1.- Resulta sorprendente o frecuente recurso á deslocalización deste goberno municipal e do seu Concelleiro de Educación. Se o ano pasado o Consello Escolar Municipal de comezo de curso celebrábase no mes de Decembro, este ano o Consello de remate de curso celebrarase no mes de Setembro, seguindo claramente a tendencia a retrasar tres meses a data natural de celebración, pois como todos xa sabemos nada supón un simple trimestre no inmenso océano educativo no que están inmersos os nosos rapaces.
Pregamos respecto ós órganos consultivos e á axenda establecida, que, como no Consello Escolar Municipal, non é fruto da improvisación, se non un mecanismo necesario para o coñecemento e planificación das necesidades educativas no noso Concello.
2.- Pregamos que por quen corresponda, propietarios ou Concello, se proceda a rozar a maleza que invade o tramo final das beirarrúas da estrada da Estación.
3.- Xa entrados en época estival, e funcionando o aparcamento de vehículos no Porto, pregamos se prohiba o estacionamento de vehículos na Alameda, procedendo ó seu peche, e se instale en Sopazos a ducha que foi retirada o pasado mes de Abril.
4.- Diante do caos circulatorio derivado das obras na Corredoira das Virtudes e na Rúa San Agustín, pregamos se informe, vixile e sinalicen debidamente as vías alternativas ou cambios de dirección existentes, facilitando así a circulación de vehículos na zona.
5.- Con motivo das obras de ampliación e reposición que se están a levar a cabo na Rúa Galera, o acceso das persoas quedou limitado a unha franxa de un metro de ancho escaso. Pregamos se proceda a rozar e limpar a maleza que crece ó longo da parte baixa do muro do xardín, que invade e limita ese xa de por sí escaso acceso.


