1ª.- Cal é a planificación da Casa da Cultura para este Outono-Inverno?.
2ª.- No mes de Xullo, ante unha pregunta do noso grupo sobre as futuras funcións das escolas pechadas, aprazaron a súa resposta á próxima reunión coa responsable provincial. Poden agora informar sobre os resultados da devandita reunión? Que melloras xestionaron para a oferta educativa en Pontedeume?.
3ª.- Cal é a situación laboral do persoal que cobre a garda e custodia do CEIP de Andrade? Ata cando vai durar? Como e cando van sacar a concurso a conserxería do citado centro?.
4ª.- Cal foi o custo dos paneis informativos instalados polo Concello nos últimos días?, Cantos destes elementos se colocaron e cal foi o criterio á hora de decidir a súa localización?
5ª.- Hai xa máis dun mes que por parte da “empresa amiga” se procedeu ao cerramento dos marxes da “Ponte do Cristo” que da acceso á praia de Centroña e á depuradora municipal “incrustando” unha valla metálica na cantería. Elaborouse para esta actuación algún tipo de proxecto?, foron solicitados os pertinentes permisos á Dirección Xeral de Patrimonio así coma á Demarcación de Costas e a RENFE?
6ª.- Nas últimas declaracións en prensa do Sr. Alcalde daba unha nova data, e xa van tres, para o inicio das obras do Mercado Provisional, existe algunha novidade ao respecto?
7ª.- Hai xa meses que se procedeu á instalación duns soportes para os contedores nalgunhas zonas da nosa Vila, cantos destes elementos foron colocados e cal foi o seu custo?


