A Deputación da Coruña destinará 340.000 euros para dotar de herba artificial o campo de fútbol da Gándara, en Pontedeume

24 jun

O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, visitou esta tarde o campo de fútbol da Gándara, en Pontedeume, no que a institución provincial investirá 340.000 euros para dotar o terreo de xogo de herba artificial.

Fernández Moreda foi recibido á súa chegada ao campo polo presidente do club Eume Deportivo, Manuel Costas Vázquez, e polos concelleiros socialistas, Agustín Vilariño e Bernardo Fernández, cos que percorreu as instalacións, e saudou os rapaces que xogan nas diferentes categorías do equipo.

O presidente provincial destacou que as obras permitirán substituír o actual campo de xogo por un moderno terreo de céspede sintético que lles permitirá aos máis novos do municipio adestrar e xogar ao fútbol en mellores condicións, e afirmou que a provincia coruñesa “é a mellor dotada en infraestruturas deportivas”, pois a Deputación está a implantar un ambicioso programa de dotación de terreos de herba artificial en máis de 68 municipios da provincia, cun orzamento global duns 30 millóns de euros.

Pola súa banda, o presidente do Eume Deportivo, Manuel Costas, agradeceu o compromiso da institución provincial para mellorar o campo de fútbol, o que permitirá un uso máis intensivo deste.

Descrición do proxecto:
As obras consistirán na instalación dun terreo de xogo de herba artificial no campo de fútbol municipal de Pontedeume, cunhas dimensións de 95 X 62 m, banda lonxitudinal de 1,50 m., banda transversal (fondos porterías) de 2,50 m., o que fai unha superficie total de 5.890 metros cadrados.

Tamén se instalará a rede de drenaxe ca colocación dunha canaleta de formigón dun metro de lonxitude, colectores de PVC de diámetro 160 mmm. cas correspondentes arquetas e un colector de 200 mm. que irá situado ao longo do fondo do campo de fútbol.

O rego será automático con depósito acumulador de 20.000 litros, 2 bombas e programador de 6 estacións. Proxéctase un sistema de rego con 6 canóns.

O céspede será de última xeración para a práctica de fútbol 11 e 7 fabricado en fibra, con fio de polietileno de 55 mm. de alto, e o campo estará debidamente limitado polas liñas de xogo.

Esta actuación inclúe unha varanda de aluminio perimetral, xogo de porterías para fútbol 11 e 7, e bandeiríns.

Fonte: Deputacion de A Coruña

Advertisement

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.