Cando o Partido Popular chegou ao goberno eumés atopouse con grandes obras iniciadas, outras case que rematadas e outras xa adxudicadas. Así o Sr Torrente recibiu o edificio da nova Confraría, os novos Almacéns, o CEIP “Couceiro Freijomil”, e a piques de iniciarse a obra de remodelación da fachada marítima,das rotondas da entrada a Pontedeume, da subvención da Deputación ao Campo de Fútbol Municipal… Si a esto sumamos a grande inversión que supuxo os Fondos de Inversión estatal coñecidos como “Plans E” na nosa vila, estamos a falar de un gran impulso ao engadirse un orzamento millonario da administración estatal coas obras da anterior Xunta de Galicia .
Estas obras desconxestionaron os orzamentos municipais dos últimos tres anos e contribuíron a que a facenda local continuara saneada e se dera o momento para que as inversións municipais cubriran outras areas vitais para a veciñanza eumesa , as areas sociais.
Lonxe de aproveitar esta circunstancia o goberno eumés, como vimos denunciando toda a lexislatura, abandonou os Servizos Sociais, a Educación, a Sanidade e a Cultura. Areas que non contaban no seu programa e que seguen sen contar na súa xestión política.
Non houbo, nin hai, dotación para mercar terreos para a nova Escola Infantil Municipal, nin para o Centro de Día Público (Si apareceron para facelo privado), nin para aparcadoiros.
Non houbo, nin hai, previsión de gasto nas Escolas Unitarias, déixanse pechar e non xestionan novas utilizacións que dean servicios ás parroquias. Redúcense as axudas para material escolar( De 90 a 60€, e só para as rendas inferiores a 18000€).Négaselle o conserxe ao colexio de Andrade. Cálase ante as reduccións en Educación por parte da Xunta (Desapareceron dúas escolas, o Centro de Formación e Recursos, reduciuse a dotación de persoal dos centros…)
No eido sanitario o Sr Alcalde dixo en Pleno que solo faría xestión en caso de emerxencia, desfacéndose de parte das súas responsabilidades. Vemos como un Centro de Saúde que non paraba de medrar sofre un parón e marcha atrás. Atopase con salas baleiras esperando que se amplíen servizos,ten problemas de cobertura de baixas do persoal que incrementan a carga de traballo dos médicos e médicas e prolongan os tempos de espera…
En Cultura vívese entre o continuísmo e a improvisación. Logo de unha forte inversión estatal na rehabilitación da Casa da Cultura está atópase a cotío pechada, carecendo de programación estable. Nin en Pleno informan,nin na páxina do Concello, a prensa non avisan…E a meirande parte dos veciños non acceden a e escasa oferta cultural por falta de difusión.
Chegándose a extremos insospeitables que raian o mal gusto: Actos tan importantes como a homenaxe a Ramiro Fonte anúncianse dous días antes
e solo por carteis.A Casa de Cultura non se encheu porque os veciños nos se entearon dada a improvisación que reina na Concellería de Cultura.
Os Servizos Sociais son a irmá máis pobre deste goberno cando foi a xoia máis prezada de gobernos anteriores que os dotaron de persoal e si tiveron sensibilidade social, aínda cando non corrían tan malos tempos.
En Pontedeume mentres a Conselleira de Traballo e Benestar anuncia que “Los dependientes en trámite se quedarán fuera de las ayudas” aínda seguemos sen sacar a concurso a atención a todos os dependentes con cobertura da Lei de Dependencia, sendo atendidos por unha empresa privada con continuos reparos da Intervención Municipal, mentres, outros moitos dada a lentitude da administración, son “eses” que a Sra. Conselleira di que xa non terán axudas.
Os campamentos Municipais de Verán desapareceron,actividades de verán para adolescentes, non houbo.
O Plan de Solidariedade Municipal aprobado á nosa proposta, por unanimidade no Pleno, segue esperando pola obrigada xestión do Sr Alcalde que parece non ter tempo para programar un Plan que garante que os eumeses máis afectados pola crise van ter un apoio nos servizos básicos que presta o Concello.
E mentres a Protección Civil úsase para cubrir postos laborais municipais,…
Dende o Grupo Municipal Socialista non deixamos de cuestionarnos:
Esta é a política social que se merecen os homes e mulleres de Pontedeume en épocas de vacas fracas?. Cando vai a investir o Goberno do P.P. de Pontedeume en Educación, Servizos Sociais, Cultura…si non é agora que outras administracións lle fixeron as obras, dotaron aos veciños de servizos e lle deron un forte impulso económico ao noso Concello?


