Archivo | 4:53 pm

Pontedeume sen campamentos de verán municipais

25 jun

O pasado Maio interesabámonos en Pleno polos Campamentos Municipais, contestaban  dende o Goberno Municipal do Partido Popular que aínda non podían informar de nada, nin do lugar, agrupamentos, datas, tipos de xestión…

Onte no Pleno correspondente ao mes de Xuño, volvemos a interesarnos pola organización desta actividade que se lle ofertaba aos  eumeses e eumesas dende os anteriores gobernos, con xestión directa dos técnicos de Servizos Sociais, aos que coñecían e confiaban os seus fillos e fillas que organizaban campamentos  cada ano dende  1991  de gran prestixio e demanda na contorna. Para os pequenos curtos e próximos e para os mozos e mozas de ata 16 anos máis longos en tempo e desprazamentos,  incluso fora  da nosa Comunidade Autónoma (Toledo, León, Burgos… ) o que era máis atractivo e  enchía tódolos anos esta actividade.

A resposta foi tan desilusiónante, para os que apostamos por unha oferta pública, rica e variada cara o tempo de lecer da infancia e mocidade como ilustrativa da lenta e ineficaz xestión do Goberno do Sr Torrente: Optarán por non realizar os Campamentos de Verán pois as empresas as que lle ofertaron a súa realización a estas alturas xa teñen o verán ocupado ou simplemente a estas alturas aínda non contestaron.

Hai tres anos que dende a Concellería de Servizos Sociais se optou pola privatización deste servizo e os resultados non poden ser máis decepcionantes :

No verán do 2008 tiveron que suspender o Campamento Urbano.
No 2009 a improvisación levou a suspender os Municipais.
Agora a falta de planificación, a desidia e a tardanza obrigan a suspender os por 2º ano consecutivo os Campamentos Municipais.

E isto nun verán de pobre oferta cultural municipal. Segundo informou o Concelleiro responsable no Pleno de onte consta unicamente de tres cursos para adultos e aquilo que oferte a Deputación. Dende a Concellería de Educación só se ofertan 30 prazas para as actividades de conciliación da vida familiar e laboral para a totalidade da poboación eumesa de menos de 12 anos. Esperemos que polo menos non chova e á mocidade e infancia eumesas  lles quede a praia…

Dende o Grupo Socialista denunciamos unha vez máis o abandono das políticas sociais do goberno actual. As areas educativa, cultural e social son as irmás pobres do Goberno do Sr. Torrente, coa súa xestión está levándoas a un paulatino empobrecemento e á  redución   da oferta pública

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.