Rogos que levamos ao Pleno Ordinario de Agosto

26 ago

1.- Queremos chamar a atención de novo sobre o abandono e deixadez á que o goberno municipal ten sometidas as zonas verdes do noso Concello. Ó mal estado e inutilización dunha parte do Parque Alcalde Sarmiento,  á deficiente recollida de residuos sólidos nas Fragas do Eume e ó deterioro e utilización como estacionamento permanente de vehículos da Alameda de Raxoi, debemos sumar a situación de abandono que presenta o entorno e área recreativa de San Miguel de Breamo, coa herba alta, invasión de maleza, restos de mesas e construccións de madeira da romería de Maio, árbores secos e suciedade por todas partes, o que supón un lamentable espectáculo para os veciños e visitantes que se achegan á ermida románica, máxime nesta época de turismo e lecer. No diario “La Voz de Galicia” do pasado día 18 de Agosto, e na súa sección “Crónicas del Territorio”, escrebía Andrés Precedo Ledo: “… pero concluiré señalando la suciedad, la desidia, la negligencia y todo lo que se quiera del monte Breamo en Pontedeume: el estado lamentable del entorno de la bellísima iglesia románica que lo corona se prolonga por la ocultación del mejor mirador natural de la zona por construcciones privadas o por eucaliptos”. Pregamos ó goberno municipal que adopte as medidas necesarias para pór fin dunha vez por todas á degradación que están a sofrer as zonas verdes do Concello, contribuíndo así á mellora e posta en valor do noso  territorio, do noso patrimonio, e da nosa paisaxe.

2.- As obras de pavimentación das Rúas San Agustín e Virtudes, retrataron a incapacidade do goberno municipal para establecer un dispositivo especial de tráfico, que dexenerou nun caos circulatorio que estamos a vivir case a diario. A falta de sinalización das vías alternativas, a apertura e peche de xeito caprichoso da Rúa Ferreiros ó tráfico rodado -mantendo o sinal de dirección prohibida cando está aberta- ou a utilización en doble sentido circulatorio da Rúa Tafona e a Corredoira das Virtudes, está a pór a proba a paciencia dos usuarios e veciños con pésimos resultados. A todo isto debe engadirse a presenza o fin de semana no novo paseo marítimo do Porto, de vehículos estacionados en riba do pavimento de pedra e na zona inmediata ó paseo de madeira. Compre rematar con este caos circulatorio, polo que pregamos que polo goberno municipal se adopten as medidas de regulación, vixilancia e control do estacionamento e circulación de vehículos na nosa Vila, poñendo ás persoas por riba dos coches, e devolvendo ós veciños os espazos de lecer que lles están a ser diariamente usurpados.

3.- Diante das xustificadas queixas dos veciños polo apagón do alumeado público entre o Souto da Vila e a Praza da Calzada que poidemos comprobar estes tres últimosdías, pregamos, se non se fixo hoxe, se proceda de forma inmediata ó seu arranxo evitando que se repita polo risco que supón pola noite para os residentes na zona.

4.- Con motivo das obras de ampliación da Rúa Galera, e de construcción do peche perimetral do colexio por esa zona, vemos con sorpresa como o devandito peche remata nunha parede vertical de máis de dous metros de altura na fronte á Avenida de Ferrol, que ademáis de antiestético e do efecto pantalla que produce, contrasta coa altura do resto do muro pola devandita avenida. Cremos, xunto con moitos veciños que nos fixeron chegar a súa sorpresa, que debería buscarse unha solución menos impactante e de menor altura na unión do peche novo co antigo dende o encontro das dúas rúas, polo que pregamos que por parte do Concello se fagan as xestións necesarias diante da empresa constructora ou de quen corresponda para darlle resposta a este problema dunha forma máis estética e satisfactoria.

5.- Pregamos doten os parques infantís eumeses de columpios adaptados aos máis pequenos( os que lles permiten balancearse con seguridade e autonomía) e o arranxo dos parques infantís que se atopan fora do casco, especialmente o de Vizús dado o seu lamentable estado.

6.- Pedimos a revisión lingüística da páxina web do Concello, que segue mesturando as dúas linguas oficiais e con incorreccións ortográficas e gramaticais. Rogamos a súa actualización, xa que, por poñer un exemplo, aínda remite aos usuarios e usuarias ao edificio de FOREMDES. Reiteramos o rogo xa presentado da ampliación da páxina Web con todos os documentos que podan facerse públicos para facilitar a súa consulta pola veciñanza e así tamén dar axilidade á administración local.

7.- Ante o inicio da tempada deportiva pregamos a adaptación dos horarios do Pavillón Municipal ás necesidades dos usuarios e usuarias, e a axilización e eficacia na xestión das axudas para o Campo de Fútbol Municipal a fin de facer realidade o máis axiña posible as melloras programadas para as instalacións da Gándara.

8.- Aproveitamos a ocasión para lembrarlle ó Sr. Alcalde que en contra do que ten declarado na prensa recientemente asegurando que a RPT fora aprobada polo anterior goberno, que tal e como consta en acta o devandito acordo foi tomado pola anterior Corporación incluíndo os votos favorables do seu grupo.

9.- Queremos chamar a atención de novo sobre o abandono e deixadez á que o goberno municipal ten sometidas as zonas verdes do noso Concello. Ó mal estado e inutilización dunha parte do Parque Alcalde Sarmiento, á deficiente recollida de residuos sólidos nas Fragas do Eume e ó deterioro e utilización como estacionamento permanente de vehículos da Alameda de Raxoi, debemos sumar a situación de abandono que presenta o entorno e área recreativa de San Miguel de Breamo, coa herba alta, invasión de maleza, restos de mesas e construccións de madeira da romería de Maio, árbores secos e suciedade por todas partes, o que supón un lamentable espectáculo para os veciños e visitantes que se achegan á ermida románica, máxime nesta época de turismo e lecer. No diario “La Voz de Galicia” do pasado día 18 de Agosto, e na súa sección “Crónicas del Territorio”, escrebía Andrés Precedo Ledo: “… pero concluiré señalando la suciedad, la desidia, la negligencia y todo lo que se quiera del monte Breamo en Pontedeume: el estado lamentable del entorno de la bellísima iglesia románica que lo corona se prolonga por la ocultación del mejor mirador natural de la zona por construcciones privadas o por eucaliptos”. Pregamos ó goberno municipal que adopte as medidas necesarias para pór fin dunha vez por todas á degradación que están a sofrer as zonas verdes do Concello, contribuíndo así á mellora e posta en valor do noso territorio, do noso patrimonio, e da nosa paisaxe.

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.