1ª.- Hai un mes presentabamos a este Pleno un rogo que recollía algúns dos aspectos que o noso grupo considera básicos na colaboración entre o Concello e a Escola para garantir o comezo de curso na nosa vila , esperamos que o goberno municipal tivera en conta e agora poda respostarnos satisfactoriamente ás seguintes cuestións:
- Estarán os centros escolares dependentes do Concello preparados no que atinxe á súa hixiene incluíndo a limpeza de cristais e zonas verdes?
- Incorporarase ao CEIP de Andrade persoal responsable do mantemento e custodia, de que tipo e en que data?
- Unha vez pecho o recinto do CEIP “Couceiro Freijomil”, habilitarase o patio de infantil para que dende o primeiro día de clase os máis pequenos podan xogar nun espacio axeitado en extensión e seguridade? Responsabilizarase o Concello directamente ou fixéronse as xestións pertinentes para que o realice a Consellería de Educación?
- Poden informar do proceso de matrícula da Escola Infantil Municipal: Número de prazas solicitadas, nº de prazas cubertas, nº de prazas na quenda de mañá , de tarde…? Xestionaron algún tipo de oferta paliativa da máis que evidente falta de prazas para os máis pequenos do noso Concello?
2ª.- Asumindo que a ausencia da Concelleira de Servizos Sociais foi o que levou ao Concello a respostar con pouca profundidade a preguntas referentes a esa area retomámolas neste Pleno:
- Cal é a realidade da aplicación da denominada Lei de Gran Dependencia no noso Concello?: Nº de doentes atendido, tipo de atención, presuposto, nº de persoas en espera, tempos de espera etc.
- . En que momento se atopa e cando vai ser traído a Pleno o prego e sacada a concurso a Atención aos doentes dentro da Lei de Gran Dependencia?
3ª.- O plan de solidariedade municipal ante a crise vai camiño de chegar cando esta por fin estea rematada, mentres hai familias que pasan necesidades esperan a nosa resposta como institución máis próxima:
- En que momento de elaboración se atopa, que se fixo e que falta por facer?
4ª.- Nos pasados anos deixouse de realizar ou reduciuse considerablemente o Baile de saída dos Mómaros o día 7 na Praza Real, xustificando este feito dende a Alcaldía por falta de seguridade.
- Planificaranse o inicio das Festas para que o pobo poida presenciar un dos momentos máis esperados do ano festivo eumés e nenos e grandes poidamos ver ese primeiro baile na Praza Real que acostumaba ser case tan longo como emocionante?
- :Hai algunha novidade con Poden informar sobre a programación respecto a outros anos? Onde se van poñer as atraccións de feira? Quen vai dar o Pregón das Festas? Estará Protección Civil na xira ó Río Eume?.
5ª.- A pasada semana publicabase nun medio de comunicación unha entrevista ó Sr. Alcalde na que, entre outros extremos, aseguraba que no mes de Setembro se construiría o Mercado provisional, actuación para a que, según o rexedor, “no dependemos de las subvenciones”. Quere decir isto que o goberno municipal decidiu non solicitar finalmente a subvención tantas veces anunciada ou debemos pensar que a pesares de que a soliciten teñen Vdes. coñecemento de que non lles será concedida?.
6ª.- En que punto se atopan as xestións diante do Bispado para a cesión e posterior construcción dun albergue de peregrinos no antigo Hospitalillo?.
7ª.- Na última sesión plenaria denunciabamos que a causa das obras de mellora da instalación eléctrica dunhas vivendas de Centroña se secara a fonte do Quinteiro. A día de hoxe a empresa responsable deste desperfecto non voltou pola zona e a fonte segue sen auga. Que medidas teñen pensado tomar tanto para sancionar á empresa coma para arranxar a fonte?.
8ª.- O persoal contratado para a limpeza de praias a través da promoción de emprego, pode traballar no camión de recollida de lixo?
9ª.- Nuns días estaremos disfrutando un ano máis das Festas das Peras. A canto ascende o presuposto deste ano para ditas festas? Poden xa informarnos do custo das celebradas nos anos 2008 e 2009?.
10ª.- Diante das obras de remodelación do Mercado Municipal, fíxose algunha xestión diante da Xunta para a eliminación, previo traslado das dependencias, do edificio de “Extensión Agraria” na rúa San Miguel.


