Os economistas din que pola boca morre o peixe e pola morosidade a empresa, e iso é o que lle esta a pasar a centos de pequenas e medianas compañías ás que os seus debedores deixan de pagar ou alongan os prazos de mora sine die. Entre estes “debedores” atópanse as administracións públicas. Existe unanimidade tanto na patronal coma nos sindicatos cando se refiren a este coma un dos principais problemas que afectan ao noso tecido produtivo.
Desgraciadamente os empresarios da nosa vila non son unha excepción. Na última sesión plenaria interesabámonos pola situación de empresas do noso termo municipal que, nalgún dos casos, levan máis de 2 anos esperando a que se lles abonen facturas por traballos realizados para o Concello. Isto é o que lles ocorre a varias compañías de construción, que esperan dende hai meses a que se lles abonen facturas cuia suma ascende a decenas de miles de euros por traballos tales coma arranxos de camiños, rúas… Similar é a situación dalgúns comercios, aos que nun dos casos a débeda por a adquisición de electrodomésticos ronda os 7.000 euros, o que fixo que os seus empregados retirasen algúns destes aparatos das dependencias municipais onde se atopaban. Librerías ou locais de hostalería súmanse a este “desdichado club” a espera de que o Grupo de Goberno teña a ben pagarlles polos seus servizos.
Esta situación contrasta con a que viven as “empresas amigas” do Goberno Municipal. Mes tras mes podemos comprobar nos decretos da alcaldía coma a estas sociedades contratadas de forma irregular se lles paga relixiosamente, a pesares dos reparos emitidos pola intervención municipal; por non falar dos 6.000 euros da famosa pantalla traída dende Portugal.
Por se isto non fose suficientemente grave, temos que recordar que a Lei de contratos do Sector Público marca imperativamente un prazo máximo de 55 días para que a Administración satisfaga as cantidades acordadas con a empresa. Transcorrido ese tempo, e en cumplimento do establecido na Lei de Morosidade, deberá pagar uns intereses de demora, que actualmente ascenden a un 11,07%. É dicir, que o presuposto inicial dos traballos se verá incrementado considerablemente por non pagar a tempo, o que irá en detrimento das arcas municipais.
Dende o Grupo Municipal Socialista queremos recordarlle aos membros do Goberno Municipal que dende a Administración Local se pode i se debe loitar contra a crise. Máis ala da aprobación en Pleno de “mocións para a galería” dirixidas contra Goberno do Estado, comezen señores do PP por pagar ás empresas da nosa vila que prestan os seus servizos ao Concello e de paso, rematen con a situación irregular das súas empresas amigas.


