lei de Dependencia?
- Vendo a probable creación de postos laborais relacionados có coidado aos dependentes na nosa Vila, pensan solicitar algún curso para o noso centro de formación para que os eumeses e eumesas poidan acceder a traballos deste perfil?.
4ª.- A piques de comezar as obras de acondicionamento de dúas naves das Lonxas de Raxoi para albergar o Mercado Provisional, dispoñen xa da financiación necesaria para a rehabilitación do Mercado Municipal? Que pasos se deron ou se están a dar neste sentido? Teñen xa solucionada a cuestión referida á adquisición e posterior derrubo do edificio da “agraria”?.
5ª.- Denunciamos en pasadas sesións plenarias que a causa das obras de mellora da instalación eléctrica dunhas vivendas de Centroña se secara a fonte do Quinteiro. A día de hoxe a fonte segue sen auga. Pasados xa varios meses dende que acontecera este incidente, que medidas concretas tomou o Goberno Municipal a este respecto?
6ª.- Fomos informados que por parte do Concello se entregaron a varios comerciantes mandos para a apertura dos “hitos hidráulicos” que pechan o casco histórico. É isto certo? De ser así, e tendo en conta que na última sesión plenaria o Concelleiro responsable desa area informou aos presentes de que a ordenanza de tráfico impedía a entrega destes dispositivos, procedeuse por parte do goberno a modificar dita ordenanza?
7ª.- No Pleno da Corporación do mes de Setembro o Concelleiro de Servizos informaba da decisión adoptada polo Grupo de Goberno pola que se procedería a retirar contedores do lixo en varios lugares da nosa Vila. Cando pensan facer efectiva esa medida e que zonas serán as afectadas?
8ª.- Hai xa semanas que foron colocados en varias fontes da nosa Vila carteis de advertencia ante a non potabilidade das súas augas. Que medidas se tomaron dende o Goberno para solucionar este problema?
9ª.- Ata cando van consentir que Pontedeume siga sendo posiblemente o único Concello de Galicia que permite o estacionamento de vehículos na súa principal zona verde urbana? Para cando pensan pechar a Alameda á entrada de vehículos e devolverlla ós veciños para o seu lecer e esparcemento?.
10ª.- A recente e importante modificación da Lei do Solo, a normativa do POL, e incluso as modificacións que en materia urbanística se están a incorporar na Lei de acompañamento os Presupostos da Xunta de 2011, abren novas vías para a planificación urbanística e obrigan á adaptación do PXOM de Pontedeume actualmente en tramitación, ó incorporarse novos usos e tipoloxías nos asentamentos dos núcleos rurais, e ó establecerse novos ámbitos de protección. Ó abeiro desta nova regulación urbanística, ten previsto o goberno municipal aproveitar as vías que se abren para modificar o PXOM e regularizar de forma definitiva as vivendas de Nogueirosa con licenzas anuladas, e nalgún caso pendentes de derrubo, como están a facer outros Concellos de Galicia en situacións semellantes?.


