Despilfarro de fondos para a adquisición de mobiliario urbano.

26 sep

Hai xa días que o Sr. Alcalde anunciaba na prensa unha partida de 70.000 euros para a adquisición de mobiliario urbano, partida á que o Concello só aportaba o 20% do total por tratarse dunha subvención da Deputación Provincial, dato omitido deliberadamente polo rexedor municipal nun exemplo máis da confrontación institucional na que está instalado dende hai meses.

O Grupo de Goberno decidiu investir esta subvención unicamente na compra de papeleras, bolardos e bancos, adicando á adquisición destes últimos a maior parte dos fondos. Sen estar en contra da instalación deste tipo de elementos naquelas zonas do noso termo municipal onde son necesarios, parécenos un desplifarro que se estean a malgastar miles de euros en substituír bancos que se encontran en prefecto estado, ou que no peor dos casos, só necesitaban dun “pequeno e barato” arranxo. Sirva coma exemplo o da Av Ricardo Sánchez, na que non se entende a profusión destes elementos nunha zona cuias características fan que a súa utilidade sexa cando menos discutible ou a Av. Saavedra Meneses, onde hai dous anos xa se sustituíran algúns deles por outros de ferro, reemplazados á súa vez nos últimos días por uns de madeira; saturando a zona con a instalación de 14 bancos nun espazo de menos de 100 metros, o que a todas luces resulta antiestético e representa un claro exemplo de despilfarro e mal gusto.

Como se pode ver nas fotografías o descrito anteriormente contrasta con o pésimo estado no que se atopan os contedores soterrados localizados na mesma zona; abollados,  sucios e sen portas. Este feito foi denunciado en numerosas ocasións polo noso Grupo, dado o abandono ao que están sometidas todas as “illas ecolóxicas” da nosa vila. Pleno tras Pleno esiximos ao Goberno Municipal o seu arranxo inmediato recibindo sempre por resposta a negativa do responsable deste area, Javier Crespo, quen xustificaba a súa postura aludindo á ausencia de fondos para tal fin. Compre aclarar que estes sistemas de almacenamento de residuos tamén se consideran mobiliario urbano, polo que poderían ser arranxados con cargo a esta achega da Deputación, por desgracia, dende o Grupo de Goberno optouse por non facelo. Esta actitude retrata perfectamente a total ausencia de interese do Alcalde Gabriel Torrente e os seus Concelleiros por solucionar os problemas relacionados con o servizo de limpeza e recollida lixo que afectan á nosa vila.

Por todo o exposto, denunciamos e lamentamos a pésima xestións destes fondos levada a cabo polo Goberno do Partido Popular, que abarrota zonas do casco con bancos, substitúe elementos en perfecto estado de conservación ou non arranxa aqueles que se atopan en pésimas condicións,  mentres outros puntos do noso termo municipal como o mirardor de Cabría, o de Centroña, a parte alta do parque Sarmiento e tantos outros seguen sen apenas mobiliario o con o existente totalmente esnaquizado.

Advertisement

2 comentarios hacia “Despilfarro de fondos para a adquisición de mobiliario urbano.”

  1. Clara septiembre 26, 2010 a 2:57 pm #

    E non vos parece outro despilfarro os 300.000 euros que se van gastar no campo de fútbol?
    Non hai outras prioridades?

  2. Pepe septiembre 30, 2010 a 11:54 am #

    Realmente hai outras actuacións nas que investir estes cartos; máis necesarias?, depende de como se mire e a quen se llen pregunte, pero de todos modos, estes fondos veñen dunha subvención creda específicaente para a instalación de herva artificial, polo que non se poden adicar a ningún outro tipo de investimento. Ou se solicita ou non, esa é a cuestión.

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.