Ante as múltiples recortes de persoal nos centros educativos eumeses o Grupo Parlamentario Socialista presenta ao Parlamento as preguntas e a Proposición non de Lei que vos achegamos a continuación:
Proposición non de Lei para debate en Comisión
Pregunta á Consellería para resposta por escrito
Pregunta á Consellería para a súa resposta oral en Comisión
Hoxe reabríronse as dúas escolas unitarias do noso Concello, chegaron as mestras titulares antes de que a Xunta nomeara ao persoal substituto.Non por isto debemos deixar de denunciar o abandono da escolarización deste alumnado por parte da Administración Autonómica, en Boebre están a iniciar o curso cando os demais nenos e nenas de Galicia xa levan dúas semanas de clases.
O recorte na dotación do persoal do IES “Breamo” persiste e os nenos e nenas de Infantil de Andrade non teñen mestre de apoio que consta no catálogo de postos de traballo e que fora nomeado en Xuño para desaparecer en Setembro.


