Novo Boletín Municipal do PSdeG-PSOE

11 ago

Descarga o novo Boletín nos seguinte enlaces:

Interior do Boletín (18Mb)

Portada e Contraportada (2Mb)

Este boletín o recibiredes nos próximos días nas vosas casas

Limiar: Fin de Ciclo:

Cando queda menos dun ano para que os eumeses acudamos a elixir unha nova Corporación Municipal, xa dispoñemos de datos suficientes para valorar o labor de goberno nos mais de tres anos transcorridos, sen que se agarden sorpresas finais no tempo que resta, un tempo que se verá marcado polas políticas de contención e control do gasto adoptadas por todas as administracións públicas.

Neste longo trienio, un goberno municipal do PP escaso de efectivos e iniciativas, ensimesmado na súa actuación, de perfil funcionarial e baixa produtividade, deixou escapar unha oportunidade única de transformación e impulso do noso Concello, pola falta dun proxecto de futuro e pola súa proverbial incapacidade para xestionar debidamente os importantes medios que o destiño puxo nas súas mans, principalmente os 2.500.000 € en inversións que lle corresponderon a Pontedeume nos dous plans (Plan E e FEIL) do goberno de Rodríguez Zapatero.

Unha boa mostra da visión dos nosos gobernante a atopamos nunhas recentes declaracións en prensa, nas que o Sr. Torrente queixábase da deixadez á que o anterior goberno bipartito da Xunta presidido por Emilio Pérez Touriño tiña sometida á nosa Vila, nun claro exemplo de amnesia sectaria inescusable para un home de mar que iniciou o seu mandato como Alcalde cando no Porto de Pontedeume xa estaban case rematados o edificio da Confraría e os novos Almacéns, o CEIP “Couceiro Freijomil”,  e adxudicada a obra de remodelación da fachada marítima de Pontedeume, unha obra esta última cunha inversión que rolda os 3.000.000 € e que foi entorpecida e cuestionada reiteradamente polo goberno municipal ante o asombro das autoridades autonómicas de entonces.

Se a todo isto sumamos a subvención de 340.000 € para o novo Campo de Fútbol da Gándara, recentemente aprobada pola Deputación Provincial de A Coruña, cumprindo así o compromiso adquirido en Febreiro polo seu Presidente, Salvador Fernández Moreda, co noso portavoz, temos que preguntarnos onde están os investimentos do goberno municipal do PP nestes tres últimos anos?, e, o que é mais sorprendente, que importante aportación para Pontedeume ten realizada o goberno amigo de Núñez Feijoo no ano e medio que leva á fronte da Xunta de Galicia?.

Esta é a realidade que os socialistas eumeses queremos facer chegar ós veciños mentres comprobamos como os problemas que afectan ó día a día de todos –limpeza, Mercado, urbanismo, alumeado, tráfico, seguridade,…- seguen ausentes nas prioridades do noso goberno, se ben, a proximidade do final deste triste ciclo nos serve de estímulo para seguir traballando mais e mellor no convencemento de que o vindeiro ano Pontedeume terá un novo goberno municipal que saberá estar á altura que a nosa Vila demanda, e no que aos socialistas nos atoparán en primeira liña

Advertisement

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.